Certame VILARIÑAS 2018 por Antón de Guizán

Certame VILARIÑAS 2018 por Antón de Guizán

O sábado pechamos #PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! deste ano é o luns abrimos a convocatoria do#CertameVilariñas de micro poesía 2018 (II edición), abaixo, as bases para este ano…

«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Asociación Sociocultural Lareira de soños.

 

BASES.

 

Convocase o II Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.

A participación  neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso  serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico

dosvilares@gmail.com ou info@culturaliagz.com en formato Word

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así l🏔️ quixera @ autor/a.

Admitiranse obras desde o 15 de xaneiro até o día 30 de abril de 2018 , ás 23.59 horas.

A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños,  CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo <VILARIÑA> deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obraspresentadas no blog poético literário CulturaliaGZ. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica CulturaliaGZ e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.

Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

LUMES NUNCA MÁIS! por Antón de Guizán

LUMES NUNCA MÁIS! por Antón de Guizán

LUMES NUNCA MÁIS!

A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista, unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz, nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan casi 70 poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina con cerca de 90 poemas que alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o prémio de poesía, o Certame Vilariñas de micro poesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.
Veremos nas rúas poemas de Toño Núñez, Andrea Araújo, Pedro Rielo (gañadora do Certame Vilariňas), Eli Ríos, Paco Ledo, Beatriz Dourado, Concepção Palma, Adolfina Mesa, Natália Lema, Moncho Bouzas, Montse González, ou Anna María Barletta entre outros moitos…
Os comenzos de ano máis poéticos e reivindicativos de Galiza son, e pois no Concello chairego de Guitiriz, o unha terra que conta con algún dos mais grandes poetas da literatura galega e que sigue a xerar actividade arredor de estrofas con contido social.
A poesía d@s afillad@s de Díaz Castro, o lume que prendeu nesta Lareira de soños por unha sociedade mellor e máis xusta. Lume que quenta contra o lume que destroza o país. LUME NUNCA MAIS!

Relación definitiva de poetas que participan en #PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS!  68 poetas e 85 poemas nun berro pola salvación do país:

 

-Xosé María Díaz Castro

-Pas Veres

-Xacobe S. Quintela (Jaki)

-Branca Villar

-Antón de Guizán. 2.

-María Pereira

-Moncho Bouzas

-Toño Núñez

-Paco Ledo

-Montse González

-Conceição Guerra da Palma (🇵🇹 Portugal)

-Ricardo Souto Morano

-Ana Vila Portomeñe

-Pedro Rielo Lamela. 2.

-Raúl Gómez Pato

-Helena Gómez Vecino

-Emilia Martínez Fuentes. 2.

-Ana Mar Fraga Rábade

-Ramiro Torres

-Lino García Salgado

-Andrea Araújo

-Natália Lema Otero

-André da Ponte

-Martiño Maseda

-Pilar Maseda

-Xosé António Cascudo

-Adolfina Mesa (🇻🇪 Venezuela/Galiza)

-Beatriz Dourado

-José Carlos Ulloa García

-Xosé Abeledo

-Xelo Teijido

-Adriana Quijada

-Mar Beres

-Rafa Catoira

-Anna Maria Barletta (🇮🇹 Italia). 4.

-Luz Darriba.

-Anxo Boán.

-Suso de Merelas (Xesús Bermúdez).

-Luz Campello. 2.

-Judiña de Lea.

-Daniel Irimia.

-Sandra Tenreiro.

-Pilar Hidalgo Quirós.

-Roxana Villagrasa Méndez.  2.

-Olga Glapshun (🇺🇦 Ukraina). 2.

-Emilio Araúxo.

-Antóm Laia. 2.

-Raquel Díaz Seijas.

-Cris Amoedo.

-Xoán Neira.

-Raquel Pazos Garrido. 2.

-Gallego Rey.

-Esperança Martínez.

-Carlos Neira Suárez.

-Graça Foles Amiguinho (Portugal 🇵🇹) 3.

-Oscar de Souto. 2.

-Nieves Fernández Vidueira.2.

-Soraya RS.

-Carmen Penin. 2.

-Miguel Melero.

-Manuel González Prieto.

-Navia Rivas de Castro.

–Lia Santiso García.

-Teresa Ramiro.

-José Vázquez Liste.2.

-Fátima Fernández García

(Chascarraschás).

-José Ripoll.

-Alberte Momán Noval.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

 

Presentación de CORENTA SONETOS DE AMOR E CONFORTO de Anxo Boán Rodríguez en Chantada

Presentación de CORENTA SONETOS DE AMOR E CONFORTO de Anxo Boán Rodríguez en Chantada

Presentación LIBRO “CORENTA SONETOS DE AMOR E CONFORTO” día 19 de xaneiro Auditorio Municipal de Chantada, 20,30.

Acompañará  o acto o violinista Yoan Grudikov Grudev

Presentará Ramón Rodríguez Porto, e falarán o Premio Nacional de Poesìa Xulio López Valcarcel e a ilustradora Miranda G. Fonseca.

