A Homenaxe “A/O Escritor/a na súa Terra“, que cada ano impulsa a AELG, chega neste 2018 á súa XXIV edición, recaendo por decisión da Asemblea de Socias e Socios na figura de Nacho Taibo.

O acto terá lugar o sábado 16 de xuño en Oleiros, A Coruña. A partir das 11:30 horas desenvolverase o programa de actos previsto, que se achega en arquivo anexo.

Como é habitual, remataremos a homenaxe cun xantar de confraternidade que celebraremos no Hotel As Galeras (Rúa Antonio J. de Sucre, 17, Bastiagueiro, Oleiros –como chegar-), e cuxo prezo por persoa é de 30€, que se pagará no propio restaurante nunha mesa que habilitaremos ao efecto. As prazas no restaurante son limitadas: agradecemos que fagas a túa reserva canto antes. De estardes interesados/as en asistir ao xantar confirmádenolo chamando até o luns, segunda feira, 11 de xuño -inclusive- ao teléfono:

981 133 233

ou enviando un correo electrónico a:

oficina@aelg.org

 

*Información facilitada pola AELG.