Lisasinson, The Homens, Rata Negra, Playa Nudista, The High Learys, Naitinain e Pidechas o corpo o sábado e De Ninghures e Orquesta Neverloura o domingo completan o cartel do festival que se celebra os vindeiros 27 e 28 de setembro en Sigüeiro.
O de Oroso é un festival con estilo. Con personalidade. Ano tras ano o Psicotroita fai a súa maxia e mestura artistas de aquí e de acolá para ofrecernos o seu cóctel particular. Un que sabe guitarreiro, a garaxe, a power pop, a rock&roll, a psicodelia, a sofás de herba seca, á agulla do vinilo. O que ten de vintage, que algo ten, tamén o ten de presente e de futuro. Este ano celebra décimo aniversario e faino expandido datas, dous días, e contidos.
O festival comezará o sábado 27 e será esta a xornada na que poidamos ver de novo aos número un do power pop galego, The Homens. Un concerto reunión que fai do de Oroso un escenario único que compartirán con grupos emerxentes do noso pop rock como Naitinain. O punki-pop luminoso das valencianas Lisasinson, a mordacidade dos madrileños Rata Negra, a psicodelia garaxeira dos australianos The High Learys, as vibracións surfeiras e sesenteras das arxentinas Playa Nudista e a sesión de picadiscos de Pídechas o corpo completan o cartel do día grande do Psicotroita.
Para o domingo 28 a cita de Oroso propónnos unha sesión vermú expandida e desenfadada na que poderemos bailar coa Feira dun dos grupos do momento, De Ninghures e co divertido espectáculo dos vigueses Orquesta Neverloura. Dous días de música e gastronomía para festexar estes dez anos dun festival que destaca polo seu estilo pero tamén polo seu carácter familiar e pola comodidade da súa ubicación nun espazo verde e aberto como é a Area Recreativa do Paseo do Carboeiro. Como cada ano, contará con postos de comida populares, con menús vegano ou sen glute, e con zonas para sentar a xantar á sombra sen ter que perder de vista o escenario.
O Psicotroita 2025 está patrocinado polo Concello de Oroso, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña e conta co apoio de Deleite – a marca de Leite Noso que ano tras ano continúa a súa aposta pola cultura galega – de Vibra Mahou – a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas, que impulsa experiencias cinco estrelas en torno ao directo – e das Bodegas Lodeiros. A cita que medra e fideliza público dende 2012 ofrecendo singularidade e personalidade, o festival co que comezar ben o outono, é de balde e celébrase a partir da unha da tarde os vinderios 27 e 28 de setembro, en Sigüeiro.
Como novidade neste 2025, o espectáculo ‘Un baile ceibe’,de Fran Sieira Compañía de Danza, poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo este xoves, 4 de setembro, a partir 19.30h,durante o acto de presentación do #FIOT34, con entrada libre para todos os públicos ata completar a capacidade da sala
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presentará o vindeiro xoves, 4 de setembro, a programación completa da súa 34ª edición. A cita será a partir das 19.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura e contará coa participación dos representantes do Concello de Carballo, a dirección do festival e as entidades patrocinadoras (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Fundación Luis Calvo Sanz), que estarán acompañados por socios de Telón e Aparte, compañías e artistas participantes, prensa e convidados. O acto está aberto a todos os públicos que desexen sumarse, xa que, como novidade neste 2025, o espectáculo Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza, poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo durante o acto de presentación do #FIOT34, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, este xoves, 4 de setembro, a partir das 19.30h.
Prégase confirmación de asistencia.
CONVOCATORIA DE PRENSA DATA: venres 6 de setembro HORA: 19.30 horas LUGAR: Auditorio doPazo da Cultura de Carballo (rúa do Pan, s/n) ACTO: Presentación da 34ª edición do FIOT de Carballo e o seu programa completo Coa representación especial da función Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza ENTRADA LIBRE PARA TODOS OS PÚBLICOS ATA COMPLETAR A CAPACIDADE DA SALA
SOBRE O ESPECTÁCULO
Un baile ceibeé unha peza coreográfica para espazos non convencionais de 25 minutos de duración, con dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez. Executada por catro intérpretes, conta con música de MounQup (Camille Hedouin), a partir de cancións de Carlos Quintá, e coa colaboración de Úrsula Rial. O vestiario é de Vestuario de Érica Oubiña, cunha colaboración especial de Eferro.
Un baile ceibetraballa sobre o xénero e as súas maneiras de operar en diferentes ámbitos da cotianidade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. A peza peflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes, cara á disidencia, para, desde aí, propoñer e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Asimesmo, Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas, para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos, e así poder abordar o tema desde unha perspectiva feminista e en relación coas cuestións LGTBIQ+.
