Nova edición do Festival 27373 de música en galego de Begonte

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vaiorganizar a Décimo cuarta edición do Festival 27373 de músicaen Galego que terá lugar o sábado 8 de agosto no Club Fluvial deBegonte que presta as súas instalacións para a celebración destefestival.

O Festival 27373 caracterízase por ser o único festival do Concello de Begonte, un dospoucos festivais cunha programación íntegra en Galego, que apoia a grupos emerxentes eque nos últimos anos conta, polo menos, cun grupo integrado maioritariamente ou lideradopor mulleres. Unha aposta pola lingua e pola visibilidade da muller nos escenarios.

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máispequen@s e ás familias. A partir das 13:45 horas comezará unha atractiva sesión vermú conmúsica tradicional a cargo do grupo O Son do Pucheiro que chega grazas ao programaTradigalu da Deputación de Lugo e na que poderemos gozar, en exclusiva, das cervexasoficiais do Festival 27373: unha cargada de lima, outra ben cargada de trigo e laranxa eunha terceira ben cargada de aromas frutais. Ámbalas tres cervexas son unha colaboraciónentre Castiñeiro Milenario e cervexa artesá Aloumiña de Lugo. Xa pola tarde, a partir dascinco, comezará o tradicional XIV Aberto de Billarda coa colaboración da Asociación OVaral. Ás seis, dará comezo o VI campionato de cimbrón “Memorial Suso “Pipas”” namemoria de “Pipas” gañador de todas as edicións deste campionato e recentementefalecido. E, a partir das 18:30, para a rapazada e as familias contaremos coa presenza dogrupos Pitusa Semifusa cun espectáculo para a cativada e as familias. Este espectáculo estáno festival grazas á colaboracion do Concello de Begonte e Xunta de Galicia a través daAgadic. Agardemos que sexa un bo día para pasar ao carón do río, xantando e compartindosobremesa nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeiraperfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha dasmesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río Ladra ao tempo que participamos nasdistintas actividades.

Abrindo o festival de noite, sobre as 20:00 horas subirá ao escenario as Sun Iou, desdeTeis, Tamara Martínez lidera este proxecto que combina o rock coa tradición, o punk coaelectrónica, letras comprometidas e reivindicativas, calidade, feminismo e compromisosocial. Presentarán o seu novo traballo titulado Egos, producido por un vello coñecido dofestival, Peter Petrowski de Ezetaerre. A rapazada de Axeigo xa estivo hai máis de 10 anosnunha daquelas primeiras foliadas que organizamos. Para nós é un orgullo e unhasatisfacción que, despois de tantos anos, os Axeigo poidan subir ao escenario. Tradición ecalidade excepcional destes músicos que presentan o seu novo traballo tituladoRecuncando. Para rematar, Para rematar chega un deses grupos co que nos presta para pechar o festival: The Lelli Kellys. O grupo traerá a seu rock clásico misturado co punk erythm&blues. Ninguén no torreiro quedará indiferente ante o estilo salvaxe cheo de enerxía,diversión e certa tolemia que presentan os do Morrazo.

Queremos agradecer a axuda económica da Deputación de Lugo e do Concello deBegonte. Ao Club Fluvial de Begonte por prestar as súas marabillosas instalacións. Áasociación O Varal, por axudar na organización do aberto de billarda e, por suposto, aCervexa Artesá Aloumiña, por todas as facilidades para facer de novo as cervexas dofestival. Tamén a todas aquelas asociacións culturais, artesáns, e, por suposto, agradecer apresenza de todas as persoas que se acheguen ata Begonte a pasar un día cheo deactividades culturais nun entorno incomparable. Todas actuacións son de balde e contamoscun espazo de acampada libre.

Programación de DANZA NO CLAUSTRO 2026

Danza no Claustro é un proxecto da  SóLODOS. Nace no Claustro de San Francisco, na cidade de Ourense, en xuño de 2013, como unha iniciativa de exhibición artística destinada a poñer en valor o patrimonio arquitectónico a través da danza. Celébrase anualmente desde entón. É o festival de danza máis lonxevo de Galicia.

Espazos cargados de historia e singularidade serven de escenario para que artistas internacionais e locais —xunto coas comunidades da zona— constrúan un proxecto cultural compartido. Danza no Claustro ofrece unha programación cultural adaptada a estas comunidades, reforzando así a paisaxe cultural da zona. A danza actúa como motor cultural que suliña a historia, as xentes, a beleza e a singularidade do lugar, ofrecendo unha perspectiva renovada da arquitectura e do patrimonio histórico a través do movemento.

Desde 2021 a firma de moda Adolfo Domínguez colabora co proxecto e volverá encargarse do vestiario dos e das artistas nesta edición. O festival tamén forma parte da  Red Acieloabierto, unha rede estatal de festivais de danza en espazos non convencionais.

Na súa 14.ª edición 2026, Danza no Claustro celébrase nos claustros de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín), Santa María de Melón e Santa María de Xunqueira de Espadanedo. Incluiu un evento especial en colaboración co *Ciclo de Artes Vivas y Mediación* de A Casa Vella, na aldea de Amiadoso (Allariz) que acontece o pasado domingo e estreará unha nova localización para a súa programación na provincia de Pontevedra: o Mosteiro Real de Santa María de Oia.

