Culminando a programación prevista para este mes de febreiro co gallo da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a CONFERENCIA de MARTIN PAWLEY: “O CEO DE ROSALÍA”. A presentación correrá a cargo da presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
O acto levarase a cabo o venres 28 de febreiro de 2025, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
NOTA-INFORMATIVA-PALESTRA-MARTIN-PAWLEY