Con esta presentación, O #FIOT34 da un paso máis na súa posta en valor da raíz, a súa apertura aos proxectos participativos –coa organización dun obradoiro previo impartido pola compañía de Fran Sieira con bailadores e bailadoras da zona de Carballo, que participarán, tamén, nesta presentación do xoves 4 de setembro no Pazo da Cultura- e a súa aposta pola apoio e a visibilización do talento galego.
Sabela continua adiantando os sinxelos que conformarán o seu próximo EP, previsto para os próximos meses, co recente lanzamento de Cerca de ti. Este novo tema, caracterizado por unha produción minimalista, é un agradecemento a todo ese amor bondadoso que transmiten os nosos animais. Unha vez máis, como xa pasou no seu anterior adianto, Camponarai, Sabela mergulla na súa faceta como produtora, producindo integramente a canción e buscando un carácter minimalista que xerase tenrura, cunha idea de son que tivo clara dende o principio e que só tivo que ir desenvolvendo e explorando para chegar a el.
A artista galega enfoca novamente a súa visión cara a vida no campo, elemento continuo seguido nos adiantos do seu EP, desta vez centrando a temática nos animais e situando a súa sonoridade nesa calma que se sinte no rural. A modo de curiosidade, Sabela desvela que os paxaros que soan no inicio de Cerca de ti é un sample inspirado nos sons que percibe dende o seu estudio, e que polo tanto imita aos paxaros que escoita mentres compón. Desta maneira, mantén a súa forte aposta por dar voz e poñer no mapa musical á creación e a vivencia do rural.
A portada do tema destaca pola homenaxe á memoria de Lolo, un dos animais de Sabela máis coñecidos polo seu público. Durante as longas xornadas de composición no estudio era unha das súas grandes compañías, xa que lle encantaba acomodarse canda ela mentres compoñía. Desa forte conexión con el, así como do resto de animais que a artista ten na casa, nace este tema íntimo e profundo, á par que minimalista.
Desta maneira, Sabela segue acrecentando este momento doce arredor da súa música que está a vivir. Tras a gran acollida dos primeiros adiantos, Hi, My love, Eu espero aquíeCamponarai, así como das dúas extensas xiras por salas de España e Galicia, a artista recolleu os froitos do traballo feito en forma de recoñecementos, recibindo o Premio Martín Códax da Música na categoría de Pop e Indie. A artista encara desta forma un ano no que se publicará o seu tan esperado traballo discográfico en forma de EP.
MÁIS SOBRE SABELA
Sabela Ramil é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela converteuse xa no gran alicerce deste xénero en Galicia. As súas cancións acumulan centos de miles de reproducións, conquistando con grandes xiras en directo importantes salas ao longo de España e de Galicia, así como festivais da talla de O Son do Camiño, BIGSOUND Pontevedra,SonRías Baixas,Festival do Pasatempo ou Festival Noroeste. Con todo isto, durante este mesmo ano Sabela presentará o seu novo EP, no que Hi, My Love e Eu Espero Aquí, publicados a finais de 2024, e Camponarai e Cerca de ti, publicados recentemente, son xa os seus primeiros sinxelos.
A artista galega soubo madurar o seu proxecto para levalo a unha nova etapa da súa carreira, e a pesar de contar cun estilo xa propio e identificable,aposta forte por un son máis internacional mantendo elementos tradicionais galegos, fortalecendo así as súas raíces. Cerca de ti,último sinxelo de Sabela, precede a temas como Hi, My Love,Eu Espero Aquí e Camponarai, que veñen de obter grandes números de escoitas e visualizacións, así como recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música na categoría de Pop e Indie, e nominacións a prestixiosos galardóns como os Premios de la Academia de la Música, Premios Mestre Mateo, Festival de Cans ou Festival de Videoclips de Oviedo.
WORK ON SUNDAY presenta Amplificando a memoria, un proxecto singular para preservar e reactivar o patrimonio sonoro galego
A promotora compostelá, organizadora do WOS Festival, combina memoria tecnolóxica, creación artística e participación cidadá a partir da recuperación do altofalante Organsound, deseñado polos irmáns Portela Seijo no 1972
Unha instalación sonora e diversas accións divulgativas forman parte desta iniciativa de creación e investigación, financiada pola Deputación da Coruña e polo Concello de Santiago, e que tamén conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e d’Afundación
Amplificando a memoria, unha proposta multidisciplinar aberta a todos os públicos, poderase visitar do 11 ao 14 de setembro na Sede Afundación de Santiago de Compostela
A produtora compostelá WORK ON SUNDAY presentará no mes de setembro o seu novo proxecto de investigación e creación sonora, titulado Amplificando a memoria. A iniciativa, que combina memoria tecnolóxica, creación artística, reflexión social e participación cidadá, poderase coñecer do 11 ao 14 de setembro na Sede Afundación, en paralelo á celebración da oitava edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia.