PROGRAMACIÓN:

Na programación de A Casa Vella estiveron programadas as seguintes obras e artistas:

– SOSTENIENDO AUSENCIAS / TAMARA OTÁROLA / COSTA RICA

– NOCTURNO / LARUMBE DANZA / MADRID

– TÁNGUELA / MYRIAM GONZÁLEZ / GALICIA

Na programaciión de este fin de semana  estarán as seguintes obras e artistas:

PERPÉTUA / ALBA DE MIGUEL E MIGUEL GONZÁLEZ  /  CANARIAS – A RIOXA

JULIA LAPORT / EXTENDER COMO SI PUDIERA  / GALICIA

PIES DE GALLINA / LUNA SÁNCHEZ e ANA MELERO /  RED ACIELOABIERTO 2026 / ANDALUCIA

SOSTENIENDO AUSENCIAS / TAMARA OTÁROLA / COSTA RICA

NOW – HERE MAN / ANDRÉS CORCHERO / CATALUÑA (Función Única 2 de Agosto)

Para a derradeira actuación en Oia, o 7 de agosto, estarán programadas:

NEXOS / CIA EXIRE / GALICIA

MOVER CENIZAS / SóLODOS / GALICIA – COSTA RICA

A RAÍZ DE / DANIEL RODRÍGUEZ CIA / GALICIA

PROGRAMA DE FORMACION DANZA NO CLAUSTRO

O 27, 28 e 29 XULLO 2026 o PROGRAMA DE FORMACIÓN DANZA NO CLAUSTRO
Co organizado con TICS ESPAZO DE FORMACIÓN estivo a cargo da coreografa costarricense TAMARA OTÁROLA co obradoiro AIRE, MOVEMENT RESEARCH.  

TAMARA OTÁROLA participa no Festival Danza no Claustro grazas ao apoyo do Centro Cultural de España en Costa Rica, RACE Residencias Artísticas Creando Escena 2026 / Impulso á internacionalización, Taller Nacional de Danza de Costa Rica e SóLODOS en RED 2026.

DATAS

Do 20 ao 26 de xullo de 2026

A Casa Vella / Tamara Otárola en residencia artística en A Casa Vella

Amiadoso, Allariz. Ourense

26 de xullo de 2026. 20:00 h

A Casa Vella

Amiadoso. Allariz. Ourense

27, 28 e 29 de xullo de 2026

Espazo de Formación de Tics / Programa de Formación de Danza Non Claustro

Ourense

31 de xullo de 2026 · 20:00 h.

Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil 

Nogueira de Ramuín · Ourense

1 de agosto de 2026 · 20:00 h.

Claustro de Santa María de Melón

Melón · Ourense

2 de agosto de 2026 · 20:00 h. 

Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo · Ourense

7 de agosto de 2026 · 20:00 h. 

Real Mosteiro de Santa María de Oia

Oia · Pontevedra

ORGANIZA: SóLODOS. DIRECCIÓN: Erick Jiménez e Maruxa Salas. PRODUCIÓN: Víctor López Carbajales. FOTO e VÍDEO: Pablo Salas Fotógrafo e Pablo Vargas Unfried. COA AXUDA DE: INAEM – Ministerio de Cultura de España, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e Xacobeo 2027, Taller Nacional de Danza de Costa Rica, Ministerio de Cultura e Xuventude de Costa Rica, Centro Cultural de España en Costa Rica. COLABORA: Concello de Xunqueira de Espadanedo, Concello de Nogueira de Ramuín, Parador de Santo Estevo, Concello de Melón, Red Acieloabierto, Adolfo Dominguez, A Casa Vella, Fundación Bretón, Real Mosteiro de Santa Maria de Oia, Tics Espazo de Formación.

Danza no Claustro 2026 conta coa colaboración da Xunta de Galicia coa AGADIC a través das Subvencións a Festivais de Artes Escénicas 2026.

NOTA-DE-PRENSA-DANZA-NO-CLAUSTRO-2026

PROGRAMACIÓN DANZA NO CLAUSTRO 2026

PROGRAMA-DE-MANO

Martín Romero gaña o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026

A Asociación Cultural Autobán, co apoio do Concello da Coruña, promove por terceiro ano consecutivo este certame pioneiro no sector da autoedición

Neste 2026, o premio recaeu na obra “Diarios”, de Martín Romero, cunha dotación económica de 1.250€ e un trofeo personalizado a man por Julia Abalde, gañadora da pasada edición do premio

O xurado especializado, integrado polas e polos profesionais Julia Abalde Herrero, David Fernández Fernández e Helena Rodríguez Blanco, decidiu otrogarlle o accésit con diploma a Silver Andree (Adriana Soriano), por “Antología de un recuerdo”, cunha dotación de 350€

