Avelino González, elixido Xograr de Outono do FIOT este 2024

O galardón, que pretende salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas galegas co recoñecemento de figuras imprescindibles do sector de xeito anual, entregarase en outubro durante a celebración da 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo 

O xurado destacou ao artista, ademais de pola súa relevante e valiosa traxectoria para as artes escénicas galegas, “porque representa as características dun auténtico xograr, pola diversidade artística do seu perfil, xa que Avelino é, ademais de actor, un pioneiro da narración oral e un dos narradores máis relevantes da nosa terra, así como un recoñecido tradutor”

O xurado remarcou, tamén, que Avelino González “é unha das personalidades máis carismáticas e queridas da cultura galega, cun espírito implicado e inquedo, apaixonado do teatro galego e moi coñecido e aplaudido polo público do FIOT e de Carballo, pola súa presenza habitual nos nosos escenarios, tanto no Auditorio do Pazo da Cultura como no antigo Cine Rega, da man de compañías como OllomolTranvía, Teatro do Aquí e Contraproduccións; e, tamén, da Rúa dos Contos do FIOT, cos seus espectáculos propios   

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgará este 2024 o premio Xograr de Outono a Avelino González. Deste xeito, o encontro, unha cita de referencia en Galicia e no Estado polo seu traballo a prol da creación de novos públicos e o o fortalecemento da escena, mantén viva a chama da posta en valor e o recoñecemento de figuras imprescindibles do sector cultural galego, coa entrega anual dun galardón que quere salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas. 

Nesta ocasión, as xograresas e xograreses do FIOT decidiron premiar ao actor e narrador Avelino González. No seu fallo, o xurado destacou ao artista, ademais de pola súa relevante e valiosa traxectoria para as artes escénicas galegas, “porque representa as características dun auténtico xograr, pola diversidade artística do seu perfil, xa que Avelino é, ademais de actor, un pioneiro da narración oral e un dos narradores máis relevantes da nosa terra, así como un recoñecido tradutor”. Como o propio artista indica “son actor, contador, monologuista, tradutor; son… o que faga falta. Empecei nisto por casualidade e agora gústame, mesmo, picar entradas. Gústame entreter á xente con personaxes e historias que emocionen e divirtan, porque a min tamén me gusta que me emocionen e divirtan”.

O xurado remarcou, tamén, que Avelino González “é unha das personalidades máis carismáticas e queridas da cultura galega, cun espírito implicado e inquedo, apaixonado do teatro galego e moi coñecido e aplaudido polo público do FIOT e de Carballo, pola súa presenza habitual nos nosos escenarios, tanto  no Auditorio do Pazo da Cultura como no antigo Cine Rega, da man de compañías como OllomolTranvía, Teatro do Aquí e Contraproduccións; e, tamén, da Rúa dos Contos do FIOT, cos seus espectáculos propios”. 

Avelino González recollerá o seu galardón este outono en Carballo, durante a celebración da nova edición do FIOT, collendo o relevo da comunicadora cultural e escritora Ana Romaní, premiada en 2023. 

SOBRE AVELINO GONZÁLEZ

“A primeiros dos anos 80 do século pasado suspendín a proba de selectividade e as alternativas que había eran mergullarme na movida viguesa ou facer teatro cuns veciños. E ata agora. 

Comecei cargando escenografías e fixen teatro, dobraxe, cine, televisión, contos, captura de movementos, animación de rúa…, de todo. E todo bonito de facer.

Traducín os Picapedra ao galego naquelas primeiras dobraxes con Cándido Pazó; fun o primeiro en España en andar en moto en zancos (non sei se tamén en bici); actuei nas series de televisión As Leis de Celavella e Padre Casares; Contei contos en Polonia e en Cuba; fun dirixido por Cándido Pazó, Roberto Vidal Bolaño, Sante Cortegoso…; traballei con TalíaTteatro e Coperactiva; Fun un dos que fundamos OllomolTranvía e actuei en Commedia, un xoguete para Goldoni; Traducín teatro irlandés! 

Ata agora.

Agora conto contos; actúo con Toni Salgado no Apaga o candil de Contraproducións, que escribiu e dirixiu Cándido Pazó; fago castings…

E de agora en diante: a seguir facendo teatro, castings e series, contando contos, mirando teatro… seguir neste oficio do que me gusta todo. Mesmo picar entradas”. 

