‘Cāldo’, o primeiro LP de Catuxa Salom, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais

A artista galego-arxentina presenta un álbum nado “para facer bailar”, no que os instrumentos de raíz, os coidados e a natureza se mesturan con música electrónica, afrobeat ou reggaeton 


Cāldo, o primeiro LP da artista galego-arxentina Catuxa Salom, está dispoñible desde este xoves, 21 de novembro, nas principais plataformas dixitais. O álbum debut da creadora, distribuído por Altafonte, fusiona a música electrónica, os instrumentos de raíz e os elementos da natureza para facer bailar mentres avoga, enerxicamente, por tecer unha rede de coidados desde a proximidade. 

Tras a romantización do rural no seu EP Nunha aldea, este outono Catuxa Salom presenta Cāldo, un disco conceptual que reflicte o duro espertar ao se decatar de que a vida no campo está lonxe da idealización bucólica que semellaba. O traballo discográfico, cheo de emocións profundas, e con cancións moito máis maduras e crúas, pon en valor o papel dos coidados e da amizade como rede fundamental de apoio. 

Cāldo mergúllanos nun universo sonoro único e ecléctico no que Catuxa Salom fusiona as súas raíces indíxenas arxentinas coas galegas. O LP componse de nove pezas que nacen nun lugar concreto -a comarca da Ulloa-, pero nas que a creadora aborda cuestións universais, coma o amor propio ou a liberdade, xoga con cuestións simbólicas e até inclúe versos en francés. Instrumentos como o bombo legüero, a guitarra, o charango, a pandeireta, a voz ou o sintetizador dilúense nunha proposta rica e particular, que recolle ritmos como a muiñeira, o afrobeat, o drum and bass ou o dembow (reggaeton), e que representa á perfección o universo sonoro de Catuxa Salom: enérxico e diverso, que agroma da terra e que crece para chegar todas partes. Puro baile.

O disco de Cāldo consta de nove temas: 
1. Amores rusos
2. Mar adentro
3. Ela cando baila
4. Instinto
5. Xa non ves
6. Hórreo
7. Aguas venir (Marcos Bayon remix)
8. Sauvage
9. Ojalá venga un indio

Catuxa Salom 

A fusión de ritmos indíxenas arxentinos, folclore galego e bases electrónicas enérxicas é a carta de presentación de Catuxa Salom, artista que irrompeu con forza na escena independiente coa publicación do seu EP Nunha aldea, sobre o achegamento ao mundo rural. Logo de percorrer ducias de salas de concertos e festivais de toda España, e compartir escenario con artistas como Rozalén, El Kanka ou Sra. Tomasa, no 2024 acada o Premio Martín Códax da categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe.

Escoita Cāldo nas principais plataformas dixitais

Catuxa Salom en vídeo 

Amoebo lanza ‘Lobishomes’ cun videoclip que mestura realidade e animación da man de Xaime Miranda


Con ‘Lobishomes’ Amoebo canta á fuxida do cotián para enrolarse nun mundo fantástico no que dar forma á nosa esencia máis auténtica.

Lobishomes’ é o primero sinxelo de ‘Escándalo no escuro’, un dobre álbum que verá a luz a principios de 2025.


O artista galego Amoebo presenta o 28 de novembro o seu novo sinxelo cun vídeo musical dirixido por Xaime Miranda. ‘Lobishomes’ magnifica a sensación de estar atrapados na nosa realidade, relatando a ansia de atopar unha vía de escape. Para elo, o noso protagonista emérxese nos misterios da noite para descubrir o seu alter ego, una criatura fantástica que mistura rasgos humanos e licántropos. Lonxe de converterse nun ser terrorífico, o noso lobishome desfruta da noite invitando a romper coa rutina e a bailar sen complexos. Esta experiencia reflicte a búsqueda da liberdade e o desexo de fuxir das limitacións do día a día, celebrando o poder da música como refuxio de evasión. 

O videoclip, rodado na sala coruñesa La Disfrutona del Orzán, conta coa dirección de Xaime Miranda a través da aceleradora musical Son Emerxente de Fundación Paideia. Xaime ponse mans á obra para conformar unha experiencia visual na que destaca a síntese entre a realidade e o imaxinario a través dunha narrativa dual entre animación e realidade. 