Na rolda final de clasificados, foron tamén seleccionados os fanzines “O Campo de Concentración de Lavacolla”, de Colective Pipueca; “Mi nick ya no era húmeda”, de Gemmi Pérez Feijoó (Muller6ollos); “Moon Junction”, de Anabel Colazo; e “O verán que nunca existiu”, de Clara Artiaga

O III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026 recibiu un total de 35 proxectos válidos aspirantes ao galardón, que o público poderá ler na mostra ‘ExpoFanzines Autobán’ no marco de Viñetas desde o Atlántico 2026, do 10 de agosto ao 27 de setembro, na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña

A entrega do premio terá lugar o venres, 14 de agosto, no Circo de Artesáns da Coruña, no marco das actividades da edición de verán de 2026 do Festival de Autoedición e BD Autobán

A información completa do III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026 pode consultarse en: https://www.autoban.gal/premio26

O III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026, promovido pola Asociación Cultural Autobán, co apoio do Concello da Coruña, xa ten gañador. Martín Romero alzouse co galardón grazas á súa obra Diarios. O premio consta dunha dotación económica de 1.250€ e un trofeo personalizado a man pola artista Julia Abalde (gañadora da pasada edición do certame). O xurado especializado do certame, integrado polas e polos profesionais Julia Abalde Herrero, David Fernández Fernández e Helena Rodríguez Blanco, decidiu outorgarlle, tamén, o accésit con diploma, cunha dotación de 350€, a Silver Andree (Adriana Soriano), pola súa obra Antología de un recuerdo.

Este III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026 recibiu un total de 35 proxectos válido ( presentáronse un total de 45, peor 10 non cumpriron os termos necesarios). Na rolda final de clasificados foron tamén seleccionados os fanzines O Campo de Concentración de Lavacolla, de Colective Pipueca; Mi nick ya no era húmeda, de Gemmi Pérez Feijoó (Muller6ollos); Moon Junction, de Anabel Colazo; e O verán que nunca existiu, de Clara Artiaga.

A entrega do premio terá lugar o venres 14 de agosto no Circo de Artesáns da Coruña, no marco das actividades da edición de verán de 2026 do Festival de autoedición e BD Autobán. Ademais, o público poderá ver e ler todas as obras válidas presentadas a concurso –un total de 35– na mostra ‘ExpoFanzines Autobán’ no marco do festival Viñetas desde o Atlántico 2026, do 10 de agosto ao 27 de setembro, na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.

O III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026, promovido pola Asociación Cultural Autobán, co apoio do Concello da Coruña, recolle a participación de todas as autoras, autores e colectivos que autoeditaron un cómic ou fanzine gráfico en lingua galega ou desde Galicia entre o 15 de maio de 2025 e o 31 de maio de 2026, cun máximo de 3 obras por participante, sempre que o/a autor/a ou a maioría dos/as compoñentes do colectivo fosen de orixe galega ou estiveran fincados/as en Galicia. O tema, a técnica, o formato e o deseño do fanzine eran libres. A información completa do premio pode consultarse en:

https://www.autoban.gal/premio26

FALLO DO XURADO DO III PREMIO AUTOBÁN AO MELLOR FANZINE GALEGO 2025-2026

https://www.dropbox.com/scl/fi/oud1zdz1snc1dmn7gdkjc/Fallo_PremioAutoban2026.pdf?rlkey=8xuafd9xprz5sdfqce7g7l43h&st=gj8rjqwq&dl=0

SOBRE MARTÍN ROMERO

Martín Romero (Boiro, A Coruña, 1981) é ilustrador, autor de cómics e director de animación. Combina todas estas disciplinas para desenvolver os máis diversos proxectos. Como ilustrador realiza traballos que van dende o ámbito publicitario ata o editorial, con clientes como El País, Seat ou Abanca. Os seus cómics foron publicados en revistas como Le Monde Diplomatique (Francia), Kuti Kuti (Finlandia), Stripburger (Eslovenia), Bile Noire (Francia), Mille Putois (Canadá), O Suplemento (Brasil) ou a americana Vice. As súas novelas gráficas “Las fabulosas crónicas del ratón taciturno” (2011), “Episodios Lunares” (2015) e “La deuda” (2017) foron publicadas tanto en España como en Francia.

Actualmente está desenvolvendo a serie de cómics infantís “Uxío”, con dous títulos publicados ata o momento: “Uxío” (2019) e “Uxío e amigos” (2023). No eido audiovisual dirixiu dúas curtametraxes: “La noche” (2017), baseada nun dos seus cómics, e “To Bird Or Not To Bird” (2023), gañadora do Goya a Mellor Curtametraxe de Animación na edición de 2004.

UNHA PANORÁMICA SOBRE AS DÚAS PRIMEIRAS EDICIÓNS DO PREMIO AUTOBÁN

Na súa primeira edición, celebrada en 2024, Luis Yang alzouse co galardón do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego grazas á súa obra Sunny 16. O xurado especializado do certame estivo integrado polos profesionais María Gil, historiadora da arte e investigadora; Brais Rodríguez, ilustrador e profesor; e Toño Vilaverde, libreiro especializado, que decidiron outorgarlle, tamén, un accésit con diploma a Gemma Pérez, pola súa obra Mi nick era #humeda.