Más información: www.avelinogonzalez.gal

2024.08.20.NP-Xograr-de-Outono-FIOT-2024

Andrea Fernández Maneiro gaña a 50ª edición do Certame Literario do Concello de Vilaba coa obra ‘Meridiano Orixe’

Andrea Fernández Maneiro gaña a 50ª edición do Certame Literario do Concello de Vilalba coa obra Meridiano Orixe

Baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Tamara Rodriguez e actuando como Secretaria a Técnico de Cultura, Sonia García Paredes, o xurado integrado pola escritora vilalbesa Cecilia Fernández Santomé; Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia, Xulio Xiz, xornalista; e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal.

ACTA DO XURADO

Andrea Fdez. Maneiro, nada en Carril-Vilagarcía de Arousa (10/2/64) é locutora de radio “de vocación e profesión”. Traballou na Cadena Ser, na Radio Galega e en varias emisoras municipais, mais agora só exerce moi de cando en vez e padece do mono das ondas de xeito persistente, despois de máis de quince anos de deixalo.

Ela mesma chega a afirmar que o seu hábitat natural é a poesía, en letra e imaxe; aínda que ás veces déixase levar pola atracción narrativa do microrrelato.

OBRA

É autora dunha variada obra literaria entre a que podemos destacar títulos como:

Migratoria, Medulia Editorial (2020), Edénicas (Editorial Caldeirón), Contra-Tempos (Editorial Tristam), Voto de silencio (Medulia Editorial), Tango de xiro e traspé, poema incuído no libro colectivo Oroza 100, Asociación Cultural Évame Oroza. Ademais de colaboracións en diversas revistas dixitais.

PREMIOS

A traxectoria literaria de Andrea Fernández Maneiro tamén se ve refrendada polos premios literarios acadados. Velaí unha relación dos mesmos:

• Finalista co poemario “Álxia” no I Certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán, 2018.

• Finalista do premio de microrrelatos das Mulleres Progresistas de Vigo, 2019

• Finalista co poemario “Migratoria” do VIII Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro

• 2º premio de microrrelatos de Mulleres Progresistas de Vigo, 2020

• 2º premio Vilariñas, 2020

• 1º premio co libro Inventario dun adeus. Expiatoria, da IX edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, 2020.

• 1º premio, co poemario Contra-Tempos, do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba, 2021

• 1º premio do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, co poemario Edénicas.

• 1º premio co libro Voto de Silencio do IV premio de poesía Eduardo Pondal

A cerimonia de entrega do premio deste 50º Certame Literario do Concello de Vilalba terá lugar o vindeiro 30 de agosto no Auditorio Municipal de Vilalba, coincidindo cos actos principais das festas patronais da vila chairega.

*Imaxes da autora: Arquivo fotoográfico da AELG, autoría Distrito Xermar, 2022

Concerto de Verán a cargo de SHERA & SILE e o grupo DÚBIDA no Templete da Música de Vilalba

O xoves 22 de agosto de 2024, ás 22:00 horas, no TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o III CONCERTO DE VERÁN no que intervirán o dúo SHERA & SILE e o grupo DÚBIDA.

Xa dende as 21:00 haberá sesión de DJSET a cargo de 2PAZ & CHILESSEN.

NOTA-INFORMATIVA-CONCERTO-VERAN

Viñetas desde o Atlántico 2024 chega ao seu fin esta fin de semana

Viñetas desde o Atlántico chega ao seu fin esta fin de semana con firmas, unha visita ás exposicións dos Premios Castelao de BD e o día grande do Festival de Autoedición Autobán, entre outras actividades

Este sábado 17, ás 10.00h, a actividade de Viñetas comeza na Sala Salvador de Madariaga coa visita guiada polas mostras dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2023 da Deputación da Coruña: Paula Mayor, na modalidade xeral, pola súa obra Rosalía Oculta, na que aborda a versión máis humana da poeta; e Cristian F. Caruncho, merecedor do galardón na súa modalidade para público infantil e xuvenil, polo seu western O día de San Martiño

