HENKO: A mirada de Miguel Díaz
Título: Resiliencia
Resiliencia
Eu non sei, amor, se te quero ou se só teño un desexo incontrolable de te querer.
E pronuncio “amor” desexando amarte, tamén con esas partes que me faltan.
Título: Resiliencia
Resiliencia
Eu non sei, amor, se te quero ou se só teño un desexo incontrolable de te querer.
E pronuncio “amor” desexando amarte, tamén con esas partes que me faltan.
A Asociación Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es, convoca o I CERTAME DE CALIGRAMAS “CONSTANZA DE CASTRO”.
Descargar BASES
Descargar AUTORIZACIÓN
A Asociación Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es, convoca o I CERTAME DE DEBUXO INFANTIL “A TÚA CALDALOBA”.
Descargar BASES
Descargar AUTORIZACIÓN
Despois dun parón forzoso por motivo do Covid-19; a A.R.C. San Martiño de Pino, inicia as súas actividades coa realización do I MAGOSTO CAL DA LOBA, o cal se tivo que pospoñer o pasado ano. Tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e co rexistro dos asistentes, terá lugar o próximo 23 de outubro de 2021.
Nesta data tamén se dará a coñecer o fallo do I Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba” e o I Certame de Caligramas “Constanza de Castro”, ambos certamen son convocados en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre de Caldaloba.
Toda a información se pode atopar nas distintas webs e redes sociais dos convocantes.
Descargar cartel informativo da actividade.
O sábado 4 de setembro de 2021, ás 12:00 h., na entrada da Casa da Cultura de Vilalba celebrarase o acto de inauguración da escultura de MANUEL MARÍA, realizada polo canteiro JOSÉ GÓMEZ DE BERNARDO e doada ao pobo de Vilalba polo Instituto de Estudos Chairegos.
Velaquí a nota informativa das tres exposicións que organiza o IESCHA en Vilalba.