MÁMOA DE AMENIDO EN PACIOS MONCELOS ” TAMÉN CHAMADA ” O MONTE DO CEO “

A Comarca da Terra Chá, horizonte megalítico de moitas lendas. As estructuras megalíticas constituen unha das parcelas menos coñecidas do noso patrimonio. Os Concellos do sur lucense, contan cun importante conxunto de túmulos e necrópolis, sendo a maioria das veces tapado pola vexetación, o que dificulta distinguilos na paisaxe.

A construcción destes enterramientos como primeira humanización na nosa paisaxe galega, adaptando o medio o home.

Megalitismo galego entre os milenios V e III a.c. Nalgunhas mámoas  e covas aparecen restos do que poderían ser pinturas.

Fai máis de tres mil anos, no Neolítico, os antigos poboadores de Galicia, enterraban os seus líderes e clans, en tombas construidas con grandes lousas de granito, e cubetas de terra, e con forma de mama, por iso en Galicia reciben o nome de mámoas.

Case en tódalas aldeas atopamos, penedos, Outeiros, fontes,  castros e mámoas, que son propiedade de seres míticos. Arqueoloxia e xenética, demostra que esta era unha zona compacta no paleolítico en Galicia, ó seu núcleo orixinal a poboación Céltica, que seguindo ao norte chegou a Irlanda.

Cantas lendas viven na nosa terra, dende a beiramar ata as altas montañas orientas.

A mámoa de Amenido, aparece na noite maxica de San Xoán, un feixe de galiñas e pitos de ouro, conta a lenda que enfeitiza, que sean debaixo do dolmen.

O  MONTE  DO  CEO.

Danza reveladora doutra harmonía, carballos centenarios, fermosas fervenzas, xoias da natureza, benvido sexas viaxeiro, sentirás no ánimo a vella historia; a danza da treboada nos vellos carballos, sinfonía máxica.

Máxico País ergueito ante min, pingas de auga sostidas nunha folla, paixón litúrxica ,algarabía collida en desexos,alí onde o vento é a música para o espírito.

Espertan os ríos, alí onde nacen vellos, e deixan obrigas, tesouros do noso rurai, plantío novo, prender a alma con fios verdes, e ser somente libres.

A paisaxe vai pegada ao cristal da vida, nun tren de cantigas novas; Mámoa de Amenido que soia quedache na antiga carballeira, achegase a tí a lenda do medallón perdido, e a pita de ouro cos sete pitiños.

Ana Mar Fraga Rábade.

,

 

 

 

 

 

 

TENDEMOS PONTES SENLLEIRAS ACOTÍO

TENDEMOS PONTES SENLLEIRAS ACOTÍO

Tendemos pontes senlleiras acotío.

Pontes de táboas febles xa trazadas

polo vento nordés, pola xeada,

pola orde dos días fuxidíos.

Pontes que apodrecen polo inverno,

que secan no solpor do nú estío

e adormecen no outono xa cumprido

de solpores dourados, sempre eternos.

Pontes que hoxe precisan novos termos,

palabras escollidas na linguaxe

das horas que se esgotan na cordura.

Pontes desa madeira, cerna dura,

que co tempo non muda na súa imaxe

nin nas ideas que firmes sostemos.

Pontes imaxinadas nas paisaxes

nas que os “Irmandiños” aínda cremos.

 

ESTRELA non FUGAZ

ESTRELA non FUGAZ

ESTRELA non FUGAZ

 

Non pretendían agarrar coas mans a lúa,

aínda que a luz de guía fora precisa

nesa noite que tinguía ao sol do día.

Só querían unha estrela, unha e núa,

para deixar prendida na bandeira.

Mais os sátrapas estaban á espreita

agardando a caída da escada,

ávidos da sangue temperada

dos castellers afeitos ás alturas.

Mans que termaban de corpos,

ombreiros que arrimaban palabras,

olladas que abrazaban as forzas máis humanas,

mentres as hordas de Sauron

esnaquizaban a dignidade e a cordura

na xornada en que todo remataba

con bágoas de ledicia e sorrisos de mágoa.

Hoxe a estrela continúa ondeando

sobre un ceo azul de triángulo equilátero;

hoxe apreixan orgullosos ese mastro

portador da esperanza na República.

ADORMENTADOS

 

ADORMENTADOS

Mentres nos imos adormecendo
dourándonos baixo o sol
iluminados pola divina graza
de ser pobo nomeado
chamado a esmorecer de éxito
entre as ruínas

Logo da enchente
da bendita democracia
atada e ben atada
mantida de mentiras
polos mercenarios, sicarios
das elites establecidas
caciques de toda a vida
Mentres…

Agora que as xeracións
do rompente e as vangardas
nos anos oitenta e noventa
amortizamos as hipotecas
coas canas
mantendo aos fillos no exilio
con futuros incertos
e eufemismos varios

embriagados pola tecnoloxía
e o sensacionalismo político
en coma etílico de razón e demagoxia
subministrada por adoutrinadores
especialistas en non dicir nada
subvencionados
por votantes á carta
de partidos de marca
Xa logo
como individuos
institucionalizados
non temades ao espertar
cansos e limpos
contemplando as ruínas
do novo fascismo
dourándonos baixo o sol
de novo
sabéndonos a salvo
por ser súbditos
censados como ovellas.
Deamos grazas …

<< Non hai maior desgraza
que un pobo castrado>>.

Pilar Maseda.

 

RECITAL POESÍA EN FEMININO (Xosè Abeledo)

RECITAL POESÍA EN FEMININO (Xosè Abeledo)

Nesa esquina non equivocada

 

Cada noite pronunciaba

o prohibido do tacto

 

A memoria necesaria

de comerse cos dedos

 

Ser cada pequeno e húmido poro

dun tranvía

subitamente invadido

de pluma e carne adolescente

 

Camiñar polas rúas

non haber ninguén

abrazar a doce ereción da lúa.

 

 

Xmac. No Eume. 15-setembro-2017.
Poema para Poesía en Feminino (San Sadurniño)
Fotografía de Malena Carballo.