
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe AS LIÑAS DESCONTINUAS, de Anxos Fazáns, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta QUINTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 27 de setembro de 2026, ás 20:00h.A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es.
NOTA-linas-discontinuas