A XIX Edición da Mostra de Teatro de Vilalba celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril. Todas as obras terán lugar no seu marco habitual, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, con entrada de balde e son aptas para todos os públicos agás “Hotel Rosamar” que é para maiores de 16 anos.
Venres 13, “Vodas de Sangue” de F. García Lorca (traxedia) a cargo da Escola Mucicipal de teatro de Vilalba ás 21:00h. Para todos os públicos
Sábado 14, “Hotel Rosamar” de Guillermo Cancelo (comedia) a cargo da Escola Mucicipal de teatro de A Pontenova ás 21:00h.
Para maiores de 16 anos.
Domingo 15, “Falsa Flautina” de Agustín Magán (farsa) a cargo da Escola Mucicipal de teatro de Castro de Rei ás 19:00h. Para todos os públicos
*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba