· A oitava edición
desenvolverase en 9 concellos da xeografía galega: Santiago de Compostela,
Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns
· 25 contadores de
Brasil, Colombia, Venezuela, Portugal, Palestina, Huesca, Salamanca, Zamora e
Galicia protagonizarán as 54 actuacións deste ano
·
A
práctica totalidade da programación será gratuíta agás as galas do Teatro
Principal
Na súa intervención, Mercedes Rosón salientou o labor do Festival
Atlántica nestes oito anos como “encontro de voces e historias que suma a
tradición oral e a cultura atlántica” e no que respecta a Santiago, amosou a
súa satisfacción por acoller as galas inaugural e de clausura no Teatro
Principal así como as actividades deseñadas para escolares que se desenvolverán
en múltiples puntos do concello: colexios, centros sociais, aula de pediatría
do hospital, Centro Xove da Almáciga e Igrexa da Universidade.
Pola súa banda, Xurxo Couto destacou que grazas ao Festival, “Galicia
convértese nun punto de encontro do conto”. Xa que “Atlántica continúa a
estender as súas redes a Galicia enteira” e ademais “pasa a auga salgada do
océano e chega a Brasil, Colombia… e tamén se mete cara ao interior con
presentacións de Zamora, Huesca, etc.”
Contos de acó e de aló
Soledad Felloza foi a responsable de pechar a rolda de prensa e
aproveitou para anunciar a incorporación a última hora de Lugo ao Festival
Atlántica. Na súa quenda, a directora do Festival xustificou a elección da rosa
dos ventos como leitmotiv gráfico deste ano pola celebración dos 500 anos da
primeira volta ao mundo. Eses ventos van traer agora a Galicia narradores de
Brasil, Colombia, Venezuela, Portugal ou Palestina.
Tamén participarán narradores galegos e Felloza quixo facer fincapé na
“recuperación de Santi Prego para o mundo da narración”. O recente nomeado aos
premios Goya como mellor actor revelación contará xunto a Ghaleb Jaler, a quen
Felloza definiu como “contador espontáneo”. Unha figura que Atlántica está a
reivindicar e que describe como “esa persoa que sempre que fala está contando e
que ás veces é mellor ca os profesionais”.
Grazas á unha colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
vaise producir o encontro de “dúas mulleres bravas” que contarán historias do
mar e da montaña: Sandra Araguas, de Huesca, e Charo Pita, unha das narradoras
galegas máis experimentadas. Outra novidade deste ano é a sesión de conto,
gaita e zumba do sábado 14 de marzo na Praza de Cervantes con Luís Prego e
Pablo Díaz. Unha sesión pensada como unha gran festa ao aire libre, para
maiores e cativos, co aliciente engadido das tapas atlánticas que prepararán os
bares da zona.
Outra actividade subliñada por Felloza é a colaboración coa Banda
Municipal de Música de Santiago de Compostela e co seu director, Casiano
Mouriño, que este ano recunca no Festival cun espectáculo baseado no clásico ‘O
gato con botas’ e que está creado expresamente para a ocasión.
Tampouco quixo esquecer o encontro de “tres ventos” no Teatro Principal:
o venezolano Rubén Martínez, os brasileiros Aline Cântia e Chicó do Ceu e o
salmantino Fernando Saldaña. E unha das citas clásicas do Atlántica, a Gala
Inaugural, que este ano terá como fío condutor a música de Marcelo Dobode.
Pero “Atlántica non é só Santiago” e o Festival tamén vai estar en
“Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns”.
Ademais, o 20 de marzo vaise celebrar o Día Internacional da Narración Oral
cunha actuación da colombiana Carolina Rueda en Lalín e unha xornada especial
na Cidade da Cultura con dúas partes: unha sesión de Ramiro Neira para público
infantil e unha conferencia de Antonio Reigosa sobre os quince anos de Galicia
Encantada, “unha web que consultamos todos os narradores”.