A praza de San Andrés acollerá este sábado 17, de 12.00 a 21.00h, o mercado de fanzines de Autobán, ademais dos obradoiros para todas as idades Creando personaxes máxicos!, con Paula Cheshire (12.30h), Fai a túa Fake Riso, con Pilar Marcó (17.30h), e un concerto de Conxita Herrero e Corazón; mentres que, ás 23.30h, no Bar 13, terá lugar o Festón Post Autobán

A Rúa da BD que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas novidades e os grandes clásicos do universo da BD— acollerá presentacións de libros, faladoiros e unha sesión de videoxogos da man de Alita Cómics

No Kiosco Alfonso, o sábado 17, ás 12.00h, os autores convidados de Viñetas desde o Atlántico 2024 Yeyei Gómez, Marc Torices, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, durante toda a fin de semana sucederanse máis de medio centenar de sinaturas de figuras como Emma Ríos ou Iván Sarnago, entre outras

A xornada do domingo 18 propón, tamén, un concerto infantil de Chuches A Mil, ás 12.00h, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, e un encontro profesional de editores e libreiros especializados no Circo de Artesáns

A 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico chega ao seu fin esta fin de semana con firmas, unha visita guiada ás exposicións dos Premios Castelao de BD e o día grande do Festival de Autoedición Autobán, entre outras actividades.

Este sábado 17, ás 10.00h, a actividade de Viñetas comeza na Sala Salvador de Madariaga coa visita guiada polas mostras dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2023 da Deputación da Coruña: Paula Mayor (A Coruña, 1975), na modalidade xeral, pola súa obra Rosalía Oculta, na que aborda a versión máis humana da poeta; e Cristian F. Caruncho (Bidueiros, Couzadoiro, Ortigueira, 1997), merecedor do galardón na súa modalidade para público infantil e xuvenil, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño

Nestas dúas mostras dos Premios Castelao de BD 2023 -abertas ata o 30 de setembro-, o público terá a oportunidade de descubrir o proceso de creación, así como orixinais e bosquexos das creacións gañadoras, nacidas da man de dúas das novas figuras a seguir da BD emerxente galega.

A praza de San Andrés acollerá este sábado 17, de 12.00 a 21.00h, o mercado de fanzines autoeditados de Autobán, ademais dos obradoiros para todas as idades Creando personaxes máxicos!, con Paula Cheshire (12.30h), e Fai a túa Fake Riso, con Pilar Marcó (17.30h), e un concerto de Conxita Herrero e Corazón; mentres que, ás 23.30h, no Bar 13, terá lugar o Festón Post Autobán.

A Rúa da BD —que permanecerá aberta este sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas novidades e os grandes clásicos do universo da BD— acollerá presentacións de libros, faladoiros e unha sesión de videoxogos da man de Alita Cómics (o sábado, ás 17.00h, no Kiosco Alfonso).

No Kiosco Alfonso, o sábado 17, ás 12.00h, os autores convidados de Viñetas desde o Atlántico 2024 Yeyei Gómez, Marc Torices, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, durante toda a fin de semana sucederanse máis de medio centenar de sinaturas de figuras como Emma Ríos ou Iván Sarnago, entre moitas outras.

A xornada do domingo 18 propón, tamén, un concerto infantil de Chuches A Mil, ás 12.00h, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, e un encontro profesional de editores e libreiros especializados no Circo de Artesáns. 

Na páxina web oficial do festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com, é posible consultar a axenda de actividades, os horarios e a información completa desta 27ª edición do festival.

AXENDA DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

Sábado 17 de agosto

Programa oficial Viñetas 2024

10.00h Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga: Visita guiada pola mostra dos Premios Castelao de BD, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho

12.00h Kiosco Alfonso: sinaturas de Yeyei Gómez, Marc Torices, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy

21.30h Circo de Artesáns: Encontro sectorial 

Autobán, Festival de Autoedición

Praza de San Andrés

12.00 – 21.00h Mercado de fanzines 

12.30h Obradoiro Creando personaxes máxicos!