Este I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024 recibiu un total de 57 proxectos, con 54 publicacións válidas. Na rolda final de clasificados foron tamén seleccionados os fanzines Macheta 7, da Asociación Artístico-Cultural Huhú e Asociación Teixo; Así somos, de Raquel Montero; e sólo una vez más, de Aisha Rey. O público puido ver e ler todas as obras presentadas a concurso na Expofanzines que acolleu o festival Viñetas desde o Atlántico no Palexco da Coruña do 12 de agosto ao 30 de setembro de 2024.

Na súa segunda edición, celebrada en 2025, Julia Abalde alzouse co galardón do II Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego grazas á súa obra La ilusión. O xurado especializado do certame estivo integrado polos profesionais Bea Lema, Luis Yang e Sira González, que decidiron outorgarlle, tamén, un accésit con diploma cunha dotación de 350 €, a Brais Rodríguez, pola súa obra Enxoval

Este II Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2024-2025 recibiu un total de 50 proxectos. Na rolda final de clasificados foron tamén seleccionados os fanzines Tales from the Whispering Realm, de Anabel Colazo; Foresta, de Eloy Hermida; e La balada del Príncipe Zarzaparrilla, de Paz Rodríguez. O público puido ver e ler todas as obras presentadas a concurso na Expofanzines que acolleu o festival Viñetas desde o Atlántico no Palexco da Coruña do 11 de agosto ao 21 de setembro de 2025.

SOBRE AUTOBÁN

Autobán é o festival coruñés de cómic autoeditado. No ano 2023, a iniciativa constitúese como asociación cultural. O seu obxectivo é a promoción da banda deseñada e a ilustración, a autoedición e a autoxestión, así como tecer unha rede de apoio para as persoas que se dedican a estas disciplinas. No seu labor inclúese a creación de eventos e actividades para a xestión de espazos nos que todos os e as amantes da autoedición sexan protagonistas.

A asociación organiza cada mes de agosto o Festival Autobán coincidindo co encontro internacional Viñetas desde o Atlántico. Trátase dun mercado de autoedición que ofrece a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais de toda a Península a oportunidade de amosar e vender o seu material. O encontro propón, tamén, combates de debuxantes, presentacións de proxectos, obradoiros, exposicións, música e gastronomía durante a súa celebración.

Por outra banda, a asociación promove, tamén, iniciativas como o Autobom, que se presenta como a edición de primavera do Autobán, coa vontade de ser un encontro entre a xente que se dedica e goza coa autoedición gráfica e a BD alternativa, con charlas, faladoiros, obradoiros e actividades diversas en torno ao mundo dos fanzines. De forma mensual, Autobán organiza, asimesmo, un Club de Debuxo con diferentes temáticas en espazos afines do sector.

En agosto de 2024, o festival de autoedición e BD Autobán celebrou o seu 10º aniversario. O ilustrador José Domingo foi o autor do cartel dese 10º Autobán, nun homenaxe a eses 10 anos de traxectoria do evento, xa que tamén foi el quen deseñou o cartel da primeira edición de Autobán celebrada en 2014. Neste 2026, Autobán regresará á Coruña no mes de agosto para celebrar a 12ª edición do evento.

Entre os fitos do Autobán nesta década de historia cabe destacar que moitas das novas promesas que gañaron o seu Combate de Debuxantes acabaron por converterse en historietistas e artistas de renome, como Xulia Vicente, Cynthia Alfonso, Xulia Pisón, Paula Freire, Teresa Ferreiro, Jorge Parras, Paz Rodríguez ou Aisha Rey.

As sedes máis populares do Autobán ao longo dos anos foron a añorada Nave 1839 e a actual Praza de San Andrés, pero o festival tense movido por toda A Coruña: celebrou edicións no espazo The Room, nos bares Old School, La Maleta, Ledicia, Meliora, Bar 13 ou Monty, na Sala Filomatic, na librería A Tobeira de Oza ou no local social A Revolteira, e tivo unha exposición antolóxica no Café de Macondo. En 2024 sumouse, tamén, o Círculo de Artesáns.

Nos faladoiros do Autobán teñen participado ducias de personalidades do sector, coma os debuxantes Emma Ríos, Natasha Bustos, Alberto Vázquez, Bea Lema, Roberta Vázquez, Manel Cráneo, Santy Gutiérrez, Alberto Guitián, Leandro Barea, Pepa Prieto Puy, Miguel Porto, Inés Cararejos ou Brais Rodríguez, os críticos Octavio Beares, Manuel Barreiro e Edu Maroño, os blogueiros Esteban Yáñez e Ghanito, a bibliotecaria Sira González ou os libreiros Toño Vilaverde e Simón Blanco. Tratáronse temas como a censura e a liberdade de expresión, a visibilidade feminista e LGTBIQ+ no mundo da banda deseñada, os diferentes eventos de autoedición galegos, o funcionamento dos colectivos autorais, o traballo dos humoristas gráficos, o paso á industria do videoxogo, o panorama fanzineiro a nivel estatal ou a historia da autoedición en Galicia.

