por martinho | Sep 19, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) poñémonos en contacto contigo como persoa interesada na Literatura de Tradición Oral para informar de que a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG propón unha nova polafía, a número 34, neste caso a carón do Camiño de Santiago, no Parladoiro de Arqueixal (Santiago de Albá, Palas de Rei), o sábado 29 de setembro, ás 18.00, con título Memorias (con historias) da Ulloa. A entrada e libre.
Podes ver toda a información aquí.
por martinho | Sep 17, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz e nota informativa da presentación do libro CANDO JOHN LENNON COÑECEU A VALLE-INCLÁN, de BEATRIZ MACEDA ABELEIRA, publicado por Editorial TRIFOLIUM dentro da Colección NEMO, que organiza o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, o vindeiro venres, 21 de setembro de 2018, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vilalba.
*Información facilitada polo IESCHA.
por martinho | Sep 13, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O vindeiro mércores, día 19 de setembro, ás 20.30, no teatro Rosalía Castro da Coruña levaremos a cabo unha nova edición de Lúas de Outono. Homenaxe anual que organiza a Fundación Manuel María na cidade onde o noso escritor residiu os seis últimos anos da súa vida. Este ano contaremos coa actuación da gaiteira Susana Seivane que presentará o seu novo traballo “Fa” e interpretará dúas pezas creadas sobre poemas de Manuel María.
A entrada é gratuíta até completar o aforo do teatro.
*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María.
por martinho | Sep 11, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz e nota informativa da presentación do libro MEMORIA DO CORPO, de XESÚS RÁBADE PAREDES, editado por Galaxia, e que organiza o IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, o vindeiro venres, 14 de setembro de 2018, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vilalba.
*Información achegada polo IESCHA.
por martinho | Sep 4, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz, invitación e nota informativa do acto de presentación do libro FÓRA DO NORMAL, de María Reimóndez, publicación gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade do ano 2017, convocado polo Iescha, o Concello de Villalba e Edicións Xerais de Galicia.
O acto terá lugar o vindeiro venres, 7 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba e contará coas intervencións de María Reimóndez, Manuel Bragado, Fran Alonso, Eric Dopazo, Agustín Baamonde e Marisa Barreiro.
*Información facilitada polo IESCHA
por martinho | Ago 31, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Este sábado, 1 de setembro, a partir das 19:30 horas celebrarase na Casa da Cultura de Quiroga o XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA.
Poesía e música para comezar o mes de setembro. No seguinte enlace pódese acceder ao programa do devandito evento poético.
XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA
Quiroga, 1 de setembro de 2018
(Ás 19:30 h. na Casa da Cultura)
Presenta o acto o poeta:
Emilio Vega
Pregoeiro:
Manuel Blanco Pacios
Colaboración musical:
Javier Rodríguez Sotuela
Dúo Yotón
Organiza e patrocina:
Concello de Quiroga
PARTICIPANTES XX ENCONTRO
DE POETAS NO VAL DE QUIROGA
.Emilio Vega (Ponferrada)
.Branca Villar (Guitiriz)
.Martiño Maseda (Vilalba)
.Emilia Martínez (Vilalba)
.José Carlos Ulloa (Lugo)
.Paco Ledo (Chantada)
.Suso Talento (Monforte de Lemos)
.Martina Campos (Monforte de Lemos)
.Azarías Deleyre (León)
.Adolfina Mesa (Monterroso)
.Ana María Gamallo (Chantada)
.Anxo Boán (Chantada)
.Sonia Arias (Sarria)
.Lyra Sierra López (Ponferrada)
.Pilar Cambón (Monforte de Lemos)
.Primitivo Oliva (Sarria)
.Elba Grande (Carballedo)
.Ramón Porto (Chantada)
.Juan Manuel Campal (León)
.María Jesús “Albalara” (Monforte de Lemos)
.Germán López Quiroga (Monforte de Lemos)
.María Rosa González Méndez (Ourense)
.Mercedes Marcos (Sober)
.Pablo Juan Chelmick (León)
.Toño Núñez (Navia de Suarna)
.Ana Ríos (Taboada)
.José Antonio López Arias (O Courel)
.Jesús Galán López (O Courel)
.Isabel Rodríguez Losada (Escairón)
.Elvira Veloso Rodríguez (Monforte de Lemos)
. Mabel Pérez Fernández
ORGANIZA E PATROCINA:
CONCELLO DE QUIROGA
Síguenos en:
www.concellodequiroga.com
Facebook: Quiroga
Twitter: @concelloquiroga
Wikiloc: Concello Quiroga
TELÉFONO 982 435125