Día da Poesía na Casa da Cultura de Vilalba
O vindeiro 21 de marzo, a partir das 20h., Culturalia GZ e o Concello de Vilalba convídante a celebrar o Día da Poesía 2018, baixo o lema #senteapoesía.
Medre a Poesía!
O vindeiro 21 de marzo, a partir das 20h., Culturalia GZ e o Concello de Vilalba convídante a celebrar o Día da Poesía 2018, baixo o lema #senteapoesía.
Medre a Poesía!
Acto de presentación do libro “Long Play” de Lois Pérez que terá lugar o vindeiro venres, día 9 de marzo, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
Velaí cartaz e nota informativa de dito evento.
Exposición de pintura de L. Ernesto Montero na sala de exposicións da Casa da Cultura de Vilalba, mostra que leva por nome Latitud 8.
A exposición permanecerá aberta do día 8 ao 15 de marzo de 2018, ambos inclusive, podéndose visitar dentro do horario da casa da cultura.
Máis información no seguinte enlace.
A obra PEMENTEIRAS, da compañía Xoré Teatro, será representada o vindeiro día 9 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. É unha obra apta para todos os públicos.
SINOPSE: A obra narra a historia de dúas amigas que posúen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas. Sofía, unha muller nova, que ten grandes inquietudes e ganas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional anímase a participar en calquera proxecto que mellore a súa situación actual. Por outro lado, Dosinda, unha muller tradicional arraigada aos valores do patriarcado, non amosa ningún interese en mellorar a súa situación social e familiar, xa que para ela as cousas sempre foron así e non deberían cambiar. Durante o desenvolvemento da obra, Sofía faille ver a Dosinda a situación na que se atopa e axúdalle a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios, tanto no ámbito familiar coma laboral.
Máis información no seguinte enlace.
Quixera facerme lume,
e prender as brasas que están morrendo
no lar.
Descansan,
xa son cinsas,
non prenden… non.
Quixera ser folla seca
que viaxa nos eidos do vento,
arrastrada pola poalla morna
da tarde
percorrendo camiños e carreiros.
Mais quixera facer somentes…
unha milagre,
voltar á vida esas follas mortas,
tamén esas flores murchas.
E nas brasas da lareira
poder prender de novo o lume…
mais… son somentes,
¡ pobre teima !
Aprendíz de maga,
ou de meiga,
a facer encantamentos e sortilexios,
bebedizos de namorar,
e outros soños…
Quero deixar levar o meu corpo espido
polo vento que pasa… silandeiro
á carón das cortiñas,
e se faga brétema,
mollando á mañán cando clarexa,
de orballo as herbas, e as estrugas.
Serei entón, humidade e desleixamento
dun pranto que preñe a terra
na que respiro,
nunha terra fermosa… pola que vivo.
(Imaxe baixada da rede)
DÍA DE ROSALÍA 2018 NA CASA HABANEIRA DE SANTABALLA
#AbrideAFiestra
O pasado 24 de febreiro na Casa Habaneira de Santaballa, a weblog cultural Culturalia GZ e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica, en colaboración coa Liga Santaballesa, celebraron o Día de Rosalía 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, dentro dos actos promovidos pola AELG ao longo de toda a xeografía galega.
Nun acto conducido por Pas Veres, as nenas Érica Currás Blanco e Uxía Corral Eimil comezaron lendo o Manifesto do Día de Rosalía 2018, feito pola escritora María Reimóndez.
Despois apareceu naquel escenario poético de Santaballa a voz fonda das ROSALÍAS: Montse González Álvarez, Emilia Martínez Fuentes, María Pereira, Branca Villar, Asun Blanco, Pilar Maseda, Carmen Penín, Ana Mar Fraga Rábade, Ana Vila Portomeñe, Luz Airado, Mar Beres, Maica Pastoriza, Adolfina Mesa, Silvia Pardo e María Xosé Lamas.
Entre cada grupo de poetas participantes xurdiron os intermezzos musicais do acordeonista Manuel Figueira Mariño.
Nunha segunda parte deste evento rosaliano, do numeroso público asistente, emerxeron distintas voces co gallo de recitar os seus propios poemas ou os da poeta galega homenaxeada.
No seguinte enlace temos acceso ao libro dixital de dito evento poético.
Medre a Poesía!