O domingo 18 de xuño de 2023, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe AS BESTAS, do director RODRIGO SOROGOYEN. Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva online na páxina https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional (ao igual que acontecera con Matria), aboar a cantidade de 3,50 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.
NOTA-INFORMATIVA_AS-BESTASEntradas recientes
- A Casa-Museo Manuel María organiza unha CAMIÑADA POR MARTUL
- Pregón das Festas de San Ramón e Santa María 2026, por Daniel Veiga Roca
- Proxección da longametraxe AS LIÑAS DESCONTINUAS, de Anxos Fazáns, no Auditorio Municipal de Vilalba
- O artista Jandross Rodíguez inicia a súa RESIDENCIA PARAÍSO 2026 na Casa da Cultura de Vimianzo
- VI Magosto Cal da Loba*
