RESIDENCIA ARTÍSTICA QUE INVESTIGA A CALIDADE HÍDRICA DO RURAL LUCENSE DESDE O MITO DAS AUGAS SAGRADAS DE ADAI 💧🔬🧫
O 3 de outubro ás 19h, inaugúrase a mostra DA TRAÍDA no Espazo Leira, situado en Praza do Campo, Lugo
E artista Antía Carreira leva semanas investigando a relación ancestral dos mananciais co sacro e a súa vinculación coa calidade hídrica das canalizacións no actual rural lucense, desde imaxes macro ás imaxes micro que revelan “outros mundos que están en este”.
Antía Carreira é unhe artista de Lugo cunha ampla traxectoria no audiovisual e a xestión cultural
Visión Periférica é unha proposta recoñecida e financiada polas Axudas INJUVE á Creación, consistente nun ciclo de residencias artísticas que se levarán a cabo durante 2025 e traerán a Lugo artistas de diferentes procedencias e disciplinas centradas no audiovisual.
A exposición permanecerá aberta mediante visitas guiadas os días 17/10, 31/10 e o 14/11 , e mediante cita previa en leirahaus@gmail.com.
Accións: Proxección de Pupa (Filme premiado no Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto) o 16/09 ás 19:30h; e Excursión ao Monte Segade e obradoiro audiovisual con microscopios (con inscrición) o 20/09 ás 11h.
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputación de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental PREFIRO CONDENARME, dirixida por Margarita Ledo Andión, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta CUARTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 19 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.
Mañá venres, 12 de setembro, a partir das 10.00h, as entradas da Rúa dos Contos do #FIOT34 estarán xa dispoñibles a través da plataforma en liña Ataquilla.com.
Nas seguintes ligazóns será posible adquirir os tickets individuais e, tamén, o bono para todos os espectáculos (os enlaces estarán activos a partir de mañá ás 10h):
PEPO SUEVOS (Galicia): A xira do cuarto de século. Aventura 2012 Definitivo ÁLEX LOUZAO (Galicia): Feitizo Definitivo
Na páxina web do festival atoparedes todos os detalles desta Rúa dos Contos do FIOT, unha das sección máis queridas e decanas do Festival Internacional Outono de Teatro, que celebra neste 2025 25 anos achegando o mellor humor, a música, a maxia e os monólogos aos bares e outros espazos singulares nas noites de outono de Carballo:
As entradas para os concertos, enmarcados na iniciativa Artistas en ruta e que comezan o vindeiro venres 19, xa están á venda en www.therapants.es
The Rapants levará La máquina del buen rollo por distintos puntos da Península Ibérica antes de apagar, para sempre, o seu motor. Logo de ofrecer case 30 concertos no que vai de ano, os muradáns visitarán, entre outras, as cidades de León, Barcelona, Valladolid e Madrid da man da iniciativa AIE – Artistas en Ruta.
Desde o inicio da xira de 2025 (24 de xaneiro, Inverfest), o cuarteto de Muros ofreceu actuacións memorables en citas como O Son do Camiño, Atardecer no Gaiás -o directo máis multitudinario da historia do recinto- ou as Festas da Peregrina, en Pontevedra. Mais antes de botar o pano e gardar os instrumentos até o ano que vén, The Rapants visitará, con AIEnRuta -e co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)-, León (19 de setembro), Barcelona (25 de outubro, en colaboración con Indie Cool Tour), Valladolid (13 de novembro) e Madrid (15 de novembro). As entradas desta xira por salas xa están á venda a través da páxina web www.therapants.es
Ademais destes concertos previstos para o outono en salas de fóra de Galicia, The Rapants ofrecerá as derradeiras actuacións desta xira en distintas localidades galegas e asturianas. É o caso, entre outras, da cita que terán este xoves co Festival Revenidas en Vilaxoán; mais tamén en Baiona (Festival Peregrino), O Barco (Festas do Cristo), Castropol (El Pueblo), Lugo (Caudal Fest) e Chantada (O Castañazo, na que será a última cita rapante do ano en Galicia).
XIRA POR SALAS – THE RAPANTS con AIEnRuta 19.09, León | El Gran Café 25.10, Barcelona | Club Sauvage 13.11,Valladolid | El desierto rojo
A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 21 de xuño de 2025.
