por martinho | Nov 24, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Será o vindeiro sábado 2 de decembro ás 18:30 da tarde na igrexa dos Vilares (Guitiriz), cando:
-Andréa Araújo Alonso, A Guarda, estudante de artes escénicas.
-Pedro Rielo Lamela, Pontevedra, xornalista da TVG.
-Toño Núñez, Navia, mestre.
Recibirán os Prémios do 1° Certame VILARIÑAS de micropoemas da man de Sandra Tenreiro, mestra de música e cantautora, Luz Campello (NPG), traballadora social e poeta e Marica Campo, mestra e escritora.
Os gañadores recibirán unhas “Vilariñas” deseñadas pola artista da Costa da Morte Viki Rivadulla e un exemplar coa recompilación das Vilariñas presentadas (máis de 150).
Intervirán neste acto, ademáis dos premiados e as persoas que farán entrega, o poeta vilalbés Martiño Maseda (Culturalia GZ), Fátima Fernández (NPG) e o presidente de Xermolos, Alfonso Blanco, depositario do legado do poeta Díaz Castro.
En Galiza, os Haikus, tomado nome de Müller, <VILARIÑAS> En homenaxe ao nóso poeta, Xosé María Díaz Castro, nado no Vilariño, Os Vilares. Pepe do Vilariño, como se lle coñecia na parróquia chairega de Guitiriz, foi o poeta das cousas pequenas, das herbas pequerrechiñas da Chaira que enchem de perfume o mundo é desa admiración polas pequenas coisas inspirouse o Certame VILARIÑAS e o próprio nome dos micropoemas deste concurso.
Nacen así as <VILARIÑAS>, as micro poesías galegas con nome próprio que verán publicadas as bases da segunda convocatória no mês de xaneiro de 2018.

As entidades organizadoras, A Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños, a NPG Nova Poesia Guitirica e o soporte dixital www.culturaliagz.com teñen organizado após do acto unha “Cea Vilariña” en Guitiriz.
Longa vida ás <Vilariñas> e que Medre a Poesía!!
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
por martinho | Nov 23, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O sábado, 2 de decembro, ás 20 horas, e dentro da programación cultural que desenvolve a Casa-Museo Manuel María, poderemos ver e escoitar ao contador de contos e historias Celso F. Sanmartín.
Contos, historias e memorias da tradición oral galega e europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre, conforman o seu repertorio. Recollidas e reacomodadas polo propio Celso, estas, teñen un toque contemporáneo que nos descubren tamén a súa actualidade.
O prezo da entrada é de 5 euros e pódese reservar anticipadamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.
*Información facilitada dende a Casa-Museo Manuel María.
por martinho | Nov 20, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas
- Domingo, 26 de novembro de 2017, a partir das 18:00
Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), con entrada libre até completar aforo.
A Sección de literatura de tradición oral da AELG propón visitar o Concello das Pontes para asistir a esta Polafía. O que suceda nesta Polafía, como xa sucedeu en todas as anteriores, gravarase para incorporar ao arquivo oral da web AELG.
O acto terá lugar no Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), ás 18.00 e con entrada libre até completar aforo.
Contaremos con actuacións musicais e as intervencións de:
Ovidio García Pazos, Xosé López Soto, Antonio Lourenzo Cabarcos (Toñito de Ferpu), Maruja López Rivera (Maruja da Ibérica), José López Martínez (Pepe de Rosalía), Esperanza Piñeiro de San Miguel, Nieves Montero Corral, Juan Eladio Pico Romero (Eladio O Cego), Jesús Prieto (Suso do Aparral), Sara Ramil, Elisa Romero Ferreiro, Isidro Novo, Lois Pérez e… un mundo de xente.
Este acto, coorganizado pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume, conta co apoio da Deputación da Coruña, a Consellaría de Cultura e Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e coa colaboración do Concello das Pontes.
*Información achegada dende a AELG.
por martinho | Nov 20, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O venres 24 de novembro ás 20h no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, presentación do libro GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquín Campo Freire.
Intervirán:
Alfonso Blanco Torrado (Xermolos/Irmandade Manuel María da Terrá Chá).
Nieves Espiñeira Medín (Ganduxando Vidas).
Manuel Castro Santamariña (IESCHA).
Xaquín Campo Freire (Homenaxeado).
Xulio Xiz (Coordinador do libro).
*Información facilitada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba
por Ana Mar Fraga Rábade | Nov 15, 2017 | Autores/as, Creación, Literaria
Noite con nubes brancas, soedade do deixado, luz dourada servida nun gran baleiro, lealdade do que agarda por un baleiro ermo, xogo dunha estrela en estancias sen inxenio.
Universo enteiro na casa da Corca, quietude da noite e fondo sono, falando baixiño. Tempo de preguntas, cando a eternidade sen alento da a volta.
Cando a desesperanza tingue de escuro a Corca, presta orella a sombra, que no mirar trae a morte.
Ana Mar Fraga Rábade