2026.07.22.-NP-Fallo-xurado-III-Premio-Autoban-25-26

O Festival Rúa Ext-Cénica, de Oleiros, acolle este domingo, 19 de xullo, a mostra aberta da ‘Residencia Paraíso’ do artista Darío Bardam

No marco das Residencias Paraíso 2026, impulsadas polo Colectivo RPM, o bailarín canario está a traballar en residencia desde o pasado 6 de xullo na súa proposta Phantom en A Fábricaespazo que se suma por primeira vez ás Residencias Paraíso no ano do seu 10º aniversario

Phamtom céntrase na relación entre a figura do fantasma e as políticas de desidentificación, examinando os catalizadores dunha danza que excede o corpo que a baila e onde o pracer de bailar xoga un papel fundamental

Agora, o creador ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, no marco do Festival Rúa Ext-Cénica, este domingo, 19 de xullo, ás 20.00h, no Parque de Luis Seoane, en Santa Cruz, con acceso libre 

Residencias Paraíso é un proxecto impulsado por RPM, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputación de Pontevedra e Fundación Cidade da Cultura de Galicia

O pasado luns, 6 de xullo, o bailarín canario Darío Bardam iniciaba en Oleiros a súa andaina na décima edición das Residencias Paraíso, un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. E o facía en A Fábrica, en torno á súa proposta Phantom

Phantom é unha proposta que se centra na relación entre a figura do fantasma e as políticas de desidentificación, examinando os catalizadores dunha danza que excede o corpo que a baila e onde o pracer de bailar xoga un papel fundamental.

Agora, unha vez finalizada a súa residencia artística, o creador ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá lugar no marco do Festival Rúa Ext-Cénica, este domingo, 19 de xullo, ás 20.00h, no Parque de Luis Seoane, en Santa Cruz, con acceso libre. 

Paralelamente, o artista participará, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2026’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Simón, en Redondela.

Residencias Paraíso é un proxecto impulsado por RPM, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e das distintas institucións coprodutoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputación de Pontevedra e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

SOBRE O PROXECTO

Phantom, a última produción de Darío Bardam, céntrase na relación entre a figura do fantasma e as políticas de desidentificación, seguindo as liñas de investigación desenvolvidas nos seus proxectos “seguir movendo” e “ES UN NO PARAR”, que examinan os catalizadores dunha danza que excede o corpo que a baila (ritmo, repetición, retroalimentación, arquivo, mirada, voz, entre outros).

En Phantom, experiméntase con distintos beats e melodías a través de sets de DJ, xunto coa superposición de sombras e luces como aparello teatral; construíndo un corpo fantasmagórico que se desvanece para deixar espazo a que todo baile. 

Na base de todo o proxecto, o pracer de bailar desempeña un papel fundamental.

Phantom estréase en Tenerife en outubro de 2026.

SOBRE O ARTISTA

Darío Bardam é un bailarín canario cuxa práctica artística explora a danza como forma autónoma de coñecemento, así como as prácticas de desidentificación como mecanismos de mediación.

Formouse en Teatro Victoria (Tenerife), Institut del Teatre (Barcelona), DOCH – Escola de Danza e Circo (Estocolmo) e JLU – Universidade de Giessen (Alemaña). Ao longo da súa traxectoria, colaborou como bailarín, co-creador e intérprete con Cullberg, Aleksandar Georgiev, Deborah Hay, Cristina Caprioli, Ofelia Jarl Ortega, Philip Berlin e Poliana Lima, entre outras. 

É co-dreamer do proxecto-institución ICC (Imaginative Choreographic Center), cofundador do equipo artístico STEAM ROOM e membro da xunta directiva da asociación PiedeBase (Canarias). Darío codirixe, xunto con Beatriz Bello, o LAV-C (Laboratorio de Artes Vivas e Cidadanía de Canarias).

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS RESIDENCIAS PARAÍSO

Residencias Paraíso é un programa de residencias artísticas deseñado e coordinado polo Colectivo RPM ––entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia––, co apoio de numerosas institucións, en activo desde o ano 2017. A través dunha convocatoria anual, acompáñanse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas á danza e as artes vivas en colaboración con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigación, creación e técnicas.

A convocatoria anual das Residencias Paraíso publícase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepción de propostas. Está aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre dúas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotación económica de entre 1.500 e 3.000 €, segundo as necesidades do proxecto. 

Paralelamente, en diálogo coas artistas, deséñase unha programación expandida específica para acompañar cada unha das residencias. Este concepto de programación expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creación cara á comunidade. Nalgúns casos, actívanse mostras abertas dos procesos, prácticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creación, conferencias, etc. 

Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, é dicir, pódese participar cun proxecto de investigación, un proxecto de creación ou para realizar unha residencia técnica. Cada ano, no mes de setembro, organízase un encontro coas e cos artistas Paraíso da edición en curso na Illa de San Simón. Este encontro é unha convivencia de tres días, un espazo compartido entre artistas Paraíso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas á rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en vídeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo histórico que se amplía ano tras ano.