O programa consistirá na visita aos principais espazos da vila de NOIA. Para elo, contaremos co acompañamento de ANA ISABEL FILGUEIRAS, antropóloga e arqueóloga, da Oficina de rehabilitación do Casco Histórico de Noia.
O xantar terá lugar noRestaurante O TRAPEIRO Lugar de Merelle, 2. 15214 Noia. Telf 981 82 14 20
Menú: Empanada de millo, Croquetas Pescada á galega Carne asada (Xarrete) Sobremesa caseira Viño, auga, refrescos Café e chupito
O regreso a Vilalba terá lugar unha vez rematadas as visitas da tarde.
O custo por participante (inclúe comida e autobús), fixouse en 30 € para SOCI@S, e 35 € para NON SOCI@S.
As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse, como máximo ata o mércores 17 de setembro, enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, estudoschairegos@gmail.com. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos: 686-451501 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva. (Recoméndase indicar calquera circunstancia que haxa que ter en conta durante a xornada).
A oitava edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia reactivará Santiago de Compostela cunha extensa programación musical ateigada de estreas a nivel estatal
Catorce premieres de directos e concertos audiovisuais en España e dez iniciativas que se poderán ver por primeira vez en Galicia consolidan WOS Festival no panorama cultural nacional no seu regreso, após un ano de pausa
O interese xerado pola volta do festival provocou que o publico esgotase os abonos e practicamente todas as entradas; unicamente quedan billetes dispoñibles para os concertos da noite do venres 12 na Sala Capitol e para os do sábado 13
Cora Novoa e Víctor Flores moderarán as mesas redondas O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, que contará coa participación de artistas, colectivos e axentes clave da escena da electrónica e de vangarda do país
Os produtores galegos Juait e crnds presentarán o Sample Pack que fixeron con Xabier Díaz e ofrecerán un taller co artista no que exporán a aplicación práctica do mesmo nun contexto de produción musical electrónica
As sesións de cinema explorarán o papel do son e da música como eixe central da linguaxe cinematográfica a través da proxección dos filmes Free Party: A Folk Story, 32 sounds; The Diary of a Sky + Where the Language Fails Us
O proxecto Amplificando a memoria contará cun panel de pensamento no que Belén Bermejo, Yago Portela e Xoán-Xil abordarán o papel do Organsound; e ofrecerá sesións de escoita da man dos selectores Philip Sherburne, Nono e Chago
A oitava edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia reactivará Santiago de Compostela cunha perspectiva única sobre o son e a cultura contemporánea. Do 11 ao 14 de setembro, dez localizacións emblemáticas da cidade acollerán 29 actividades musicais, das cales 14 serán estreas a nivel estatal, e 11 actividades paralelas que, a través de obradoiros, paneis, proxeccións e instalacións pretenden achegar a música electrónica e avant-garde á cidadanía.
A programación do WOS Festival x SON Estrella Galicia espallarase, nesta oitava edición, por dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela. Ás xa coñecidas Sala Capitol e Fundación Laboral da Construción -que acollerán a programación musical nocturna do venres 12 e sábado 13, respectivamente-, e Teatro Principal -no que se celebrarán os concertos de apertura e clausura-, únense Auditorio Abanca, CGAC, Fundación Eugenio Granell, Igrexa da Universidade, NUMAX, Parque de Bonaval e Sede Afundación.
Estas sedes acollerán unha ampla programación musical da que participarán figuras internacionais de primeiro nivel, que presentarán os seus novos directos por primeira vez en terriorio estatal da man do WOS. É o caso do performer exipcio Abdullah Miniawy (Peacock Dreams), Carrier (Rhythm Immortal, con visuais de Riyo Nemeth), da inglesa aya (presenta hexed! con MFO) da escocesa KAVARI (premiere do novo EP que verá a luz este outono), da londinense Klein (con thirteen sense), dos indonesios KUNTARI (con LAHAR), do vibrafonista xaponés Masayoshi Fujita (Migratory), do angoleño Nazar (Demilitarize), dos norteamericanos Purelink (con Faith), da tríade Saint Abdullah, Eomac & Rebecca Salvadori (coa súa performance audiovisual A Forbidden Distance) e Los Thutanaka, que actúan por primeira vez en Europa; ademais dos concertos audiovisuais de Sara Persico & Mika Oki (Sphaîra), do inglés Rainy Miller (Joseph, What Have You Done?) e do exipcio ZULI (Lambda).
