A plataforma galaico-costarricense SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA celebra a 12º edición do seu festival do 12 ao 24 de novembro cun programa de artistas galegos, cataláns e ticos e actividades por todo o país tico.
SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA é un Festival Internacional de danza contemporánea, unha plataforma cultural de intercambio e cooperación cultural que traballa con diferentes proxectos artístico-culturais de Europa e América, xerando mobilidade e colaboración entre institución públicas, empresa privada, artistas, festivais, proxectos medioambientais e sociais relacionados coa cultura.
Esta edición 2024 o Festival inicia o 12 de novembro e inaugúrase coa celebración das I XORNADAS INTERNACIONAIS DE PENSAMENTO E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA, que se celebrarán na sede do Centro Cultural de España en Costa Rica. Unha proposta de SóLODOS, co-organizada co Centro Cultural de España en Costa Rica e a Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León (España), co apoio do Taller Nacional de Danza deCosta Rica, INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Programa para a Internacionalización da CulturaEspañola (PICE) de AC/E.
Este encontro nace como un espazo de debate interdisciplinar que propón recorrer lugares fronteirizos entre a creación e a filosofía, entre o real e a súa representación, entre a teoría crítica e a acción artística. Supón, por tanto, un espazo para reivindicar a capacidade das artes para interpelarnos e dialogar sobre dilemas morais ou existenciales, así como os retos e problemáticas á que se enfrentan as sociedades actuais. Creación e pensamento comparten unha liña de continuidade natural. O que nas artes se representa como metáfora, oralidade e figuración articúlase no campo do pensamento como concepto, tese ou paradigma.
Estas xornadas que teñen lugar do 12 ao 15 de novembro, articulanse en torno a tres encontros cos creadores españois – e profesores do Máster en pensamento e creación escénica da ESADCYL- Alberto Odériz (arquitecto e escultor), José Manuel Mora (autor e dramaturgo) e Javier Hernando (poeta e creador escénico).
Ademáis inaugurarase a exposición fotográfica “12 Anos de Sólodos en Danza en Costa Rica” do artista costarricense Pablo Vargas, en LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) en San José. Outras actividades, encontros e actuacións levaranse a cabo por distintas cidades de diferentes provincias do país, como son San José, Heredia, Alajuela e Puntarenas.
Nesta edición 2024, participan no Festival compañías de danza e creadores/as de España, Costa Rica e Portugal. Son artistas e compañías convidadas para presentar as súas obras Iron Skulls, Colectivo Glovo, Plan B Danza, Julia Laport, Corpóreos de Quepos e Proyecto Cuerpos en Escena.
O Festival SóLODOS EN DANZA en Costa Rica que cumpre 12 anos nesta edición, está producido por SóLODOS e coproducido polo Centro Cultural de España en Costa Rica. Conta co apoio da Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León (España), Taller Nacional de Danza de Costa Rica, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura do Goberno de España e Programa para la Internacionalización de la Cultura Española (PICE) de AC/E.
ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS
EXTENDER COMO SI PUDIERA JULIA LAPORT / GALICIA, ESPAÑA Creadora e Intérprete: Julia Laport Premio Bailando con Piedras 2023 no Festival Internacional de Coreografía Burgos – New York para participar en Sólodos En Danza en Costa Rica 2024. Artista Española Premiada en colaboración con Residencias Atopémonos Bailando de Galicia, España + Residencias deo Taller Nacional de Danza Costa Rica + Sólodos En Danza Costa Rica.
EXTENDER COMO SI PUDIERA busca poñer o corpo no borde. Porse no borde do corpo, na capa máis externa anterior ao outro. Estender como se o meu corpo fora meu como se houbera algo máis, como se puidera desdibuxar as marxes da pel para vivir na ilusión dun corpo ilimitado.