Felloza anunciou que a Cornamusa de Honra deste ano vai dedicada para a
editorial Galaxia, que celebra 70 anos amosando o traballo de autores e autoras
galegas e que é “outra fonte da que bebemos os contadores”. E rematou a súa
intervención reivindicando “a narración oral como unha arte”, salientando que é
“a única arte escénica que está presente todos os días do ano nalgún lugar de
Galicia”. Malia esta vitalidade, Felloza sinalou a importancia de seguir
gañando novos públicos, especialmente na mocidade.
A información sobre os artistas deste ano xa está publicada na web do festival (http://festivalatlantica.gal/) . Tamén está dispoñible o programa das actuacións e mais o prezo das entradas de pagamento e os lugares de venda. Ademais, as entradas para os espectáculos que se celebrarán no Teatro Principal xa se poden adquirir por adiantado na web https://entradas.abanca.com.
*Sobre as fotos: De esquerda a dereita, Soledad felloza, directora do Festival Atlántica; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Mayte Argibay Silva, concelleira de Cultura e Educación do Concello de Teo.
O IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o concerto de A BANDA DA LOBA, programado para o sábado 29 de febreiro de 2020, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. Entrada de balde.
O Festival
Atlántica vai celebrar a súa oitava edición do 11 ao 20 de marzo con
actuacións en toda Galicia. O programa inclúe a participación de narradores
nacionais e internacionais. Máis información na rolda de prensa:
DATA E HORA:
martes 18 de febreiro do 2020 ás 11:30 h
LUGAR: Sala
de Prensa do Concello de Santiago de Compostela, Pazo de Raxoi
PARTICIPAN:
· Anxo Lorenzo Suárez, Director Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e
Turismo da Xunta de Galicia.
· Mercedes Rosón Ferreiro, Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira
Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do
Concello de Santiago de Compostela.
· Xurxo Couto,
deputado de Cultura da Deputación da Coruña.
· Mayte Argibay Silva, Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Teo, e Lucía
Mosquera Miramontes, técnica de xestión cultural.
· Antonio Golpe Díaz, Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro Delegado da Area de
Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas do Concello de Ferrol.
· Soledad Felloza | Directora do Festival Atlántica.
O IEU retoma o proxecto FLORA DA ULLOA con novas excursións centradas en coñecer as plantas máis raras e ameazadas da Ulloa, como desculpa para seguir coñecendo a comarca e o conxunto da súa flora. O inverno está fraquiño e o impulso primaveral asoma por varias frontes; os amarelles ou narcisos son do máis propio deste tempo Á mañá, de forma máis divulgativa e mediante un paseo accesible a calquera, visitarase A Peneda para coñecer e valorar a poboación do Narcissus cyclamineus, un narciso exclusivo da Galicia atlántica e norte de Portugal, do que só coñecemos esta poboación na Ulloa, no seu limite leste da área de distribución. Á tarde procurarase a especie, e o que se tercie, na ribeira do Ferreira (sábese dunha poboación xa no concello de Guntín), só para espíritos e pernas aventureiras, nunha das zonas máis salvaxes e inaccesibles da Ulloa. As persoas participantes deben avisar a súa asistencia para a xeira da tarde.
O domingo 23 de febreiro, ás 12 h. na Praza da Constitución de Vilalba, celebrarase o Día de Rosalía mediante a lectura pública de textos rosalianos. Un acto está organizado polo Concello de Vilalba, a Asociación Cultural CALDALOBA e Culturalia GZ.
As persoas que desexen participar deberán anotarse no seguinte enderezo electrónico info@culturaliagz.com, indicando os seguintes datos: o seu nome completo e o poema que desexen ler, ben sexa da autora homenaxeada, de autoría propia ou doutra autoría, pero que teñan como referencia a Rosalía de Castro.
A data límite para inscribirse remata o venres 21 de febreiro ás 23:59 horas.