Neste traballo producido por David Fernández (Daiv), Amoebo mestura unhaexplosión de rock, pop e ritmos urbanos actuais, creando unha sínteseinterxeracional que se converte en banda sonora para a xuventude e os que manteñen o espírito festivo. Cunha presença moito maior de guitarras e distorsión, Amoebo aposta por un sonido máis agresivo e punzante, sen perder un ápice da frescura que o caracteriza dende os comezos.

Amoebo, un artista emerxente sen tapuxos

Amoebo estableceuse como unha das propostas máis destacadas da escena musical emerxente galega. Co seu primeiro LP “Cada vez mellor”, producido por David Fernández, o artista consolidou un son que combina pop-funk e electrónica con influencias urbanas. A súa música, cargada de ironía e desinhibición, aborda temas de amor non romántico, liberdade de expresión e celebración da vida. 

O verán de 2024 veu cargado de traballo para Amoebo, quen presentou o seu show en  recoñecidos escenarios galegos como O Son do Camiño, Atlantic Pride, Festival de la Luz, Atardeceres no Gaiás ou Surfing the Lerez. Tamén apareceu en platós de televisión como o recoñecidísimo Luar da TVG ou o no primeiro programa drag en galego, Raíña-me, da plataforma dixital A Galega.

Amoebo foi unha das bandas seleccionadas para formar parte da aceleradora musical Son Emerxente de Fundación Paidea. Nela traballou con profesionais da industria galega como Patricia Hermida, Juan de Dios, Xaime Miranda, NONONON Lab ou The Office Comunicación. Esta aprendizaxe sobre o sector axudou a levar o proxecto ao seguinte nivel para preparar o seu próximo lanzamento. 

‘Escándalo no escuro’, o doble álbum que dará que falar en 2025

Amoebo xa o adiantou: “En 2025 faremos un dobre álbum no que convivirá a dualidade de dous estilos que a primeira vista poden parecer contrarios”. Este dobre LP verá a luz a principios de 2025 e promete non deixar indiferente a ninguén. O título, ‘Escándalo no escuro’, e un preludio da temática que veremos: polémica, provocación, escuridade, sexo, paixón, ansia, medo ou dor. Este título non só acompañará a temática do disco, a escuridade poderá verse reflexada nuns sons máis agresivos que nunca, mantendo a mistura de estilos que xa caracteriza ao artista. 

O LP estará conformado por dúas caras (A e B), con seis temas e dous skits cada unha. Na cara A predominarán os ritmos mais urbanos, mesturados co pop dos 2000, tomando de referente divas como Madonna, Britney Spears, Dua Lipa ouBad Gyal. A cara B estará tintada de sons máis rockeiros nas que se percibe un claro pasado metaleiro. Coas guitarras e os baixos como protagonistas absolutos, pero cun fondo urbano e actual, unha mestura enérxica, agresiva e festiva.

O próximo adianto do álbum virá da man do sinxelo “Unha foto”, que estará disponible en plataformas dixitais en xaneiro de 2025.​

Xisco Feijoó este sábado na Casa-Museo Manuel María

Xisco Feijoó estará este sábado, 23 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María co seu espectáculo en solitario “Traede ferrallada. Un concerto onde Xisco Feijóo fará un percurso pola música tradicional de distintas comarcas de Galiza.

O concerto está focado para que o público asistente participe dalgúns dos seus temas. Así o intérprete solicita que, quen tiver, traia a pandeireta, pandeiro, pandeira ou calquera ferrallada da súa casa para poder acompañalo durante o evento.

Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Xisco Feijoó é cantante, percusionista tradicional, bailador e coreógrafo, foi mestre do Escola Municipal Tradicional e Folk de Vigo e coordenador de canto da Orquestra Folk de Galiza SonDeSeu. Despois de máis de trinta anos na recuperación etnográfico e de colaborar en máis de vinte discos e espectáuclos de artistas como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto, Rodrigo Romaní, Pepe Vaamonde…, en 2021 lanzou o seu propio traballo, Peixe, que xirou até o ano pasado.

