Acto de entrega do PREMIO MONDOÑEDO10 2018 – TEATRO

Acto de entrega do PREMIO MONDOÑEDO10 2018 – TEATRO

A Asociación As San Lucas, o Colectivo Mondoñedo É.. e o Concello de Mondoñedo convidan á cidadanía ao:

Acto de entrega do PREMIO MONDOÑEDO10 2018 – TEATRO

Domingo, 21 de outubro, ás 12:30h.

Auditorio Pascual Veiga (Mondoñedo)

Entrada libre

Farase entrega dunha obra de arte orixinal de Xosé Vizoso e dun diploma, creado por José Pedro Gómez, a Vanesa Sotelo, autora da obra “Nome: Bonita”, recoñecida polo xurado do PREMIO MONDOÑEDO10 2018 – TEATRO como mellor obra de teatro galego da última década.

REPRESENTACIÓN TEATRAL

Durante o desenvolvemento deste acto, a compañía de teatro da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) poñerá en escena dúas breves pezas teatrais baixo a dirección de Lino Braxe: “Na ponte de ferro”, de Rafael Dieste e “ Xan, o bo conspirador ”, de Álvaro Cunqueiro.

HOMENAX E A VEIGA

Aproveitamos para comunicar que ás 11:30h celebrarase no Cemiterio Vello (a carón do mausoleo de Pascual Veiga) un acto de irmandade entre a Asociación As San Lucas e a Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, que rematará cunha Ofrenda Floral e a interpretación do Himno Galego.

Mondoñedo, 20 de outubro de 2018

HOMENAXE A ISIDRO NOVO

HOMENAXE A ISIDRO NOVO

HOMENAXE A ISIDRO NOVO

Sábado, 3 de novembro de 2018

ENTRADA LIBRE

Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Lugo)

 

SIMPOSIO ISIDRO NOVO

Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Lugo). Entrada libre

10.30-10:50h.- Intervención de J. Luis Calvo: Isidro Novo: retrato robot.

10:50h.-11:10h.- Intervención de X. Ramón Freixeiro Mato: Isidro Novo no ronsel das palabras fuxidías.

11:10h.-11:30h.- Intervención de Yago Rodríguez Yáñez: Unha achega intimista á narrativa de Isidro Novo.

11:30h.-11:50h.- Intervención de Marica Campo: A poesía de Isidro Novo.

11:50-12:15h.- Pausa café.

12:15-13:30h.- Alén da escrita. O outro Isidro.

Faladoiro coa participación de Cesáreo Sánchez Iglesias, Darío Xohán Cabana, Paco Martín e X. Henrique Rivadulla Corcón.

Presentan e moderan: Lois Pérez e Antonio Reigosa.

Descuberta placa-homenaxe

13:45h.- Descuberta da placa-homenaxe a Isidro Novo por parte da Asociación de Escritoræs en Lingua Galega (AELG) na que foi última morada de Isidro Novo, Rúa Bispo Aguirre, 10.

 

RECITAL POÉTICO-MUSICAL

Patio do Centro Cultural Vello Cárcere (Lugo). Entrada libre

17:30h.- Intervencións de Xoán Neira, David Otero, Xosé Lois García, Lois Diéguez, Toño Núñez, Alberte Momán, Xoán Xosé Fernández Abella, Martiño Maseda, José Blázquez, Joaquín Carballido, Mª Xosé Lamas, Xosé Miranda, María José Fernández, Paco Reija, Cesáreo Sánchez Iglesias e Luis Valle.

Música: Tundal, Minhotos e Pilocha.

Presentan: Lois Pérez e Antonio Reigosa.

 

EXPOSICIÓN: Tocar as mans de Isidro Novo

Durante a xornada e no mesmo espazo (patio central e celas do Vello Cárcere) poderá contemplarse unha exposición con libros, fotografías, ilustracións e outros obxectos vinculados ao labor creativo e vivencial de Isidro Novo.

Comisaria: Viki Rivadulla.

 

Isidro Novo

(Lugo, 5 de outubro de 1951 – 1 de febreiro de 2018)

Logo publicar dous libros temperáns en castelán (14 poemas e Despacios), Teaza de brétema, colección O Barco de Vapor, 1994, foi o seu primeiro libro individual en galego. Seguiríalle o wéstern Por unha presa de machacantes, o libro de relatos Carne de Can e o poemario Dende unha nada núa (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1996).