No ámbito galego, as catalás Tarta Relena estrearán o seu último álbum, És Pregunta; ao igual que farán o dúo ucraíno Heinali & Andriana-Yaroslava Saienko, presentando Гільдеґарда, e a norteamericana Niecy Blues con Exit Simulation. Nomes moi destacados a nivel internacional tamén visitarán Santiago de Compostela cos seus novos traballos (é o caso de Beatrice Dillon, Lord Spikheart ou Simo Cell); e tamén será a estrea en Galicia da proposta inmersiva In uno spazio immenso, o primeiro proxecto colaborativo entre Grand River & Abul Mogard e que conta co deseño de luces de MFO (Marcel Weber).
Finalmente, selectores como Batu, CCL, Djrum e Objekt completarán os proxectos internacionais do WOS Festival, unha ampla e diversa escolma -tanto de orixes coma de xéneros- referendada polas principais publicacións da escena, e na que tamén haberá unha representación de artistas do país. É o caso de Carme López (quen abrirá o concerto inaugural no Teatro Principal este xoves 11) e das tres propostas que o público poderá gozar no Parque de Bonaval o sábado 13: Bflecha b2b Mwëslee, Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez e Malandrómeda & Caamaño.
Programación paralela de actividades
En paralelo a súa programación musical, WOS Festival x SON Estrella Galicia contará con obradoiros, paneis de discusión, instalacións, sesións de escoita e proxeccións de cinema; unha ambiciosa oferta de iniciativas que o festival lanza para achegar a música electrónica e de vangarda ao público.
A primeira das iniciativas terá lugar tanto o venres 12 coma o sábado 13 no CGAC. Trátase da proposta O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, posta en marcha na anterior edición do WOS Festival e que pretende ofrecer unha ollada coral ao presente e pasado recente da electrónica galega. O panel reúne artistas, colectivos, selos e axentes clave coa intención de compartir perspectivas e abrir un espazo de diálogo que fortaleza a memoria e a proxección dunha escena diversa e viva: a galega.
A iniciativa desenvolverase a través de dúas mesas que terán como moderadores a dúas figuras imprescindibles no país: Cora Novoa e Víctor Flores. No primeiro dos paneis (venres 12, ás 16:00h) participarán Certain People, Rea di Mae (Vértebra Clube), VerusK, bb.wav, Pálida e Bflecha; mentres que no segundo (sábado 13, ás 16:00h) estarán Héctor e Nico Iglesias (Yugen Kala), M. Meri (Trix Club), Artur M Puga, Elektrógena e Beta. A entrada será libre ata completar capacidade.
En paralelo, a sala de cinema NUMAX acollerá unha serie de proxeccións nas que se explorará o papel do son e da música como eixe central da linguaxe cinematográfica. Os filmes Free Party: A Folk Story, 32 sounds; The Diary of a Sky + Where The Language Fails Us poderanse ver nas tardes dos días 12, 13 e 14 de setembro; e as entradas están á venda a través da web www.numax.org; aínda que todas as persoas que posúan os abonos Festival Pass e Weekend Pass (xa esgotados) tamén poderán acceder á sala (ata completar capacidade).
Na mañá so sábado 13, os produtores galegos Juait e crnds presentarán no auditorio da Sede Afundación a súa nova creación, Lidinsfarne Sample Pack, da man dun dos músicos implicados no proxecto: Xabier Díaz. Durante este obradoiro (de entrada libre ata completar capacidade), abordaranse algúns dos aspectos máis característicos e identitarios dos principais patróns rítmicos da música tradicional galega.
Da man de Xabier Díaz, o público asistente achegarase á singularidade das xotas e das muiñeiras, mentres que Juait e crnds demostrarán como os sistemas de gravación e procesamento de audio dixital poden analizar estes patróns. O taller pecharase cun exemplo práctico sobre o uso do sample pack e no que, a partir dunha muiñeira, producirán un track para o clubbing.
Amplificando a memoria
Tamén durante a celebración do WOS Festival x SON Estrella Galicia a Sede Afundación acollerá Amplificando a memoria, o proxecto de investigación e creación sonora que combina memoria tecnolóxica, creación artística e participación cidadá a partir da recuperación do altofalante Organsound, deseñado polos irmáns Portela Seijo no ano 1972.
