Este sábado, día 13 de maio, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María haberá un COLOQUIO-CONCERTO de FADO. A actividade será introducida polo guitarrista bracarense Artur Caldeira (licenciado e mestre en Guitarra Clásica e Interpretación Artística e profesor na Escola Superior de Música de Artes do Espectáculo do Porto), que achegará ás persoas que asistan unha introdución deste estilo musical portugués. Na mesa tamén estará acompañado por Daniel Paredes (guitarrista. Licenciado e mestre en Guitarra Clásica e Interpretación Artística) e Iria Estévez (cantora galega de fado e músicas de raíz).
Logo do coloquio, Artur, Daniel e Iria darán un recital musical de Fado.
A entrada é libre mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621