En 1999 sae á rúa Antollos de Eimarmena, de narrativa curta, e a seguir as novelas Súa de si, Rosa lenta e Un escuro rumor tralo silencio (Premio Risco de Literatura Fantástica no 2005 e Premio Arcebispo San Clemente, 2007). No mesmo ano 2007 ve a luz Esteiro de noites falecidas (Premio Concello de Carral, 2006) e en 2009 publícase a súa tradución ao galego da novela de Benito Vicetto Os fidalgos de Monforte: historia cabaleiresca do século XV. Tamén son obras súas o libro de relatos Cabalos do demo e outros invertebrados (2010), o de viaxes literarias O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar (2010), así como a novela de terror Sinistra Deixa (2012).

En 2016 sae á rúa o libro Memorias do san Froilán  en cuxa elaboración participan tamén os asistentes ao Obradoiro  de Narración Oral patrocinado polo concello de Lugo. Neste ano 2017 ven a luz o poemario CO2 e a novela O tabú na traslenda.

En tempos fixo radio (programa “Gomorritas e novas criaturas” na pirata Radio Clavi), ademais de publicar dúas guías orientativas para libar viño artesanal na cidade de Lugo.

Durante o último decenio foi vogal por Lugo no Consello Directivo da AELG e colaborador moi activo da Sección de Literatura de Tradición Oral, participando activamente no proxecto Polafías (máis de 30 celebradas por todo país desde 2007), da posta en marcha das distincións Mestras e Mestras da Memoria,  da revista oral do San Froilán, “Letra das Festas”, e na organización das Xornadas de Literatura Oral.

Tamén puxo en marcha o proxecto da AELG denominado “Palabras con memoriaco obxectivo de recuperar palabras, expresións e acepcións nosas en desuso que por diversas razóns non atoparon sitio nos dicionarios e, polo tanto, en severo perigo de extinción. Máis de mil trescentas entradas ou palabras recuperadas que se poden consultar libremente na web da asociación, amais de térense publicado en distintas épocas no xornal La Voz de Galicia e no semanario Sermos Galiza.

 

«A escrita de Isidro Novo é o paradigma da escrita non centralizada. Isto demostra que lonxe dos centros literarios de poder e decisión tamén respiran escritores auténticos, e non só, como diría Góngora, a “infame turba de nocturnas aves” que se dán ao cavernoso oficio de enlear palabras en cortos e escuros latexos.

Isidro Novo debe ser situado, porque o seu lugar é este, en Lugo, e na súa vizosa tradición literaria que arrinca co rei sabio, Alfonso X, e a súa “Cantiga 77”. En efecto, o lugués, na literatura, é unha fortuna e unha denominación de orixe que, sen trasnoitadas excelencias localistas, parva e inutilmente escurecedoras doutras denominacións, pode merecidamente competir con todas e cada unha delas.

Obxectivamente considerada, a escrita de Isidro Novo é un ser artístico-verbal nado, crecido e madurado nas terras de Lugo. Aparte das referencias a lugares, tempos, circunstancias –persoais ou non–, explicitadas ou mergulladas nos seus libros e artigos, e detectábeis neles en canto realidades asumidas e artelladas esteticamente, todas esas páxinas, agás unhas poucas, foron escritas en Lugo. Esto quere dicir que o recendo das pedras musgadas, a cor das rúas, das árbores, do mar e das súas xentes, está albiscado pola mirada dun escritor que sempre levou a Lugo na ollada, e que reflexionou sobre a súa terra á luz do seu ceu gris. E isto é así porque o eu poético quixo que ditas realidades latexasen na única atmosfera que el respiraba, e porque quixo que teñan a única cor que os seus ollos fitaron… E ten unha urxencia de reciprocidade cumprida: Lugo fixo seu a Isidro porque Isidro fixo súa a Lugo, dese persoal xeito que entraña o asimilala vitalmente e perpetuala, creativamente metamorfoseada, nunha escrita caracterizada pola singularidade e orixinalidade».

José Luis Calvo

 

Bibliografía (selección)

POESÍA

En castelán

14 Poemas. Lugo: La Voz de la Verdad, 1974.

Despacios. Lugo: Martínez Sarceda, 1980.

En galego

Dende unha nada núa. IX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Sada: Ediciós do Castro, Colección de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, 1997.

Sonetos. Ilustracións de Surikou. Pontecandelas: Edicións do Estrume, col. Suido, 2000.

Esteiro de noites falecidas. IX Premio de Poesía Concello de Carral. A Coruña: Espiral Maior, col. Poesía, 2007.

CO₂. Santiago de Compostela: Edicións Positivas, col. Di-Versos, 2017.

NARRATIVA

Literatura infanto-xuvenil

Teaza de brétema. Finalista Premio O Barco de Vapor 1992. Vigo (Pontevedra): S.M. col. O Barco de Vapor, 1994, 108 pp.

Relato curto

Carne de can. Santiago de Compostela (A Coruña): Edicións Positivas, 1997.

