
Continuando coa programación prevista para este mes de febreiro co gallo da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a OFRENDA FLORAL A ROSALÍA AO CARÓN DO SEU MONÓLITO.
O acto levarase a cabo o luns 23 de febreiro de 2026, ás 12:30 horas, no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA.
Ademais da ofrenda floral, Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, procederá a dar lectura ao Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, co lema ‘Mais eles tamén perdidos’, escrito por EVA VEIGA, da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).
Así mesmo, haberá tempo para o apartado de LECTURA DE TEXTOS ABERTA AO PÚBLICO.
