AdolfinArt: AISHA, Adolfina Mesa
Obra: AISHA
Sororidade afgá
Técnicas Mixtas sobre papel de 300 grs.
Tamaño A3 (29,7×42 cms.)
Obra: AISHA
Sororidade afgá
Técnicas Mixtas sobre papel de 300 grs.
Tamaño A3 (29,7×42 cms.)
Título do libro: O cuarto de Jane
Autora: Charo Pita
Editorial: Caldeirón
Ano de publicación: 2021
Agosto préstase para a calma, para o pracer de lecturas incendiarias que non poden ser interrompidas polo dioivo da présa. Ou iso penso mentres saboreo opouso do mel que deixa O cuarto de Jane, escrito por Charo Pita e ilustrado por Pilar Cancio.
“Se os meus labios fosen
as páxinas do libro que les na bocanoite,
pronunciarían o teu nome con puntos suspensivos
para seducirte coa sinuosa silueta
do inesperado”.
Galardoado no XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, preséntase coma un poliedro de voces femininas, no que dependendo da óptica, ás veces intervén un Nosoutras, Ela ou Eu. A obra afástase, acertadamente, de calquera estereotipo ou prexuízo de índole sexual. Por iso, entre as súas follas aparece a anana, as cegas ou mulleres menopáusicas, para encher de poesía o baleiro destoutras realidades.
De ritmo vibrante, amosásenos a escrita coma actividade ligada ao desexo, onde unha Jane, aberta de pernas ao mundo, vai danzando palabras.Sedúcenos o bambán do que se di, mais tamén do que se intúe, do que experimenta o corpo ao deixarse caer no seguinte verso. Sen valados mentais, acompañado pola arte da insinuación, este é un libro para devorar lentamentee alongar o éxtase do seu final.
Eu non perdería a oportunidade de lelo e, se a ocasión o merece, lelo en alto para gozo doutros ouvidos.
Título: Resiliencia
Resiliencia
Eu non sei, amor, se te quero ou se só teño un desexo incontrolable de te querer.
E pronuncio “amor” desexando amarte, tamén con esas partes que me faltan.
A Asociación Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es, convoca o I CERTAME DE CALIGRAMAS “CONSTANZA DE CASTRO”.
Descargar BASES
Descargar AUTORIZACIÓN
A Asociación Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es, convoca o I CERTAME DE DEBUXO INFANTIL “A TÚA CALDALOBA”.
Descargar BASES
Descargar AUTORIZACIÓN
Despois dun parón forzoso por motivo do Covid-19; a A.R.C. San Martiño de Pino, inicia as súas actividades coa realización do I MAGOSTO CAL DA LOBA, o cal se tivo que pospoñer o pasado ano. Tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e co rexistro dos asistentes, terá lugar o próximo 23 de outubro de 2021.
Nesta data tamén se dará a coñecer o fallo do I Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba” e o I Certame de Caligramas “Constanza de Castro”, ambos certamen son convocados en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre de Caldaloba.
Toda a información se pode atopar nas distintas webs e redes sociais dos convocantes.
Descargar cartel informativo da actividade.