Antollos da Eimarmena. Santiago de Compostela (A Coruña): Edicións Positivas, 1999.

Cabalos do demo e outros invertebrados. Ilustración Ánxela Pérez Meilán. A Coruña: Editorial Trifolium, col. Litterae, 2010.

Novela

Por unha presa de machacantes. Ilustracións de Quique Bordell. Santiago de Compostela (A Coruña): Edicións Positivas, 1996.

Súa de si. A Coruña: Biblos Clube de Lectura, col. Mandaio, 2003.

Rosa lenta. Finalista do Certame de Creación Literaria “Terra de Melide” 2004. Vigo (Pontevedra): Francka Editora, 2004.

Un escuro rumor tralo silencio. Premio Risco de Literatura Fantástica 2005. Santiago de Compostela (A Coruña): Sotelo Blanco, col. Medusa, 2005.

Sinistra deixa. Ilustración de Elerre. Noia (A Coruña): Editorial Toxosoutos, col. Nume, 2012.

O tabú na traslenda. Santiago de Compostela (A Coruña): Urco Editora, col. Alcaian, 2017.

OUTROS LIBROS

Autoría individual

Guía do bebercio lugués ou as rotas do viño artesanal,: A Taberna de Marcos, 1992 e 1995

O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar. A Coruña: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, col. Viaxes Literarias, 2010, 73 pp.

 

A estas obras deben engadirse traducións, textos de creación, limiares, e ducias de artigos publicados en  xornais, revistas  e volumes colectivos.

 

“Autobiografía”. En:

http://bvg.udc.es.

http://www.aelg.org.

 

*Imaxe do autor recollida do Centro de Documentación da AELG

 

 

 

A ADORMECIDA, de Paul Valéry, traducido ao galego-portugués por André Da Ponte

A ADORMECIDA, de Paul Valéry, traducido ao galego-portugués por André Da Ponte

A ADORMECIDA

para Lucien Fabre.


Que segredos no teu peito ardem, jovem amiga,

Alma por doce máscara aspirando uma flor?

De que vãos alimentos o teu ingénuo calor

Faz essa radiação, mulher adormecida?

 

Alentos, sonhos, silêncio, calma não vencida,

Tu triunfas, ó paz mais que o pranto mais potente,

Quando desse sono na onda grave plenamente

Conspira por cima o seio de tal inimiga.

 

Dorme, dourado monte de sombras e abandono.

Teu terríbel descanso é calcado de sono,

Ó cerva com longa languidez perto do laço,

 

Que apesar da alma ausente, ocupada nos desertos,

A tua forma ao ventre puro, o arroupa um braço,

Vela; Tua forma vela, e meus olhos abertos.

 

Paul Valéry, em “Charmes”. (1922)

 

LA DORMEUSE

À Lucien Fabre.


Quels secrets dans son cœur brûle ma jeune amie,

Âme par le doux masque aspirant une fleur ?
De quels vains aliments sa naïve chaleur
Fait ce rayonnement d’une femme endormie ?

Souffles, songes, silence, invincible accalmie,

Tu triomphes, ô paix plus puissante qu’un pleur,
Quand de ce plein sommeil l’onde grave et l’ampleur
Conspirent sur le sein d’une telle ennemie.

Dormeuse, amas doré d’ombres et d’abandons,

Ton repos redoutable est chargé de tels dons,
Ô biche avec langueur longue auprès d’une grappe,

Que malgré l’âme absente, occupée aux enfers,

Ta forme au ventre pur qu’un bras fluide drape,
Veille; ta forme veille, et mes yeux sont ouverts.

 

http://www.academie-francaise.fr/sites/academie-francaise.fr/files/styles/academie_immortal/public/valery.jpg?itok=SHZXObtv

UM POEMA DE PUSHKIN TRADUZIDO PARA GALEGO-PORTUGUÊS, por André Da Ponte

UM POEMA DE PUSHKIN TRADUZIDO PARA GALEGO-PORTUGUÊS, por André Da Ponte

Alexander Sergueievitch Pushkin (em russo: Алекса́ндр Серге́евич Пу́шкин; Moscovo, 26 de maio, calendário juliano; segundo o gregoriano:  6 de junho de 1799 — São Petersburgo, 29 de janeiro, segundo o calendário juliano; 10 de fevereiro de 1837, segundo o gregoriano).

O poema que deixo para todos vós é, talvez, o poema de amor mais conhecido do grande poeta russo. Escrito em 1829, ainda a historiografia e os eruditos dedicados ao estudo do magnífico poeta, romancista, dramaturgo e fundador da literatura russa moderna, andam pesquisando quem foi a musa e destinatária de tão fermoso poema. Aleksandr Pushkin não deixou nemhuma pegada (nem nos seus borradores, nem no original) de quem foi esta misteriosa desconhecida que lhe inspirou tão extraordinária obra.