Recitarán:

José Carlos Ulloa García                                            Ana María Gamallo Fernández

Adolfina Mesa                                                             Xosé Manuel Eyré Val

Toño Núñez                                                                 Marisa Lozano Fuego

Montse González Alvarez                                          Sonia Arias Lopez

Paco Ledo                                                                     Ana Vila Portomeñe

Jesús María Trashorras Nogueira                             Germán López Quiroga

 

Anxo Boán Rodríguez, fillo de labregos, naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe. Cursou estudos de Bacharelato en Chantada e licenciouse en Dereito en Santiago de Compostela, Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada, onde quedou a vivir.
Na súa xuventude foi premiado por un certame literario convocado pola asociación A.C. Lumieira cunha obra de teatro titulada Traxicomedia de Luís e Margarita (1976) e no mesmo ano polo Círculo Recreativo e Cultural de Chantada cunha peza de teatro titulado Nadal Tráxico (1976) e no ano 1980 polo I.N.M.B de Chantada, polo poema Camiñando de noite. (1980)
Na súa madurez, gana o V certame de poesía Xoán de Requeixo(2001) eo IX premio de xornalismo Moncho do pio, por un artigo sobre a Ribeira Sacra (2011)
Obras do autor: Ademais de diversas colaboracións en revistas de poesía e libros colectivos ten publicado a título particular: en poesía, As Arbores das Idades(2004), e Poemas para unha alma Ferida (2016), e en narrativa, a novela curta titulada As Cousas do Fuco (2016)

“Non abonda ao poeta coller un papel,
e escribir frases ben compasadas,
sexan frases libres ou ben rimadas,
cando a musa non quere estar con el.
Ser poeta é ser a pedra e o cicel,
un escultor das musas inspiradas,
un trobador para almas apaixoadas,
e un azoute para o corazón cruel…”
(A. Boán)

 

*Información recollida do propio Anxo Boán Rodríguez e da editorial Círculo Rojo

#PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! por Antón de Guizán

#PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! por Antón de Guizán

A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema  de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista,  unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz,  nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan arredor de medio cento de poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o prémio de poesía, o Certame Vilariñas de micro poesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.

Veremos nas rúas poemas de 50  poetas de Galiza, Portugal, Venezuela, Ucrania e Italia que farán de Guitiriz e Parga un grande poemario contra os incendios e das suas farolas as páxinas. @s poetas son:

-Xosé María Díaz Castro

-Pas Veres

-Xacobe S. Quintela (Jaki)

-Branca Villar

-Antón de Guizán

-María Pereira

-Moncho Bouzas

-Toño Núñez

-Paco Ledo

-Montse González

-Concepção Guerra da Palma (🇵🇹 Portugal)

-Ricardo Souto Morano

-Ana Vila Portomeñe

-Pedro Rielo Lamela 2

-Raúl Gómez Pato

-Helena Gómez Vecino

-Emilia Martínez Fuentes. 2.

-Ana Mar Fraga Rábade

-Ramiro Torres

-Lino García Salgado

-Andrea Araújo

-Natália Lema Otero

-André da Ponte

-Martiño Maseda

-Pilar Maseda

-Xosé António Cascudo

-Adolfina Mesa (🇻🇪 Venezuela/Galiza)

-Beatriz Dourado

-José Carlos Ulloa García

-Xosé Abeledo

-Xelo Teijido

-Adriana Quijada

-Mar Beres

-Rafa Catoira

-Anna Maria Barletta (🇮🇹 Italia). 2

-Luz Darriba.

-Anxo Boán.

-Suso de Meireles (Xesús Bermúdez).

-Luz Campello. 2.

-Judiña de Lea.

-Daniel Irimia.

-Sandra Tenreiro.

-Pilar Hidalgo Quirós.

-Roxana Villagrasa.

-Olga Glapshun (🇺🇦 Ukraina). 2.

-Emilio Araúxo.

-Antóm Laia. 2.

-Fátima Fernández.

Os comenzos de ano máis poéticos e reivindicativos de Galiza son, e pois no Concello chairego de Guitiriz, o unha terra que conta con algún dos mais grandes poetas da literatura galega e que sigue a xerar actividade arredor de estrofas con contido social.

A poesía d@s afillad@s de Díaz Castro, o lume que prendeu nesta Lareira de soños por unha sociedade mellor e máis xusta. Lume que quenta contra o lume que destroza o país. LUME NUNCA MAIS!

 

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

ESQUECEMENTO

Fica na ventá

ollando para o lonxe,

xa se escoitan os carros,

co seu asubío cantan,

cargados de trigo e avea,

veñen de présa para a eira.

Ameaza a choiva

no abrente,

as leiras están segadas,

vacas e bois xa carretan

o pan que traen para as mallas.

Ela espida de presente,

na ventá, olla para o  lonxe,

non se lembra que é tarde,

que iso aconteceu onte…

que xa non cantan os carros,

nin se escoita o asubío.

Nunha cadeira sentada

ela mira pro infindo,

xa non hai leiras segadas,

nin carros traen o trigo,

non ten pasado

nin presente,

o seu pensamento esquivo,

perdido, está no camiño.

nesta ventá, nesta xente,

ollando con ollos baleiros

mirando pro infindo.

para os campos e as leiras,

ainda que no seu maxín se escoiten

os berros dos segadores,

que no gume da fouciña

segan o pan con suores.

Unha bágoa escorre morna

por esta cariña enrugada,

quén sabe se en algún intre,

lembra cousas en concordancia,

porque outros moitos intres,

esquecemento… non falta.