Ao longo da súa historia, nas Residencias Paraíso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Luísa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia Vázquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compañía Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, María Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo, Sergio Marey, Bal Castro ou Isabel do Diego, entre moitas outras.

Entre os 209 proxectos recibidos na actual convocatoria, a cifra máis elevada da súa historia, o Colectivo RPM seleccionou a Álvaro Corral Cid & Gabi Reboredo; Blanca Gómez Terán; BFlecha, Mwëslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir & Pablo Lilienfeld; Darío Bardam; Disiden.Cia; Fran Martínez; Jandross Rodríguez; Óscar Bueno; Pedro Vilela e Sara Somoza & Ismael Eirexas Romeü como ‘Artistas Paraíso 2026’. 

Residencias Paraíso é un proxecto de Colectivo RPM en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Industrias Culturais. Está coproducido pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Oleiros, o Concello de Ponteareas, o Concello de Ribadavia, a Deputación de Pontevedra e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia. E conta coa colaboración do Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego, o Vello Cárcere de Lugo, o FIOT de Carballo, o Pazo da Cultura de Narón, a MIT de Ribadavia, Artistea, o Padroado da Cultura do Concello de Narón e a Bienal de Pontevedra.

SOBRE O COLECTIVO RPM

Colectivo RPM é un colectivo de artistas vencellados á danza e ás artes vivas que imaxina, deseña e acompaña proxectos contextuais desde Galicia. Mantén un claro compromiso polo diálogo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creación contemporánea, a investigación e a visibilidade da comunidade artística da danza e as artes vivas. Ademais do acompañamento de artistas e procesos, o colectivo tamén xera diálogos e accións coas comunidades locais para achegar a práctica artística á cidadanía.

Dentro das liñas de acción do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Paraíso –construído cunha rede de teatros e espazos cómplices en Galicia– que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programacións expandidas abertas ao público. Este programa esténdese fóra de Galicia na liña Cruceiros Paraíso que posibilita abrir liñas de colaboración con outros espazos estatais e internacionais.

José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest como solista do Portus Apostoli

José Antonio Domené durante a actuación que ofreceu no Noia Harp Fest de 2021 © Jerry Elefarte

A Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de César Ramos, interpretará Alén do azul, a obra gañadora, composta polo coruñés Teo Montero Rey

O concerto inaugural da 13ª edición do Noia Harp Fest terá lugar o 29 de xullo, ás 20.30 horas, no Teatro Coliseo Noela

O arpista José Antonio Domené será o solista encargado de protagonizar a gala de entrega do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, o concerto que abrirá a 13ª edición do Noia Harp Fest o vindeiro 29 de xullo no Teatro Coliseo Noela. Domené sumarase á Real Filharmonía de Galicia para interpretar a estrea absoluta de Alén do azul, a obra coa que o compositor coruñés Teo Montero Rey gañou a cuarta edición deste certame. Nesta ocasión, a orquestra estará dirixida polo mestre César Ramos.

Creaado no ano 2022 por iniciativa do Noia Harp Fest, o Premio Internacional de Composición Portus Apostoli nace co obxectivo de ampliar o repertorio existente de pezas para arpa e orquestra. Grazas á estreita colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, o festival vén estreando cada verán as partituras gañadoras do certame.

Nesta última convocatoria, a obra elixida polo xurado -composto polo compositor Fernando Buide, o director de orquestra Fernando Briones e as arpistas Céline Landelle e Alba Barreiro- foi a de Teo Montero Rey (A Coruña, 2005), fallada o pasado mes de febreiro. O tribunal salientou dela unha escritura orquestral “moi sólida e orgánica, con texturas interesantes e contrastes instrumentais”, ademais dunha parte de arpa “moi variada e que utiliza tecnicamente moi ben o instrumento”. “Estruturalmente conta cunha boa narrativa musical. A cadencia de arpa e un clímax orquestral constrúen un arco dramático final moi coherente”, apuntou o xurado.

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o concerto inaugural do Noia Harp Fest © RFG

José Antonio Domené

José Antonio Domené é un dos arpistas españois máis destacados da súa xeración. Nado en Alberca de las Torres (Murcia), graduouse no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e no Royal College of Music de Londres, e é doutor en Música pola Universidad Politécnica de Madrid. Arpista titular da Oviedo Filarmonía e colaborador principal da Orquesta Sinfónica de Navarra, imparte clases no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, ademais de ter exercido como profesor asociado de música de cámara e repertorio orquestral no Conservatorio de Reggio Emilia (Italia).

Domené colaborou coas principais formacións españolas (incluídas a Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta Nacional de España ou a do Teatro Real) e con orquestras de Francia, Alemaña, Italia, Portugal, Rusia ou os Estados Unidos. Membro fundador da Asociación Española de Arpistas (AEDA), conta tamén cunha destacada discografía e numerosas gravacións en directo para Radio Clásica (RNE) e Catalunya Música.