A iniciativa, que propón dar voz, presenza e actualidade ao patrimonio sonoro galego desde unha perspectiva accesible, crítica e interxeracional, contará cunha instalación cuadrafónica de Xoán-Xil López que se poderá visitar todas as tardes, entre 16:00 e 20:00 horas; un panel de pensamento arredor do Organsound, no que participarán Yago Portela, Belén Bermejo e o propio Xoán-Xil, e que terá lugar na xornada inaugural (ás 18.00 horas); e tres sesións de escoita -unha cada día ás 13.00 horas, desde o venres 12 ata o domingo 14- da man de tres recoñecidos selectores: Philip Sherburne, Nono e Chago.
Amplificando a memoria conta co apoio da Deputación Provincial da Coruña a través da Área de Cultura -no marco da convocatoria ‘Fondo de apoio a proxectos singulares de mellora social’-, do Concello de Santiago -a través da Concellería de Mocidade-, así como da Universidade de Santiago de Compostela e d’ Afundación.
WOS Festival x SON Estrella Galicia
WOS Festival x SON Estrella Galicia é o festival referente no ámbito da música electrónica e de vangarda a nivel estatal e festexará a súa oitava edición en Santiago de Compostela do 11 ao 14 de setembro. Ao longo de catro xornadas, o evento promovido pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY ofrecerá unha programación coidada, multidisciplinar e de notable calidade artística en dez espazos emblemáticos da cidade.
O evento, recoñecido como Mellor Festival Indoor de Europa 2018 nos European Festival Awards, e que nos Iberian Festival Awards obtivo Mellor Promoción Turistica 2018 e Mellor Festival Indoor Nacional 2023, conta co patrocinio principal de SON Estrella Galicia e co apoio institucional da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia -no marco de Concertos do Xacobeo-, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Goberno de España a través da INAEM e Acción Cultural Española (AC/E); ademais de Gadis e Fundación Japón, Madrid.
Programación do WOS Festival x SON Estrella Galicia
Xoves 11 18:00h, Sede Afundación | Resonancias do pasado. O Organsound coma ponte acústica (panel de pensamento) 19:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (presentación da instalación) 20:00h, Teatro Principal | Carme López; Tarta Relena
Venres 12 13:00h, Sede Afundación | Chago (Sesión de escoita) 16:00 – 20:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora) 16:00h, CGAC | O son electrónico de Galicia. Unha conversa interxeracional (panel) 16:00h, NUMAX | Free Party. A Folk Story (cinema) 18:30h, Igrexa da Universidade | Abdullah Miniawy 20:15h, Teatro Principal | Sara Persico & Mila Oki present Sphaîra 22:00h, Sala Capitol |Purelink; Rainy Miller presents Joseph, What Have You Done?; Los Thuthanaka; Carrier presents Rhythm Immortal; Djrum
Sábado 13 12:00h, Sede Afundación | Lindisfarne Sample Pack. Juait, crnds & Xabier Díaz (obradoiro) 13:00h, Sede Afundación | Philip Sherburne (sesión de escoita) 13:00h, Parque de Bonaval | Malandrómeda & Caamaño 16:00 – 20:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora) 16:00h, CGAC | O son electrónico de Galicia. Unha conversa interxeracional (panel de discusión) 16:00h, NUMAX | 32 Sounds (cinema) 16:00h, Parque de Bonaval | Bflecha b2b Mwëslee 16:30h, Igrexa da Universidade | Heinali & Andriana-Yaroslava Saienko present Гільдеґарда 18:00h, Parque de Bonaval | Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez 18:00 Fundacion Eugenio Granell | Niecy Blues, KUNTARI 18:00h Auditorio Abanca | ZULI presents Lambda; Saint Abdullah, Eomac & Rebecca Salvadori present A Forbidden Distance 22:00h, Fundación Laboral da Construción | Klein, Beatrice Dillon, Lord Spikeheart, Nazar, aya & MFO present hexed!; CCL; KAVARI; Objekt+visuals by MIL111; Simo Cell; Batu
Domingo 14 13:00h, Sede Afundación | Nono (sesión de escoita) 16:00 – 20:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora) 16:00h, NUMAX | The Diary of a sky + Where the Language Fails Us (cinema) 18:30h, Teatro Principal | Masayoshi Fujita, Grand River & Abul Mogard present In uno spazio immenso