XENÉRICA COLECTIVO GLOVO / GALICIA, ESPAÑA Creadores e Intérpretes: Esther Latorre e Hugo Pereira Eu camiño, de modo xenérico, vulgar, común. Pasei desapercibida porque xa pasei por aquí, millóns de veces. Son a mesma que son sempre, repetida, a que fun onte e a que serei mañá. Camiño sobre os meus pés, desexando o inverno para xuntarme ao lume. Non te sorprendas se mañá tamén estou aquí, pretendo volver, sempre.
XENÉRICA (versión a dúo) trátase dunha evolución da peza que profundiza na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres das nosas vidas, que son xenéricas para a vida de todas.É unha homenaxe a nais, avoas, sobriñas e irmás, e a todas as féminas que loitaron incansablemente por protexer e coidar pasando desapercibidas. Recorre os mapas destas traxectorias de vida e reclama a atención de todos aqueles que non suberon ver a maxia desta rebeldía.
NUNCA BAILARÉ SOLO IRON SKULLS / CATALUÑA, ESPAÑA Creador e Intérprete: Diego Garrido. NUNCA BAILARÉ SOLO fainos viaxar para que atopemos a esperanza perdida despois dunha gran perda. Ofrécenos atopar ese brillo que se abre paso entre as sombras, sendo o propio bailarín unha luz en si mesmo, e que serve para recordarnos como espectadores que dentro de nós tamén está esa luz, e esa esperanza que ben puede ser en maior ou menor medida esquecido. PREMIO SóLODOS EN DANZA OURENSE 2023 – XIRA COSTA RICA 2024 PREMIO XOVE SóLODOS 2023 PREMIO DO PÚBLICO 2021 / Certamen CDC4 VALLADOLID PREMIO DOPÚBLICO E PREMIO ESCENOGRAFÍA 2022 , FESTIVAL 15m2, BADALONA.
CUERPOS EN ESCENA PROYECTO CUERPOS EN ESCENA / COSTA RICA Coreografía: William Retana Intérpretes: Turi Uha Rodríguez, Erick Rodríguez, Tyronne Guardado e Marc Black.
CUERPOS EN ESCENA explora as dúas caras do teatro —a comedia e a traxedia— interpretadas a través do movemento. A coreografía constrúese en torno a dúas preguntas fundamentais: ¿Que significa ser gracioso? ¿Que significa ser dramático? A partir destes interrogantes, o coreógrafo guía unha profunda exploración da interpretación e o corpo en escena.
CONDICIONES DE UN PÁJARO SOLITARIO CORPÓREOS DE QUEPOS / COSTA RICA Intérprete: Carlos Ovares. Coreógrafa: Marcela Aguilar Música: John Surman e Jack Dejhonnent
CONDICIONES DE UN PÁJARO SOLITARIO…As condicións do paxaro solitario son cinco: a primeira, que vai ao máis alto; a segunda, que non sofre compañía, aínda que sesa da súa natureza; a terceira que pon o pico ao aire; a cuarta, que non ten determinada cor; a quinta que canta suavemente.
REINICIO PLAN B DANZA / COSTA RICA Dirección Artística: Javier Jiménez Barboza Coreógrafo: Javier Jiménez B Intérpretes: Angie Morales, Arianna Courrau, Esther Lau, Isadora Jiménez, Itzel Bustamante, Jesús Porras, Jimena Jiménez, Joey Vega, Jorell Ureña, Jose Camareno, Jose Antonio Segura, Kristel Víquez, Lilly Stern-Pirlot, Luisi Rodríguez, María Fernanda Herrera, Mariana Rodríguez, Mariana Valverde, Moisés Camacho, Oscar Monge, Paula Jaen, Siul Móngalo, Salomé Villarreal, Viola Peri. Produción: Rosibel Arguello, Jose Camareno, Javier Jiménez B, Esther Lau, Stuart Roldán Vestiario: Lourdes LAB Música: Public Memory, ANNA, Ravid, Ezio Bosso Edición musical: Javier Jiménez B
REINICIO é un espazo que se habita cunha nova pel. Volver a empezar, retomar desde unha nova óptica, mirar desde arriba e comprender. Reinicio é volver cos cambios. Reinicio é unha nova oportunidade de vivir.