O genial poeta cria ao longo do poema uma tensão emocional ao empregar  sabiamente os recursos de aliteração (o som do “L” no original acrescenta os delineamentos duma funda tristeza, à par de uma delicada ternura) junto com a.repetição da ideia “Eu amei-a” a par dum paralelismo sintáctico empregado com enorme talento faz deste grande poema um dos favoritos – se não é o predilecto – dentre as muitas e grandes obras criadas por este autor que tanta influência teria em escritores como Dostoievski, Gógol, Tiútchev ou Tolstoi ou em compositores como Chaikovski ou Musorgski.

Como sempre, o original vai embaixo da tradução.

 

Eu amei-a: talvez ainda haja amor

Na minha alma e nunca se apagou;

Embora não se preocupe mais por mim;

Não quero que nada a amargure.

Eu ameia-a em silêncio, desesperado

Afligido pola timidez, às vezes polos ciúmes;

Eu ameia-a com todo o meu coração, com todo o meu ser terno,

Que seja amada polo outro então espero.

(1829)

 

Я вас любил: любовь еще, быть может,

В душе моей угасла не совсем;

Но пусть она вас больше не тревожит;

Я не хочу печалить вас ничем.

Я вас любил безмолвно, безнадежно,

То робостью, то ревностью томим;

Я вас любил так искренно, так нежно,

Как дай вам бог любимой быть другим.

 

Александр Пушкин

(1829)

 

A MORTE DE PUSHKIN, pintura de Dmitry Anatolievich Belyukin

 

https://img-fotki.yandex.ru/get/6107/44617652.cb/0_6d86f_3bc99832_XXL

EL…

EL…

EL…

El… non era poeta,

mais nas noites frías e solitarias

cando o vento laiaba por entre as contras…

escribía versos.

Fermosas verbas que o corazón lle ía dictando.

Eran soños de amor…

por aqueles ollos da cor do ceo

que fixeron feitizo… no seu ser.

El… non era poeta,

mais por entre os seus dedos

saían as letras como a auga crara da fonte,

tinguidas pola luz das estrelas

nunha noite de Xaneiro.

Non, non era poeta,

mais tiña a habilidade de enfiar soños

cos latexos do corazón,

latexos que se tornaban laios tristes

por aquela á que lle agasallara a alma enteira…

unha noite de lúa chea.

E non era poeta,

pero fixo da súa lembranza

a máis fermosa das poesías…

Presentación de poemario PURA VIDA, de María Pereira, e homenaxe a Sila de Luz no Lar de Unta de Betanzos.

Presentación de poemario PURA VIDA, de María Pereira, e homenaxe a Sila de Luz no Lar de Unta de Betanzos.

O vindeiro día 3 de Novembro, no local social da Asociación Gastronómica e Cultural LAR DE UNTA de Betanzos, terá lugar a presentación do poemario dixital PURA VIDA, de María Pereira (Oslita), adicado a Sila de Luz, a rapaza de Coirós finada hai poucas semanas prematuramente por mor dun cancro e amiga da autora.

O acto, organizado por CulturaliaGZ, NPG Nova Poesía Guitirica (grupo do que forma parte María Pereira) e a Vocalía de Cultura do Lar de Unta, dará comenzo ás 18:00 horas e contará coa propia autora, diversos poetas, música e amizades e familia de Sila de Luz.

O poemario está prologado polo poeta vilalbés Martiño Maseda e editado polo soporte dixital CulturaliaGZ dentro das publicacións literarias Estraperlo Culturalia e poderase descargar gratuitamente en PDF unha semana antes do acto. Con posterioridade poderase descargar tamén no portal Galícia Digital.

 

 

María Pereira, natural de Betanzos, é documentalista, voceira dos Mariñeiros galegos en Noruega que reivindican os seus dereitos e directiva da Asociación Lar de Unta.

Ten participado en diversos recitais poéticos co grupo NPG Nova Poesía Guitirica e publicado poemas en diversas publicacións colectivas, tanto en papel como dixitais.

 

 

 

Este acto forma parte do programa de novidades #DoTrinque que desenvolven conxuntamente CulturaliaGZ, NPG e a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, e no que se presentan novidades literarias, musicais e artisticas.

Este é o segundo evento, o primeiro foi a presentación do disco “A Victoria da luz” de Xardín Desordenado na Escola Habaneira de Guitiriz o pasado 5 de Outubro.

O acto é aberto ao público.

 

 

 

María Pereira: +34674586147

maría.isabel.pereira.varela@gmail.com

https://www.facebook.com/events/533059117107263/?ti=cl

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares