Proxección da película ONS no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da
Deputación de Lugo
e o Concello de Vilalba, dá comezo este ciclo de cine coa proxección da película ONS, do director ALFONSO ZARAUZA, flamante gañadora do Mestre Mateo’2021, e que se levará a cabo no Auditorio Municipal de Vilalba
o vindeiro sábado 1 de maio, ás 19:30 horas.

Velaquí a nota informativa.

SINOPSE
Mariña é unha illa emocional, un ser illado na procura dun faro que a guíe no escuro. Cando non atopa esa luz séntese perdida, chea de baleiro e de medo á soidade. É na relación con Vicente onde Mariña se aferra como única táboa de salvación. Pero de achegarse excesivamente a el podería acabar por encallar e afundir. É o paradoxo do faro. A creba dun naufraxio. O misterio de Ons.

EQUIPO TÉCNICO
Título orixinal: Ons
Ano: 2020
Duración: 87 minutos
Idioma orixinal: Galego
Dirección: Alfonso Zarauza
Guión: Jaione Camborda, Alfonso Zarauza
Elenco: Melania Cruz, Antonio Durán,
Xulio Abonjo, Anaël Snoek, Marta Lado
Montaxe: Fernando Alfonsín
Dirección de arte: Elia Robles Castrillo
Vestiario: Saturna
Son: Sérgio Silva, David Machado, Elba
Fernández, Xavi Font
Música: Elba Fernandez, Xavier Font
Fotografía: Alberte Branco
Produtora: Maruxiña Film Company,
Bando à Parte
Distribuidora: BTeam

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO POR MOTIVOS DE CONTROL DE AFOROS E OUTRAS MEDIDAS SANITARIAS, HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

O dúo ACORDEIRETA presenta o seu traballo “Loitar cantando” na Casa-Museo Manuel María

ACORDEIRETA presenta este sábado, 1 de maio, na Casa-Museo Manuel María o seu traballo “Loitar cantando”

Patricia González Iglesias (pandeireta e voz) e Alex Balbuena (acordeón, bombo e voz), ACORDEIRETA, presentan este sábado 1 de maio, ás 19 horas, na horta da Casa-Museo Manuel María (se o tempo climatolóxico acompaña), o seu primeiro traballo “Loitar cantando”.

Estilo e son propios, formado por temas, (tradicionais, de autor e unha gran parte de creación propia) en que mesturan diferentes ritmos para crear un ambiente fresco e contundente, para escoitar e tamén bailar.

Nas súas letras non falta a poesía de Rosalía, Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Luz Fandiño….

Imprescindíbel reservar a través de contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros

Mesa redonda “O desmantelamento do rural” na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a mesa redonda “O DESMANTELAMENTO DO RURAL” coa que quere unirse á reivindicación da veciñanza de Baamonde de que continúe o alumnado as clases no Colexio desa localidade, fronte ao intento de pechalo por parte do Concello de Begonte e máis da Xunta de Galicia.
O acto terá lugar o xoves 29 de abril de 2021, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
Intervirán as seguintes persoas:
–Paula Iglesia Ares, secretaria da ANPA do Colexio de Baamonde e portavoz deste colectivo.
–Isabel Calvete Carrera, presidenta da Federación de ANPAS de centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL) e vicepresidenta da Confederación Galega de ANPAS.
–Xosé Luís González Farelo, presidente da Asociación de Veciños/as de Baamonde.
A entrada será libre ata completar aforo, cumpríndose estrictamente a normativa anti-covid, demostrando unha vez máis que “A cultura é segura”.

Adxúntase nota informativa.

Concerto de Ugja Pedreira, o sábado 28 de novembro, na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, día 28 de novembro, ás 19 h, na Casa-Museo Manuel María, A Pedreira en concerto. Nova proposta escénica da artista Ugia Pedreira. Guitarra en mao pasará por múltiples misturas sonoras, desde unha dama vintage do blues da galeguidade á cantautora de numen folk americano, ou latinoamericano, unha rapera trad ou unha sofisticada pandereteira galega con reminiscencias africanas.

A Pedreira é o proxecto en solitario de Ugia (despois de 12 discos con diversas formacións como Nordestinas, Marful, Chouteira…) e que contará este sábado coa colaboración do músico bretón Pierre-Yves Rougier.

Aforo limitado. Billete: 5 euros. Imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsaap 698177621

DÍAS DE LIXO, por Miguel Díaz

DÍAS DE LIXO

Miguel Díaz

Patriotas que apestan a rancio,

paus de golf, segunda residencia…

Bandeiras, Paquito, casposos,

aguias cosidas, iates á espera…

Desprezo do esforzo e dos mortos,

orneos fascistas na inconsciencia…

Rúas da falacia e do patetismo,

egoísmo de miserables ovellas…

Máis espécimes que neuronas

esixindo, a brados, liberdade…

Barrio rico, xente pobre,

berrega insensible a necidade…

Rotondas cunha única dirección

á ultradereita desprezable,

xunta de escoura privilexiada,

altofalantes da barbarie…

Trapos da tea das elites,

infame festa da inhumanidade,

podremia dun tempo escuro,

pobres virus da mesquindade…