A 7ª edición do recital poético-musical vai ser, ten que ser por forza, virtual.
Data de emisión: Venres, 1 de maio, ás 16:00h.
Con Iolanda Aldrei, Chus Amieiro, Marta Dacosta Alonso, Alicia Fernández, Antonio García Teijeiro, Míriam Ferradáns, Montse González Alvarez Magadán, María Xosé Lamas, Martiño Maseda, Rebeca Maseda Longarela, Juan Carlos Mestre, César C. Morán Fraga, Carlos Negro, Olga Novo, Toño Núñez, Lois Pérez, Henrique Rabuñal Corgo, Baldo Ramos, Manuel Rivas, Iván Siso Calvo, Lorena Souto, Paloma Suanzes, Eva Veiga, Eduard Velasco e Ana Vila Portomeñe.
BASES Primeira. Poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade… Segunda. Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.000 euros. Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables segundo a lexislación vixente. Terceira. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, que se reserva os dereitos de edición da obra premiada nos 1.500 primeiros exemplares. Entregaránselle ao/á gañador/a 30 exemplares. Cuarta. A obra terá unha extensión libre e presentarase encadernada, por cuadriplicado, en papel impreso polas dúas caras, tamaño DIN A4. Presentarase baixo o sistema de plica, polo que se enviará cun sobre á parte; no exterior do sobre figurará só o lema e no interior incluirase o título da obra, o lema, unha copia do NIF do/a autor/a, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico. Quinta. O prazo de presentación de orixinais comezará o 23 de abril de 2020, Día Internacional do Libro e prolongarase até o día 12 de xullo de 2020 (cuarto cabodano de Agustín Fernández Paz). Sexta. O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio cultural. Emitirá o ditame, que será inapelable, na última semana do mes de outubro de 2020. O xurado poderá declarar o premio deserto. Sétima. A entrega do premio terá lugar nun acto do que se dará conta oportunamente. Oitava. Os orixinais remitiranse a: IV Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS Praza de Suso Gayoso, 1 (Casa da Cultura) Apartado de Correos , nº 39 27800 Vilalba (Lugo) Novena. Os orixinais non premiados poderán recollelos os/as respectivos/as autores/as no local do Instituto de Estudos Chairegos (Casa da Cultura de Vilalba) durante un período máximo dun mes despois do ditame do premio. Os que non se recollan nese prazo serán destruídos. Décima. A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
CONVOCATORIA DO IV PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE
ENTREGA DE TRABALLOS, DO 23 DE ABRIL AO 12 DE XULLO DE 2020
Comezabamos a espirnos cando o primeiro contaxio anulou as palabras que recendían a camiño ignoto e falazmente transitable. Decretouse o silencio na cartografía da casa. No seguinte impulso puxéronlles bozos a aqueles que arelaban trabar a apetecible carne da lascivia. E deixamos de ser inocentes, de mirarnos con fiúza, confinados na noite da nosa malicia. A primavera aletargou os afectos. E fuximos de nós mesmos con icario devezo cara ao lume dun solpor obsceno que nos persuadía. Talvez xa non sexamos quen de suturar a fenda do sacrilexio cometido contra a semántica dos soños. Agora a quentura da pel abomina a sintaxe pétrea dun tempo que regañou polas súas costuras íntimas. E a mirada albisca un horizonte de aves ventureiras. O ser carnívoro sempre chama dúas veces.
Dado o estado de alarma sanitaria que vivimos, e como non é posible a celebración na súa totalidade do Día das Letras Galegas de 2020 na persoa de Ricardo Carvalho Calero, o IESCHA solicita á RAG que garanta que esa celebración se prorrogue e se realice no Día das Letras Galegas 2021.
No seguinte enlace pódese acceder a tal solicitude.
Debido á situación excepcional na que nos atopamos, e despois da grande acollida deste Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2020, decidimos ampliar o prazo de entrega de traballos ata o 8 DE MAIO DE 2020. Obviamente, mentres dure este estado extraordinario, os prazos de fallo do xurado e entrega de premios tamén sufrirán modificación nas súas datas, que serán publicitadas no momento pertinente.