14.30h Concerto de Conxita Herrero e Corazón 

17.30h Obradoiro Fai a túa Fake Riso

23.30h Festón Post Autobán (Bar 13)

Rúa da BD: Actividades

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’

Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña

11.00h Kiosco Alfonso: Faladoiro Recuncho Gamer falando de videoxogos (Alita Cómics)

13.30h Kiosco Alfonso: Presentación Maia e a troita perlada, con Lucía Cid (Demo Editorial)

17.00h Kiosco Alfonso: Xogos Sesión de videoxogos (Alita Cómics) 

19.00h Kiosco Alfonso: Obradoiro Elixe (ou non) a túa propia aventura, con Diego Burdío (GP Ediciones)

Rúa da BD: Sinaturas

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Doc Pastor – Unrated Cómics e Juanfer Briones – GP Ediciones 

11.00h Emma Ríos – Astiberri Ediciones e Iván Sarnago – Unrated Comics

12.00h César Verdúguez – Cartem, David Braña – Unrated Comics, Iria Aldegunde – Alita Cómics, Iván Gil – Metrópolis Cómics, Jordi Bayarri – Anillo de Sirio, José Ángel Ares – A Gata Tola, Manuel Veiga – Cósmica Editorial e Weronika Hańczyc – Cascaborra Ediciones

12.30h David Graña e Pablo Prado ‘Fuco’ – Libraría Paz e Martín Romero – Astiberri Ediciones

13.00h Emma Ríos – Alita Cómics e María Jiménez – Fandogamia Editorial

17.00h Álvaro Ortiz – Astiberri Ediciones, Diego Burdío – GP Ediciones, Pablo Prado ‘Fuco’ – Cósmica Editorial, Paula Cheshire – Fandogamia Editorial e Paula Esteban – GP Ediciones

18.00h Alicia Jaraba – Nuevo Nueve, Andrés Garrido – Cartem, David Braña – Unrated Comics, Elena Andrés – Libraría Paz, Iván Gil – Metrópolis Cómics, Lucía Cid – Demo Editorial, María Jiménez – Fandogamia Editorial, Víctor L. Pinel – Nuevo Nueve e Weronika Hańczyc – Cascaborra Ediciones

18.30h Abel Álvarez – Cósmica Editorial e Manuel Veiga – Cósmica Editorial 

19.00h David Braña – Grafito Editorial, David Rubín – Astiberri Ediciones, Fran Jaraba – Alita Cómics, Iván Sarnago – Unrated Comics, Jordi Bayarri – Anillo de Sirio, Lorena Varea – Dolmen Editorial, Kundo Krunch e Manuel L. Poy – Demo Editorial

20.00h Alicia Martín Santos – Alita Cómics e Lucas Varela – Ediciones La Cúpula 

Domingo 18 de agosto

Programa oficial Viñetas 2024

12.00h Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez: Concerto infantil de Chuches Amil 

14.30h Circo de Artesáns: Encontro profesional de editores e libreiros especializados

Rúa da BD: Actividades

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’

Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña

17.00h Kiosco Alfonso: Faladoiro A nova revolución sexual. Percorrido do BL e o yuri en España, con Alberto Carceller (Eldritch Gate)

18.00h Kiosco Alfonso: Xogos Manga máis aló das páxinas (Astora Cómics e Eldritch Gate)

Rúa da BD: Sinaturas

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Doc Pastor – Unrated Cómics e Juanfer Briones – GP Ediciones

11.00h Diego Burdío – GP Ediciones e Paula Esteban – GP Ediciones

12.00h Alicia Jaraba – Nuevo Nueve, Bea Gregores – Metrópolis Cómics, César Verdúguez – Cartem, Jordi Bayarri – Anillo de Sirio e Víctor L. Pinel – Nuevo Nueve

13.00h Xulia Pisón – Alita Cómics 

18.00h Alex Martos – AGPI e Manel Cráneo – Demo Editor

MÁIS INFORMACIÓN 

https://www.vinetasdesdeoatlantico.com

2024.08.16.NP-axenda-sab-17-e-dom-18-Vinetas-2024

Exposición de pintura “Pinceladas e trazos”, de Masu Santalla Ferreiro, na Casa da Cultura de Vilalba

O mércores 21 de agosto de 2024, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a inauguración da Exposición PINCELADAS E TRAZOS, con pinturas de Masu Santalla Ferreiro, que organiza o IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, permanecendo aberta ao público no horario habitual da Casa da Cultura dende o 21 de agosto ao 22 de setembro de 2024.

NOTA-INFORMATIVA-EXPOSICION-MASU