por Daniel Irimia Yáñez | May 18, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
“Afortunados os que temos pasado
e os que podemos recordalo en voz alta
os que non temos que pensar en silencio…”
NAO
que ritual iniciático rebela
os dourados estíos da linguaxe
e o significado virxinal da memoria?
é un campo de batalla onde os corpos florecen
magnificando a primeira forma de libertar o ar
alí pasamos a man pola espiga e intuímos o sangue
sen apenas alcanzar a carnalidade dun soño
que afiance o horizonte
alí curtimos a ollada
finxindo co rostro
a camuflaxe do terror
alí somos capaces de traizoarnos tantas veces
coma un se cre imperecedoiro
mais alí tamén xuramos que o medo é unha papoula
tamén somos capaces de erguernos
para atopar o deslinde
onde a hexemonía do corpo se pronuncie
como a luz que precede á brisa
por martinho | May 14, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado a María Victoria Moreno Márquez, o vindeiro xoves 17 de maio celebrase na Casa da Cultura de Vilalba o “Certame Literario das Letras Galegas”. En dito acto, que comezará a partir das 20 horas, farase entrega dos premios aos xoves escritores de Vilalba e do resto da comarca da Terra Chá que resultaron gañadores do citado certame. Asemade, amenizará o desenvolmento deste evento festivo-literario un cuarteto saxofonista formado por alumnos/as do Conservatorio de Vilalba.
*Información achegada dende a área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | May 14, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O Día das Letras Galegas, xoves 17 de maio ás 11:00, terá lugar o roteiro literario A Torre soñada, pola contorna da Torre de Hércules, a cargo de Xurxo Souto. O punto de encontro é a praia de San Amaro, no peirao de carga fronte á farmacia. Non é necesaria inscrición previa.
Esta actividade fai parte dun programa que tamén inclúe o Obradoiro de escrita creativa A Torre soñada, que impartirá tamén Xurxo Souto. Neste obradoiro si é necesaria a inscrición previa, que se fará no correo electrónico torredehercules@coruna.es até completar 20 prazas, por orde de solicitude. O punto de encontro neste caso é o Club del Mar de Santo Amaro. Terá lugar os sábados 19 e 26 de maio, e os 2 e 9 de xuño. Unha iniciativa Consorcio de Turismo do Concello da Coruña.
por martinho | May 14, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Renacer á descuberta das palabras é o segundo monográfico de Sermos Galiza, neste caso sobre María Victoria Moreno, que contou coa colaboración da AELG.
Presentarase hoxe luns, 14 de maio, ás 19.30 na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9 – Pontevedra), coa presenza de Alberto Oubiña, Concelleiro de Normalización, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Mercedes Queixas Zas e Antonio García Teijeiro, coordinadora e coautor do monográfico respectivamente.
Na cuarta feira, 16 de maio, terá lugar ás 20.30 a presentación en Vigo, na Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 125), coa participación de Marta Dacosta en representación da AELG e como coutora, e Antonio García Teijeiro, coautor.
*Información achegada dende a AELG.
por martinho | May 14, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Mira Editores e o Concello de Vilalba convida á presentación dos libros de Pilar González Usón, “Asesinato en el club de bridge” e “¿Crímenes perfectos? Meluca y el caso del bridgista asesino”.
Acto que terá lugar o vindeiro martes 15 de maio ás 20:30h, na Casa da Cultura de Vilalba, e no que participarán o alcalde Agustín Baamonde, a concelleira de Cultura Chery Grandío e a autora Pilar González Usón.
Colabora: Librería Pergamino.
Adxunto vai o convite a dito evento.
*Información achegada dende a área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | May 13, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O 24 de maio, na sala do Ateneo Santiago (rúa do Vilar, 19, Compostela), terá lugar un encontro coas autoras galardoadas co Premio da Crítica 2017 en lingua galega: Emma Pedreira e Lupe Gómez.
Xunta elas, participarán Burghard Baltrusch e Teresa Seara, para falaren das obras premiadas e a traxectoria das escritoras.
*Información recollida da Asociación Galega da Crítica.