Jose Antonio Domené regresa á vila de Noia logo da súa actuación no festival no ano 2021

Noia Harp Fest

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrará a súa 13ª edición do 29 de xullo ao 1 de agosto. O único evento cultural do noroeste peninsular dedicado á arpa consolida neste 2026 a súa aposta pola innovación, a creación propia e a diversidade de estilos: o seu cartel reúne desde a música clásica e antiga ata o jazz, a electrónica e a canción de autor. Serán dez concertos, todos eles de acceso gratuito, nos que haberá un forte protagonismo das mulleres arpistas. Beatriz Martínez, Maeve Gilchrist, Neleta Ortiz, Siobhán Armstrong, Sona Jobarteh ou Park Stickney son algunhas das figuras que actuarán en Noia. 

O evento é unha iniciativa promovida por Nalgures Producións cuxa dirección artística recae na Asociación Cultural Noia Harp Fest. Conta co apoio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e do proxecto Concertos do Xacobeo. Tamén colaboran a Sociedade Cultura Recreativa Liceo de Noia, a Asociación Española de Arpistas (AEDA) e a Deputación Provincial da Coruña e Acción Cultural Española. Todos os concertos serán de acceso libre ata completar capacidade.


Programación completa do Noia Harp Fest 

29.07, Teatro Coliseo Noela | Real Filharmonía de Galicia e José Antonio Domené. Estrea de ‘Alén do azul’, gañadora do Premio Portus Apostoli 2025

30.07, Liceo de Noia | V Encontro de Escolas e Alumnado de Arpa de Galicia

30.07, Teatro Coliseo Noela | Maeve Gilchrist

30.07, Teatro Coliseo Noela | Beatriz Martínez e Acacia Ojea

31.07, Igrexa de Santa María A Nova | Siobhán Armstrong

31.07, Teatro Coliseo Noela | Banda do NHF con Su Garrido Pombo

31.07, Teatro Coliseo Noela | Park Stickney: Gustaf, Frederick & Isabel Trio

01.08, Igrexa de San Francisco | Manuel Vilas e Entrebescant

01.08, Claustro de San Francisco | Neleta Ortiz

01.08, Praza do Tapal | Sona Jobarteh

A Igrexa da Madalena de Ribadavia, no marco da MIT, acolle este sábado, 18 de xullo, a mostra abertada ‘Residencia Paraíso’ do artista Pedro Vilela

No marco das Residencias Paraíso 2026, impulsadas polo Colectivo RPM, o artista, comisario e investigador brasileiro está a traballar en residencia desde o pasado 8 de xullo na súa proposta Zoombies

Mesturando teatro, discurso político e cultura pop, o espectáculo revela como o medo e a deshumanización foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial

Agora, o creador ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá lugar no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, mañá sábado, 18 de xullo, ás 20.00 horas, na mesma Igrexa da Madalena, con acceso libre ata completar a capacidade do espazo

Residencias Paraíso é un proxecto impulsado por RPM, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputación de Pontevedra e Fundación Cidade da Cultura de Galicia

O pasado mércores, 8 de xullo, o artista, comisario e investigador Pedro Vilela iniciaba a súa andaina na décima edición das Residencias Paraíso, un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM.

E o facía na Igrexa da Madalena, no marco da MIT de Ribadavia, en torno á súa proposta que ten por título Zoombies. Mesturando teatro, discurso político e cultura pop, o espectáculo revela como o medo e a deshumanización foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial.

Agora, unha vez finalizada a súa residencia artística, o creador ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá tamén lugar dentro do programa da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, na mesma Igrexa da Madalena, este sábado, 18 de xullo, ás 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade do espazo.

Paralelamente, o artista participará, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2026’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Simón, en Redondela.

Residencias Paraíso é un proxecto impulsado por RPM, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e das distintas institucións coprodutoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputación de Pontevedra e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

SOBRE O PROXECTO

A obra utiliza a figura do zombi como metáfora para explorar como, ao longo da historia, construímos inimigos externos. Mesturando teatro, discurso político e cultura pop, o espectáculo revela como o medo e a deshumanización foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial.

SOBRE O ARTISTA

Pedro Vilela (20 de xaneiro de 1985, Recife, Brasil) é artista, comisario e investigador nas áreas das artes performativas e dos estudos decoloniais, cunha traxectoria consolidada entre Brasil e Portugal. É doutor en Educación Artística pola Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto e mestre en Artes Escénicas pola Universidade Federal da Bahía, ademais de investigador vinculado ao I2ADs – Instituto de Investigación en Arte, Deseño e Sociedade.