Exposición e presentación O ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS], de Xulio Pardo de Neyra, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa  Área de Cultura-Vicepresidenca da Deputación de Lugo, organiza o acto de inauguración da Exposición e da presentación de O ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS], de XULIO PARDO DE NEYRA: Unha colección de postais conformadas a xeito de colaxe con poemas e fotos antigas. Intervirán tamén MARICA CAMPO E LUZ AIRADO. Presenta MARISA BARREIRO.

Esta acto terá lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba o venres 22 de novembro de 2024, ás 20:00 horas.

A exposición permanecerá aberta ata o 8 de xaneiro de 2025.

NOTA-INFORMATIVA-EXPO-ALBUM-DOS-CROMOSONOS

Ciclo Mestre Mateo. Proxección da 1ª Sesión de Curtas no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a 1ª Sesión de CurtaS, coa proxección de 5 CURTAMETRAXES: ANTES DE QUE SE POÑA O SOL, O COIDADO, TO BIRD OR NOT TO BIRD, O NENO SARDIÑA, ULISES, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 24 de novembro, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVA-I-SESION-DE-CURTAS

Hugo Guezeta anuncia a data de lanzamento do seu primeiro disco, ‘O Noso Tempo’


O DISCO TITULADO O NOSO TEMPO VERÁ A LUZ O VENRES 22 DE NOVEMBRO


Hugo Guezeta volta con forza para dar un golpe enriba da mesa da escena galega anunciando a data de lanzamento do seu primeiro titulado O Noso Tempo. Será o próximo 22 de novembro cando vexa a luz, e nos próximos días habilitarase a pre-venda para adquirilo en formato físico.

Hugo por fin pon data ao seu tan esperado álbum, do que só coñecemos 7 dos 14 temas que o compoñen. Dentro do disco destaca o carácter máis intimista nas súas letras, sen perder o foco reivindicativo que leva marcando a carreira do rapeiro. O labor como produtor de Peter Petrowski, un dos máis destacados da escena galega actual, é fundamental dentro de O Noso Tempo para artellar un traballo discográfico moi ecléctico.

O disco conta ademais con tres datas de presentación xa anunciadas, que terán lugar o 14 de decembro en Mos (Sala Rebullón), o 19 de decembro na Coruña (Sala Mardi Gras) e o 21 de decembro en Santiago de Compostela (Sala Sónar). A data na Sala Rebullón, ademais de ser o primeiro concerto en solitario desta etapa, será un concerto especial no que haberá moitas sorpresas e colaboracións, e servirá para dar comezo a unha xira que se espallará por todo 2025.


DATAS DE PRESENTACIÓN DE O NOSO TEMPO

14/12 · SALA REBULLÓN · MOS · ENTRADAS

19/12 · SALA MARDI GRAS · A CORUÑA · ENTRADAS

21/12 · SALA SÓNAR · SANTIAGO DE COMPOSTELA · ENTRADAS


MÁIS SOBRE HUGO GUEZETA

Hugo Guezeta é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama musical galego. Tras o éxito do seu grupo SonDaRúa, co que chegou a dar máis de 200 concertos por todo o estado, actuando en grandes festivais e enchendo salas históricas como a Sala Capitol de Santiago de Compostela, o rapeiro emprende agora a súa andaina en solitario.

Hugo consolidouse como un dos grandes rapeiros de Galicia non só pola súa pegada en SonDaRúa, xa que intercalou a súa labor no grupo con lanzamentos individuais que acumularon decenas de milleiros de escoitas en plataformas.

O artista galego destaca polas súas letras cargadas de reivindicación e crítica social, así como pola calidade do seu rapeo. Nesta andaina en solitario, Hugo leva as súas letras a un aspecto máis persoal e íntimo, pero mantendo en todo momento esa forte crítica e reivindicación que xa son característicos del. Tamén a súa música evoluciona cara sons máis versátiles e bailables, que posicionan ao proxecto como un dos máis interesantes deste ano dentro do panorama urbano.

O seu primeiro disco de longa duración titulado O Noso Tempo, gravado e producido na súa totalidade polo produtor Peter Petrowski, sairá o venres 22 de novembro de 2024,  e O Noso TempoFeridasDe VoltaCantareA ToleiraEspertar e Arder son os primeiros adiantos do mesmo, que se caracterizará por un son versátil e divertido, con letras de carácter persoal sen perder o foco na crítica social reivindicativa, selo de identidade de Hugo Guezeta.