A semana pasada finou na súa casa dos Ares, nos Vilares, Asunción Lobeiras Díaz con 101 anos cumpridos e máis dun século de memória como testemuña dunha época trascendental. Non son moi amigo de lembrar nin homenaxear a xente despois de morta, máis a Asunción xa a homenaxeamos en vida coa distinción do Prémio Trapeira de Honra neste ano que se vai porque representou perfectamente a todas as mulleres do rural, anónimas, que en tempos tan difíceis como a guerra civil, a posguerra, a escasez de recursos, as necesidades máis básicas convertiron a estas mulleres en autenticas heroínas e grazas ás cais gozamos dunha vida mellor. No caso de Asunción, viúva de moi nova e con fillos pequenos por criar, foi dobremente difícil, máis nunca lle faltou o seu sorriso até o último suspiro de vida.
Lonxe de calquera foco mediático, no anonimato de milleiros de mulleres do rural, Asunción é hoxe para nós a imaxe das mulleres galegas loitadoras, un icono de dignidade.
A nosa Trapeira de Honra, honrada na entrega do premio por mulleres exemplares de hoxe como Tereixa Novo (Fuxan os Ventos), María X
osé Silvar SÉS, Arantxa de Galindo (Los Satélites), Sandra Tenreiro, as mulleres poetas Guitiricas da NPG ou Pas Veres, formará parte da nosa lembranza colectiva como modelo de loita, sacrifício e amor pola súa tribu desde o traballo silencioso.
Con Asunción ao igual que con outra moita xente maior do nóso rural, vaise a lembranza doutros tempos, a sabiduria popular e e o exemplo dunha xeneración inigualabel. Con eles vai morrendo, tamén, o nóso rural, a nosa cultura popular e con ela as nosas orixes, o que somos. Sin memória morremos como pobo, por iso manter na lembranza a persoas como Asunción dos Ares, contribúe afacer país porque persoas como ela son a nosa esencia; a humildade, o traballo, o compromiso, a loita e a alegría.
Sempre en nós, Asunción dos Ares, Trapeira de Honra.
Antón de Guizán, Presidente da Asociación Sócio-Cultural
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
*Imaxes de Asunción Lobeiras (premio Trapeira de Honra 2017) e con Pastora Veres.