HENKO A mirada de Miguel Díaz
Título: NEGACIÓN

Queres entendelo e deaí agroma o barullo. Non cabe, non é un espazo racional.
Un cadaleito flota nun mar en calma, nun todo extinguiblesansanícase unha sucesión de incomprensións. Un ruído inevitable decadeas. A presenza continua dunha negación.
Non existe nada, tampouco nós. Anque o diga, anque nos pronuncie, o certo é que non sei como contarche que trazo no aire unha palabra branda, frouxa, baldía. Unha expresión allea. Non tepodo conxugar porque non son.
Tecida, vaga unha inconsistencia que non mecontempla, amarrada a un lóstrego que non defineningún camiño. Non hai ninguén aquí, onde noutrora houbo unha espera de ti, unha mirada na túa procura, que hoxe se dilúeenganchada a ese outro, que é soamente unha idea de min.