PROGRAMACIÓN
MARTES 12 – VENRES 15 NOVEMBRO
CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA / SAN JOSÉ
Primeiras Xornadas Internacionais de Pensamento e Creación Contemporánea (por inscrición). Xornadas impartidas por creadores españois – e profesores do Máster enpensamento e creación escénica da ESADCYL- Alberto Odériz (arquitecto e escultor), JoséManuel Mora (autor e dramaturgo) e Javier Hernando (poeta e creador escénico).
SÁBADO 16 NOVEMBRO
MUSEO MUNICIPAL DE CARTAGO / CARTAGO
7.00 pm / Actuación Sólodos en Danza en Museo Municipal de Cartago.
DOMINGO 17 NOVEMBRO
LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) / SAN JOSÉ
Coproduce: Centro Cultural de España en Costa Rica.
Co apoio de: INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura del Gobierno de España y Programa para la Internacionalización de la CulturaEspañola (PICE) de AC/E. Taller Nacional de Danza de Costa Rica.
Colaboran: Municipalidad de Barva, Museo Municipal de Cartago, TEC Sede S.Carlos Devesa, Centros Cívicos por la Paz de Garabito y de Aguas Zarcas, Corpóreos de Quepos, LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) en San José, Atopémonos Bailando, Certamen Internacional de Coreografía Burgos – New York.
Este sábado, 9 de novembro, ás 17 hrs, as crianzas, entre 3 e 10 anos, e as súas familias poderán desfrutar de Migallas e a súa proposta Cantaxoga na Casa-Museo Manuel María.
Un espectáculo de música e teatro onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos seus discos Canta connosco! e Pan de millo e realizan sketchs cómicos relacionados cos contidos das cancións.
O EMA é unha nova iniciativa que nace co apoio da Xunta de Galicia para sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada profesional e lúdica aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking
O I Encontro de Música Aberta (EMA) terá lugar este mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco – Quinta Avenida, 91), baixo o lema “Estamos en sintonía”
No programa participarán o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos, e o dúo Soleado, o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nun showcase comentado
O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo, xunto aMarta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle
Antes, para darlle o pistoletazo de saída á iniciativa, de 07.00 a 09.00h, terá lugar a retransmisión en aberto, con público en directo, do programa de referencia de Radio 3 Hoy empieza todo, guiado por Irene Valiente, que entrevistará a Grande Amore, Fillas de Cassandra, Mondra, De Ninghures e Ortiga
Abraham Cupeiro, Soleado, Laura Iturralde e ‘Hoy empieza todo’ de Radio 3 protagonizan o I Encontro de Música Aberta da Fundación Paideia Galiza este mércores 6 de novembro na Coruña. Baixo o lema “Estamos en sintonía”, o I Encontro de Música Aberta chega coa idea de sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking.
Deste xeito, esta nova iniciativa da Fundación Paideia coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar o próximo mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco – Quinta Avenida, 91). O acceso a este I Encontro de Música Aberta (EMA) é libre ata completar a capacidade do espazo, con inscrición previa a través da plataforma https://www.paideia.es/encontro-musica-aberta/.
No programa participarán o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos, e o dúo Soleado, o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nun showcase comentado. O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo, xunto aos artistas Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle.
Antes, para darlle o pistoletazo de saída á iniciativa, de 07.00 a 09.00h, terá lugar a retransmisión en aberto, con público en directo, do programa de referencia de Radio 3 Hoy empieza todo, guiado pola xornalista Irene Valiente, que entrevistará a Grande Amore, Fillas de Cassandra, Mondra, De Ninghures e Ortiga.