Entre 2009 e 2015, foi xestor e director artístico do Grupo Magiluth, un dos principais grupos do Brasil. Neste colectivo, dirixiu: O CANTO DE GREGÓRIO; VIÚVA, PORÉM HONESTA e LUIZ LUA GONZAGA, sendo as dúas últimas realizadas por convite da Fundación Nacional das Artes (FUNARTE). Posteriormente, desenvolveu a plataforma TREMA!, consolidando a súa traxectoria autoral, con ALTÍSSIMO e TERRORISMO

Vivindo en Portugal desde 2019, creou para o programa Cultura en Expansión o espectáculo itinerante TRAVESSIA, a partir do testemuño de 50 inmigrantes brasileiros; estreou FIGUEIREDO, sobre o xenocidio indíxena durante a ditadura militar brasileira; GRANDE NELSON, en colaboración con Diego Aramburo, figura clave das artes escénicas bolivianas; FISSURA, en colaboración co premiado dramaturgo brasileiro Alexandre Dal Farra; e PRIMAVERA, en colaboración co dramaturgo chileno Alexis Moreno. Tamén participou en coproducións internacionais como ESTRECHO/ESTREITO e G.O.L.P., xunto ao Teatro La María (Chile) e ao Teatro Experimental do Porto (Portugal), ademais de performances con colectivos españois como NyamNyam e Azkona&Toloza.

Formou parte do WEYA – World Event Young Artist (2012), en Nottingham, e do Programa Momentum, en Edimburgo (2017), por convite do British Council. O seu traballo foi destacado pola revista Antro Positivo en 2023 como un dos principais directores escénicos en activo no Brasil, sendo ademais o primeiro latinoamericano galardoado co Premio Magaly Muguercia (Iberescena, 2024).

Como comisario, asinou a programación do TREMA! Festival en Recife (2012-2022) e da Central Eléctrica (2019–2025), espazo no Porto xestionado por Circolando, destacando o VOLTS – Encontro Internacional de Artes Performativas. Desde 2019 colabora tamén no apoio curatorial do FITEI. En 2023, concibiu Quilombo_TREMA!, dedicado a artistas negros e racializados, cuxa segunda edición terá lugar en 2026.

Entre 2015 e 2020, fundou e coordinou a revista TREMA! e foi crítico da revista Continente. Actualmente integra a plataforma internacional Performing Borders e redes como IETM e Aerowaves, participando en proxectos financiados por Erasmus+, Culture Moves e Creative Europe.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS RESIDENCIAS PARAÍSO

Residencias Paraíso é un programa de residencias artísticas deseñado e coordinado polo Colectivo RPM ––entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia––, co apoio de numerosas institucións, en activo desde o ano 2017. A través dunha convocatoria anual, acompáñanse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas á danza e as artes vivas en colaboración con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigación, creación e técnicas.

A convocatoria anual das Residencias Paraíso publícase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepción de propostas. Está aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre dúas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotación económica de entre 1.500 e 3.000 €, segundo as necesidades do proxecto.

Paralelamente, en diálogo coas artistas, deséñase unha programación expandida específica para acompañar cada unha das residencias. Este concepto de programación expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creación cara á comunidade. Nalgúns casos, actívanse mostras abertas dos procesos, prácticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creación, conferencias, etc.

Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, é dicir, pódese participar cun proxecto de investigación, un proxecto de creación ou para realizar unha residencia técnica. Cada ano, no mes de setembro, organízase un encontro coas e cos artistas Paraíso da edición en curso na Illa de San Simón. Este encontro é unha convivencia de tres días, un espazo compartido entre artistas Paraíso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas á rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en vídeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo histórico que se amplía ano tras ano.

Ao longo da súa historia, nas Residencias Paraíso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Luísa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia Vázquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compañía Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, María Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo, Sergio Marey, Bal Castro ou Isabel do Diego, entre moitas outras.

Entre os 209 proxectos recibidos na actual convocatoria, a cifra máis elevada da súa historia, o Colectivo RPM seleccionou a Álvaro Corral Cid & Gabi Reboredo; Blanca Gómez Terán; BFlecha, Mwëslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir & Pablo Lilienfeld; Darío Bardam; Disiden.Cia; Fran Martínez; Jandross Rodríguez; Óscar Bueno; Pedro Vilela e Sara Somoza & Ismael Eirexas Romeü como ‘Artistas Paraíso 2026’.

Residencias Paraíso é un proxecto de Colectivo RPM en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Industrias Culturais. Está coproducido pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Oleiros, o Concello de Ponteareas, o Concello de Ribadavia, a Deputación de Pontevedra e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia. E conta coa colaboración do Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego, o Vello Cárcere de Lugo, o FIOT de Carballo, o Pazo da Cultura de Narón, a MIT de Ribadavia, Artistea, o Padroado da Cultura do Concello de Narón e a Bienal de Pontevedra.

SOBRE O COLECTIVO RPM

Colectivo RPM é un colectivo de artistas vencellados á danza e ás artes vivas que imaxina, deseña e acompaña proxectos contextuais desde Galicia. Mantén un claro compromiso polo diálogo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creación contemporánea, a investigación e a visibilidade da comunidade artística da danza e as artes vivas. Ademais do acompañamento de artistas e procesos, o colectivo tamén xera diálogos e accións coas comunidades locais para achegar a práctica artística á cidadanía.

Dentro das liñas de acción do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Paraíso –construído cunha rede de teatros e espazos cómplices en Galicia– que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programacións expandidas abertas ao público. Este programa esténdese fóra de Galicia na liña Cruceiros Paraíso que posibilita abrir liñas de colaboración con outros espazos estatais e internacionais.