CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR na Feira do Libro de Lugo

CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR na Feira do Libro de Lugo

Dentro do seu itinerario de presentacións, o poemario CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR da escritora chairega María Xosé Lamas fará a súa próxima parada na Feira do Libro de Lugo o vindeiro  domingo, día 21 de maio ás 13 h. Nesa presentación acompañará á citada autora o tamén escritor Toño Núñez. Lembrar que este poemario foi galardoado co Premio Arume de Poesía da Fundación Xosé Neira Vilas.

FALLO I CERTAME VILARIÑAS

FALLO I CERTAME VILARIÑAS

Andrea Araújo Alonso, da Guarda e residente en Tomiño é a gañadora do Primeiro Certame de Micropoesía da Chaira
coa <VILARIÑA> “Teño un pintor”. Andrea estuda artes escénicas na Escola Superior de Vigo.


O segundo premio foi para o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra, coa <VILARIÑA> “Gran carballo”.


En terceiro lugar, o profesor e escritor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna e residente en Lugo, coa <VILARIÑA> “Abrín os ollos”.
As 150 <VILARIÑAS>, de grande nivel, recibidas de distintos lugares da xeografía galega, serán publicadas nos vindeiros días en www.culturaliagz.com.

Para a entrega de premios organizaremos un acto poético público.

Tanto pola participación como pola calidade dos poemas, consideramos un éxito esta primeira edición das <VILARIÑAS> cuxo nome, en homenaxe ao poeta dos Vilares, e en concreto do lugar do Vilariño, conta xa con outra proposta poética orixinal e aberta á participación de quen o desexe pola súa sinxeleza.

A dificultade da escolla dos premiados é a demostración da alta calidade das <VILARIÑAS> apresentadas a este certame creado pola NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares.

*Información facilitada polas entidades convocantes.