PROGRAMA I ENCONTRO DE MÚSICA ABERTA DE FUNDACIÓN PAIDEIA
7.00 a 9.00h. Retransmisión en directo de Hoy empieza todo, de Radio 3, con Irene Valiente.
9.00 a 9.30h. Café.
9.30 a 10.45h. Abraham Cupeiro: Resoando no pasado.
10.45 a 11.30h. Abraham Cupeiro Masterclass de construción de instrumentos.
11.30 a 12.00h. Café.
12.00 a 12.30h. Showcase comentado de Soleado.
12.45 a 13.50h.Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo: Diálogo creativo coa moderadora Laura Iturralde e a participación de Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle.
13.50 a 14.00h. Peche institucional.
SOBRE O I ENCONTRO DE MÚSICA ABERTA (EMA) DE FUNDACIÓN PAIDEIA
O I Encontro de Música Aberta de Fundación Paideia nace co obxectivo de impulsar a profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia e de promover o talento musical emerxente do noso territorio, ademais de apoiar o potencial dos e das profesionais como axentes de transformación social. O EMA busca, tamén, favorecer a participación e a expresión das novas figuras do sector, mellorando os seus coñecementos profesionais e sobre a industria musical da nosa contorna e promovendo as oportunidades de diálogo de artistas noveis con axentes, promotores e outros perfís profesionais relevantes da nosa industria.
O desenvolvemento e a innovación no sector da música emerxente en Galicia é un dos principais valores da Fundación Paideia, feito que impulsa a creación deste I Encontro de Música Aberta (EMA), que reúne a figuras punteiras e recoñecidas da industria musical, nunha aposta polo coñecemento, o intercambio, o debate, o encontro e a reflexión, poñendo o foco dun xeito lúdico e atractivo nas novas tendencias do sector. O EMA está aberto a todos os públicos, profesionais emerxentes ou consolidados, curiosos e amantes da música ao vivo, que busquen descubrir ou profesionalizar os seus proxectos musicais a través de ferramentas como a formación, o debate e o contacto cos principais axentes da industria na actualidade.
O EMA xorde, tamén, co desexo de poñer en contacto aos distintos actores e actrices da industria musical galega, coa fin de facer visible o seu labor como motores do sector. E busca, ademais, crear as condicións necesarias para que os proxectos musicais emerxentes teñan unha maior capacidade de profesionalización, así como os recursos necesarios para a posta en valor do seu talento e potencial, conseguindo maior visibilidade e presenza no mercado.
SOBRE ABRAHAM CUPEIRO
Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, que el emprega para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Abraham Cupeiro no é soamente un músico, é un verdadeiro mestre dos instrumentos, desde o corno de caza ata a zanfona, pasando polo carnyx, instrumento ancestral que Abraham reviviu nos seus concertos. A súa carreira levouno a colaborar con orquestras e artistas de renome internacional, sempre deixando unha pegada única coa súa habilidades para combinar tradición e modernidade. Desde os escenarios máis prestixiosos ata os recunchos máis recónditos, este artista único compartiu o seu pola música con audiencias de todas partes, creando experiencias sonoras inesquecibles.
Resoando no pasado é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido da man da súa enorme colección de instrumentos milenarios. E faino con moito amor e coa pedagoxía de quen coñece os instrumentos por dentro e por fóra como ningún outro. Porque el mesmo foi quen creou algún dos seus propios instrumentos, como o carnyx ou o cornu, reconstruídos a partir de exemplares encontrados en Pompeya. Resoando no pasado non é un concerto nin tampouco un monólogo, pero Cupeiro combina aquí elementos de músico e contador de historias, nun espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano a través das músicas creadas ao longo dos séculos.
Pola súa banda, o obradoiro de creación de instrumentos de Abraham Cupeiro é o sitio no que o público poderá experimentar xunto ao artista na recreación de instrumentos do pasado, xerando, incluso, novos instrumentos que sorprenden polas súas capacidades melódicas e a súa sonoridade. Este obradoiro é, sen dúbida, o proxecto máis coidado polo creador.