Amplificando a memoria agroma para poñer en valor un obxecto tecnolóxico singular e prácticamente esquecido: o Organsound, o alfofalante galego deseñado en 1972 polos irmáns composteláns Portela Seijo, e que toma como referencia a potencia e a riqueza sonora dos órganos de tubos. O proxecto de WORK ON SUNDAY propón dar voz, presenza e actualidade do patrimonio sonoro galego desde unha perspectiva accesible, crítica e interxeracional. Así, alén da recuperación técnica destes altofalantes, a iniciativa “quere facer audibles as historias, os sons e as emocións que nos conectan como sociedade e situar ás novas xeracións no centro da preservación e actualización do noso acervo cultural”, segundo explica a directora do proxecto, Acacia Ojea.
“Amplificar non só alude ao dispositivo técnico, ao altofalante, senón tamén á acción simbólica de ampliar a nosa capacidade de escoitar, lembrar, sentir e comprender, e de poder transmitir este patrimonio á xente nova, activando a escoita consciente, con tempo, como ferramenta de coñecemento, reflexión e encontro”, sinala Ojea.
A iniciativa, que combina dun xeito integral arte, tecnoloxía, educación e reflexión social, culmina nunha instalación sonora -elaborada polo artista galego multidisciplinar Xoán-Xil López- aberta ao público, nun panel de pensamento -que permitirá contextualizar o papel do Organsound no ámbito do patrimonio sonoro e da innovación acústica- e nunha tríade de sesións de escoita colectivas que estarán comisariadas por selectores locais e internacionais.
“Vivimos nun tempo de hiperestimulación constante, no que a escoita atenta -emocional, crítica, compartida- está cada vez menos presente. Recuperar o Organsound, un aparello dos anos 70 que simboliza unha forma de escoitar máis conectada co corpo, co espazo e co momento, deunos pé a reflexionar sobre qué pasaría se o puxésemos de novo en funcionamento, mais non só como obxecto, senón como dispositivo de activación da memoria, da emoción e da reflexión colectiva”, apunta Acacia Ojea.
O resultado da intersección entre a investigación histórica e tecnolóxica, a creación artística contemporánea, do interese por preservar o patrimonio sonoro galego e de tender pontes entre xeracións é Amplificando a memoria, iniciativa que o público poderá descubrir a partir do xoves 11 de setembro en Santiago de Compostela, e que conta co apoio da Deputación da Coruña a través da Área de Cultura -no marco da convocatoria ‘Fondo de apoio a proxectos singulares de mellora social’-, do Concello de Santiago a través da Concellería de Mocidade, da Universidade de Santiago de Compostela e d’Afundación.
AMPLIFICANDO A MEMORIA 11 – 14.09 Sede Afundación Santiago de Compostela
Abdullah Miniawy, aya & MFO, Batu, Beatrice Dillon, BFlecha b2b Mwëslee, Carme López, Carrier, CCL, Djrum, Grand River & Abul Mogard, Heinali & Adriana-Yaroslava Saienko, Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez, KAVARI, Klein, KUNTARI, Lord Spikeheart, Los Thuthanaka, Malandrómeda & Caamaño, Masayoshi Fujita, Nazar, Niecy Blues, Objekt, Purelink, Rainy Miller, Saint Abdullah, Eomac & Rebecca Salvadori, Sara Persico & Mika Oki, Simo Cell, Tarta Relena e ZULI conforman o line up de WOS 2025
A Sala Capitol e as naves da Fundación Laboral da Construción acollerán a programación musical nocturna do venres 12 e do sábado 13 respectivamente
A cidade de Santiago de Compostela será o escenario de 13 premieres de discos, directos ou concertos audiovisuais en España, incluíndo Los Thuthanaka a nivel europeo, e 10 estreas en territorio galego
WOS Festival X SON Estrella Galicia vén de activar a venda de entradas de día para a súa oitava edición, logo de esgotar os dous tipos de abonos dispoñibles para asistir á celebración do evento, que terá lugar do 11 ao 14 de setembro en Santiago de Compostela.
Así, desde esta maña, o público pode adquirir tanto na plataforma dice.fm coma Ataquilla.com os billetes individuais para asistir a calquera dos catro días de programación. Ademais, tanto o venres 12 coma o sábado 13 contarán con entradas exclusivas para acceder, a partir das 22:00 horas, ás sesións da programación musical nocturna que terán lugar na Sala Capitol e nas naves da Fundación Laboral da Construcción, antiga curtidoría que se estreou coma sede do WOS no 2023 e que volverá transformar o espazo nunha pista de baile, a partir das 22:00h.
