por martinho | May 28, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Os Paseos Literarios por Compostela. Primavera 2018 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago.
Con esta nova edición do Ciclo de percorridos literarios por Compostela procúrase outra ollada á historia e xeografía da cidade.
As inscricións previas, gratuítas, realizaranse no correo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal, indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto, e o(s) Paseo(s) ao(s) que se quere asistir.
Cada un dos paseos está limitado a 50 prazas para maiores de 16 anos, e estes son os previstos:
Xoves 31 de maio, ás 18:00 h.
Compostela negra, con Diego Ameixeiras.
Punto de partida: Praza de Cervantes.
Sábado 2 de xuño, ás 19:30 h., no marco da SELIC.
Paseo por unha cidade na palabra, homenaxe a Salvador García-Bodaño. Con Xosé María González Xil.
Punto de partida: Praza do Obradoiro
Xoves 7 de xuño, ás 18:00 h.
Roteiro arredor de Fermín Bouza-Brey en Compostela, con Antón Lopo.
Punto de partida: número 43 da Rúa do Vilar.
Xoves 14 de xuño, ás 18:00 h.
A cidade das augas, con María do Cebreiro
Punto de partida: Ponte Vella do Sar.
*Información achegada dende a AELG.
por martinho | May 23, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Está aberta xa a inscrición nos Paseos pola Pontevedra literaria. Primavera 2018, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.
As persoas interesadas deberán enviar os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com, e indicar a que paseo/s queren apuntarse, a partir do 21 de maio. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. O número de prazas é de 50 persoas por paseo. A hora de partida será, en todos os casos, as 11:30.
Estes son os paseos previstos:
Sábado 26 de maio
– Cegoñas no fondo da ría, con Manuel Lourenzo González.
Sábado 9 de xuño
– Polos camiños do Triángulo inscrito na circunferencia, con Víctor Freixanes.
Sábado 23 de xuño
– Josefina Arruti: tras a pegada das que quedaron, con Montse Fajardo.
por martinho | May 23, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Na cuarta feira, 23 de maio, terá lugar ás 20.00 a presentación en Vigo, na Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 25), do libro “Rebeldía galega contra a inxustiza”. Contará coa participación de Francisco Rodríguez e Xosé Manuel Suárez (coautores da publicación), e Elsa Quintas Albores, da A. C. O Castro, organizadora da actividade.
por martinho | May 21, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
A
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2018 terá lugar o sábado 26 de maio, ás 18:00 horas, no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo (Rúa Alcalde Anxo López Pérez, 34). O acto, organizado pola AELG, co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo, estará amenizado coa música de TOR, grupo composto por Xosé Liz, Álvaro Iglesias, Félix e Cástor Castro.
*Información achegada dende a AELG.
por martinho | May 21, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Acto de presentación do libro de Emilio Xosé Ínsua López, “Díaz Castro, poeta en formación (1914-1990)”, que terá lugar o vindeiro venres, 25 de maio, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, organizado polo Iescha coa colaboración do Cocenllo de Vilalba.
Adúntaxe nota informativa.
*Información achegada polo IESCHA.
por martinho | May 20, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O próximo mércores, 23 de maio, ás 20:00h., terá lugar no auditorio do Centro Cultural Cárcere Vello de Lugo, o acto de presentación do libro CO2, de Isidro Novo.
Trátase da última obra publicada en vida por Isidro Novo e que por circunstancias que teñen que ver coa súa saúde e, infelizmente, co seu pasamento, non se puido presentar cando estaba previsto.
No acto intervirán Carmen Basadre, concelleira de Cultura do concello de Lugo, Francisco Macías, responsable de Positivas, editora do libro, Lois Pérez e Antonio Reigosa, escritores e membros do consello directivo da AELG, e Bruno López, fillo de Isidro.
Ademais realizarán lecturas de diversos poemas do libro os poetas, amigos e amigas de Isidro, Marica Campo, Darío Xohán Cabana, Luis Valle, Toño Núñez e Xosé Miranda, aos que acompaña Area, a súa neta.
O propio Isidro estará dalgunha forma presente, coa súa voz e a súa imaxe, nun acto que el desexaba e que no seu momento non se puido realizar.
Pola súa memoria, agardamos a túa presenza neste acto e agradecemos que difundas o convite anexo onde e a quen consideres oportuno.
En nome da familia e amigos e amigas de Isidro, moitas grazas.
*Texto informativo remitido por Antonio Reigosa.