AELG.- Actividades da semana do 04/11 a 10/11

Estas son as actividades que propón a AELG durante a semana do 4/11 ao 10/11:

Informamos de que xa está aberto o prazo de inscrición da IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, a celebrar na Coruña o 23 de novembro, sábado. Tamén de que seguen en desenvolvemento tres obradoiros de creación literaria da Escola de Escritoras-es da AELG, en San Sadurniño, Rianxo e Pontevedra.

*Información facilitada desde a Secretaría Técnica da AELG.

Concerto-Foliada con TREBOADA, o 9 de novembro ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María

O próximo sábado, ás 20 hrs, teremos a oportunidade de escoitar, bailar, cantar… co grupo de música tradicional de Rábade TREBOADA, que levará a cabo unha actuación no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Se vos presta, xa sabedes, achegádevos a Outeiro de Rei e sumádevos á foliada. A entrada é libre.

*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María

IESCHA.- Xornadas da Muller na Casa da Cultura de Vilalba

XORNADAS DA MULLER

VENRES 22 E SÁBADO 23 DE NOVEMBRO DE 2019

NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

ACTO DE INAUGURACIÓN: VENRES 22 DE NOVEMBRO, ÁS 19:00 HORAS

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as XORNADAS DA MULLER, que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 22 e 23 de novembro de 2019 co seguinte programa:

VENRES 22

19:00  ACTO DE APERTURA DAS XORNADAS. INTERVEÑEN:

ELBA VELEIRO FERNÁNDEZ,

Alcaldesa do Concello de Vilalba   

MARISA BARREIRO MEJUTO,

Presidenta do Instituto de Estudos Chairegos

19:30 CONFERENCIA DE

LUZ DARRIBA

MULLERES CREADORAS

20:00 DOCUMENTAL E CONFERENCIA DE

ENCARNA OTERO

MULLERES CO MUNDO NA CABEZA

A CONTINUACIÓN: COLOQUIO CON

LUZ DARRIBA E ENCARNA OTERO

SÁBADO 23         

10:30 CONFERENCIA DE

PAULO NASEIRO

OS CATRO EXILIOS DE SILVIA MISTRAL

11:30 CONFERENCIA DE

EMILIO ÍNSUA (con aporte visual)

O VÍNCULO DE MARUJA MALLO CON GALICIA

12:30 ACTUACIÓN DE

CORREDORES DE SOMBRA

13:00 CONFERENCIA DE

CRISTINA FELPETO

MULLER E LITERATURA, CREADORA E CREACIÓN

14:00 ACTO DE CLAUSURA DAS XORNADAS. INTERVÉN

ROSARIO ÁLVAREZ BLANCO

Presidenta do Consello da Cultura Galega

14:15 OFRENDA FLORAL AOS MEMBROS DAS IRMANDADES DA FALA

14:30 XANTAR PARTICIPANTES NO PARADOR DE VILALBA

*Información facilitada polo IESCHA.

IESCHA.- Proxección do filme O QUE ARDE no Auditorio Municipal de Vilalba

Tamén o mes de novembro, concretamente o venres 15 de novembro ás 21:00 h., o IESCHA organiza, en colaboración co Concello de Vilalba, a proxección do galardoado filme de Oliver Laxe, O QUE ARDE. Será no Auditorio Municipal de Vilalba e coa entrada de balde.

Nos seguintes enlaces van o cartaz e a nota informativa de tal evento cultural.

*Información achegada desde o IESCHA.

O IEU e os Cantares de Cego na Feira de Santos de Monterroso 2019

O IEU participa con diferentes actividades nas feiras comarcais máis destacadas, como as Feiras do Libro, Feiras do Queixo da Ulloa, Feira dos Bicos. E non podía faltar na feira das feiras que é a de Santos de Monterroso (1 de novembro de 2019). Este ano organizan, en colaboración co Concello de Monterroso, os Cantares de Cego, recuperando unha vella tradición e a idiosincrasia da feira monterrosina. Contarán coa actuación do socio, o escritor, poeta e cantor Toño Núñez; do animoso acordeonista Xosé Manuel Miguélez de Santo Xusto; e do pícaro máis ocorrente, Brais Gayoso. Tres personaxes que darán moito que falar. As actuacións, como se facía tradicionalmente, non terán lugar nun espazo único nin a unha hora determinada, senón que os actores percorrerán a feira, e alí onde haxa un lugar axeitado e concorrido interpretarán os seus romances. Unha cita imprescindible.

Máis infomación en http://ieu.gal/actuacions/