Deste xeito, desde hoxe pódense adquirir ata seis tipos de entradas diferentes para asistir aos directos e performance dos case 30 artistas internacionais e nacionais que pasarán por Santiago de Compostela en setembro. O xoves 11 o concerto inaugural virá da man da galega Carme López e do dúo catalán Tarta Relena, que presentará por primeira vez en Galicia o seu novo álbum És Pregunta.
Para o venres 12, o público poderá mercar unha entrada de día (que inclúe todos os concertos da xornada) ou de noite (que inclúen os específicos da Sala Capitol, na que haberá 4 premieres en España dos novos shows de Carrier, Los Thuthanaka -na súa estrea europea-, Purelink e Rainy Miller). De cara ao día seguinte, o sábado 13, as e os asistentes terán a opcion de escoller entre unha entrada completa ou só de acceso nocturno ás naves da Fundación Laboral (na que actuarán aya & MFO, Batu, Beatrice Dillon, CCL, KAVARI, Klein, Lord Spikeheart, Nazar, Objekt e Simo Cell).
Finalmente, o WOS Festival x SON Estrella Galicia despedirase até a súa nova edición o domingo 14 co concerto de clausura, cuxa entrada inclúe o acceso aos directos de Grand River & Abul Mogard e de Masayoshi Fujita.
WOS Festival x SON Estrella Galicia é o festival referente no ámbito da música electrónica e de vangarda a nivel estatal e festexará a súa oitava edición en Santiago de Compostela do 11 ao 14 de setembro. Ao longo de catro xornadas, o evento promovido pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY ofrecerá unha programación coidada, multidisciplinar e de notable calidade artística, na que participarán numerosas figuras recoñecidas internacionalmente en máis de dez espazos emblemáticos da cidade, desde teatros e igrexas ata clubes e lugares inesperados. O vindeiro mes de setembro, o WOS reactivará a cidade cunha perspectiva única sobre o son e a cultura contemporánea.
O evento, recoñecido como Mellor Festival Indoor de Europa 2018 nos European Festival Awards, e que nos Iberian Festival Awards obtivo Mellor Promoción Turistica 2018 e Mellor Festival Indoor Nacional 2023, conta co patrocinio principal de SON Estrella Galicia e co apoio institucional da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia -no marco de Concertos do Xacobeo-, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Goberno de España a través da INAEM e Acción Cultural Española (AC/E) a través do seu Programa para a Internacionalización da Cultura Española (PICE); ademais de Gadis e Fundación Japón, Madrid.
Entradas de día WOS Festival 2025 (xa á venda en dice.fm e ataquilla.com)
Friday: Abdullah Miniawy, Carrier, Djrum, Los Thuthanaka, Purelink, Rainy Miller, Sara Persico & Mika Oki.
Friday Night – Sala Capitol: Carrier, Djrum, Los Thuthanaka, Purelink, Rainy Miller.
Saturday: aya & MFO, Batu, Beatrice Dillon, BFlecha b2b Mwëslee, CCL, Heinali & Andriana-Yaroslava Saienko, Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez, KAVARI, Klein, KUNTARI, Lord Spikeheart, Malandrómeda & Caamaño, Nazar, Niecy Blues, Objekt, Saint Abdullah with Eomac & Rebecca Salvadori, Simo Cell, ZULI.
Saturday Night – FLC: aya & MFO, Batu, Beatrice Dillon, CCL, KAVARI, Klein, Lord Spikeheart, Nazar, Objekt, Simo Cell.
Sunday – Closing concert: Grand River & Abul Mogard, Masayoshi Fujita.
Programación musical WOS Festival 2025
Abdullah Miniawy (estrea en España) aya & MFO present hexed! (estrea en España) Batu (estrea en Galicia) Beatrice Dillon (estrea en Galicia) BFlecha b2b Mwëslee Carme López Carrier presents Rhythm Immortal (estrea en España) CCL (estrea en Galicia) Djrum Grand River & Abul Mogard present In uno spazio immenso (estrea en Galicia) Heinali & Andriana-Yaroslava Saienko present Гільдеґарда (estrea en Galicia) Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez KAVARI (estrea en España) Klein (estrea en España) KUNTARI (estrea en Galicia) Lord Spikeheart (estrea en Galicia) Los Thuthanaka (estrea en Europa) Malandrómeda & Caamaño Masayoshi Fujita (estrea en España) Nazar (estrea en España) Niecy Blues (estrea en Galicia) Objekt Purelink (estrea en España) Rainy Miller presents Josehp, What Have You Done? (estrea en España) Saint Abdullah, Eomac & Rebecca Salvadori present A Forbidden Distance (estrea en España) Sara Persico & Mika Oki present Sphaîra (estrea en España) Simo Cell (estrea en Galicia) Tarta Relena (estrea en Galicia) ZULI presents Lambda (estrea en España)
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe +CUÑADOS, dirixida por LUIS AVILÉS, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta TERCEIRA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 4 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.