SOBRE SOLEADO
Soleado é o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez. O seu novo sinxelo, Los amores perros, emprega unha linguaxe como de canción de verbena, metáforas moi relacionadas co romanceiro e a canción popular (a reixa, o pano, a romaría, o pan e o viño…) que contrastan cun retrouso pop e unha base electrónica. O tema, producido unha vez máis por Pau Paredes, conta coa colaboración das pandereteiras-cantareiras Lilaina (Aliboria).
SOBRE SHOW MUST GO ON!: DA TEORÍA Á PRÁCTICA DOS ESPECTÁCULOS EN VIVO
Este diálogo creativo é un espazo para descubrir a arte do espectáculo a través da experiencia dos seus protagonistas. Dende a creatividade ata a execución, esta actividade moderada por Laura Iturralde invita ao público a formar parte do diálogo e da exploración dos retos e acertos dos eventos en directo, cunha sesión práctica e unha mesa redonda aberta a preguntas e ideas.
Laura Iturralde dedícase á plástica escénica desde 2015, especializándose na dirección de arte para espectáculos en vivo. A súa proposta artística transforma espazos a través da luz, creando atmosferas que enriquecen a narrativa dos proxectos. Colaborou con artistas ou entidades como Mercedes Peón, Brigitte Vasallo, Guadi Galego, Tanxugueiras, David Amor e os Centros Dramáticos Galego e Nacional. Nos últimos anos foi merecedora de seis premios María Casares, destacando a mellor escenografía en 2018 e a mellor iluminación en diversas ocasións, así como o premio nacional Rogelio de Egusquiza en 2021, no que acumula un total de dez nomeamentos nos últimos seis anos.
SOBRE A FUNDACIÓN PAIDEIA
Desde a súa creación en 1986, a Fundación Paideia Galiza ten apostado por converterse en referente na profesionalización e empregabilidade de persoas e sectores vulnerables. Na actualidade, a Fundación Paideia Galiza centra a súa actividade no desenvolvemento de cinco áreas de traballo: emprendemento, formación e divulgación, discapacidade e emprego, mocidade e mobilidade e desenvolvemento territorial.
Dentro da área de emprendemento, vense prestando especial atención á industria musical, ofertando posibilidades de formación, gravación e promoción a bandas e solistas emerxentes galegas e galegos, encamiñadas á profesionalización da súa actividade. Para a consecución deste obxectivo, a Fundación Paideia Galiza organiza, de forma continuada, programas de formación en emprendemento musical, xornadas de divulgación, cursos, masterclass, actividades de titorización e mentoría, residencias artísticas, concursos e certames, que conforman un corpo de accións dedicadas á profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia.
Desde o ano 2017, Fundación Paideia Galiza e Axencia Galega das Industrias Culturais veñen colaborando na procura e definición dunha política cultural innovadora para a industria musical emerxente, tanto en formas como en contidos, mediante o desenvolvemento de ciclos de xornadas profesionais e outras plataformas para a promoción e difusión de proxectos musicais emerxentes.
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental Emoción, vida e teatro. A Nave das Marías, deSaamira Ganay e Cris Andina, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE NOVEMBRO DE 2024, ás 20:00 horas.
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO
NOVA CONVOCATORIA IV CERTAME DE CALIGRAMAS “CONSTANZA DE CASTRO”
Dende a Asociación Veciñal Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, e de acordo coa resolución adoptada polo xurado do certame en cuestión, informamos de que, debido a un erro informático alleo á organización e que afectou para a valoración das obras, se convoca de novo o devandito certame cun prazo ampliado ata o 31 de xaneiro do 2025, declarando desta maneira nulo o fallo emitido e procedendo a unha nova convocatoria. Dende a Asociación Veciñal Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino pedimos desculpas. A continuación adxúntanse as bases para a nova convocatoria.