O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos programados para o primeiro trimestre do ano, organiza o xoves 7 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a proxección do documental “AS SILENCIADAS”, realizado por PABLO CES, con guión do propio Pablo Ces e de AURORA MARCO, que levou a cabo un importante traballo de investigación sobre o tema, e que estará presente no acto para facer a introdución ao documental así como participar na charla-coloquio posterior á súa proxección. A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
NOTA-INFORMATIVA-22AS-SILENCIADAS22Entradas recientes
- O IESCHA organiza as I Xornadas Micolóxicas polo espazo natural do Monseivane
- Concerto de MINGUANTE, coa presentación do seu traballo musical PEQUENOS INCENDIOS, na Casa-Museo Manuel María
- Titzina e El Brujo poñen o broche de ouro á 35ª edición do FIOT, que despide seis semanas de teatro en Carballo
- Actos do IESCHA no mes de novembro
- Os Premios PALCO elixen a The Rapants como Artista do Ano e á Fundación Paideia como Persoa do Ano 2026
