por martinho | Ene 22, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
A poesía de Eduardo Pondal chega este sábado, ás 20 hrs, á Casa-Museo Manuel María a través do concerto de Pondaliana que interpretará unha representación da poesía do escritor de Ponteceso, con temáticas vivas e actuais como o amor, a paisaxe, a emigración, o compromiso cívico, a reivindicación lingüística…
A música de Xoán Padín (guitarra e voz), Lidia Piñeiro (pandeiro e voz), Cabe García (guitarra) e Fernando Couce (percusión) profundará no valor do escritor, cunha ampla variedade de estilos e ritmos, que demostra que a poesía dos nosos clásicos está perfectamente inserida na modernidade musical. Entre os poemas que soarán encóntranse “O combate de Dumbría”, “Afiade esas fouces”, “Eu son galeguiña” ou “Carballos de Carballido”.
Pondaliana é un proxecto que se iniciou no ano 2017, centenario da morte de Eduardo Pondal. Daquela, a Sociedade Cultural Medúlio, de Ferrol, tomou como compromiso articular un espectáculo musical, baseado en poemas do grande poeta galego, para evidenciar o valor, a vixencia e a adecuación para a música do variado xénero e estilo da súa poesía.
O traballo editado nun libro-disco, en 2019, pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e A Mesa e ilustrado por Leandro Lamas, foi resultado da colaboración de máis de unha ducia de músicos coordenados polo profesor Francisco Rodríguez Sánchez e a Sociedade Cultural Medúlio.
O prezo do billete para asistir a este concerto é de 5 euros e pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.
*Información facilitada pola Casa-Museo Manuel María.
por martinho | Ene 21, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Este xoves día 23, ás 20:15h. na Libraría Biblos de Lugo, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira. Tamén participará en dita presentación, acompañando ao autor do libro, o escritor Xabier Cordal.
*Información facilitada pola Libraría Biblos.
por martinho | Ene 14, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Este xoves, día 16 de xaneiro, ás 20:15h celebrarase a a presentación do libro Poemas a Valente na Libraría Biblos de Lugo. Participarán en dita presentación Saturnino Valladares e Claudio Rodríguez Fer.
por martinho | Ene 14, 2020 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Este sábado, día 18, ás 6 da tarde, a Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, retoma a súa programación cultural após o período de Nadal. E faino co espectáculo cómico “Saaabor”, que protagonizan Fran Rei e Félix Rodríguez, so a dirección de Avelino González e producida por Culturactiva SCG.
Saaabor!, é unha proposta cómica que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os seus protagonistas convértense durante máis de unha hora en dous recoñecidos chefs que oferecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: un comida moi musical para todo o público que asista.
Esta proposta de comedia e teatro de rúa vai dirixida para público familiar (de 5 anos en diante) e o prezo do billete é de 2 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.
por martinho | Ene 14, 2020 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Na seguinte ligazón atopamos as distintas citas culturais da programación deste primeiro trimestre.
*Información achegada desde a área de Comunicación do Concello de Vilalba.
por martinho | Ene 7, 2020 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
O IESCHA organiza, en colaboración co Concello de Vilalba, para o vindeiro venres 10 de xaneiro de 2020, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da pelicula LONGA NOITE, de Eloy Enciso.
Velaquí cartaz e nota informativa de dita proxección.
*Información facilitada polo IESCHA.