Talía Teatro, coa interpretación de Artur Trillo, acompañado do virtuoso do acordeón Fernando Fraga, traen este sábado, 21 de febreiro, ás 17 hrs, á Casa-Museo Manuel María o espectáculo, dirixido por Paula Carballeira, Rosa caramelo e outras historias. Catro preciosos contos de Adela Turín que, a través da palabra e a música, axudarán a desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, mais fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

O espectáculo vai dirixido para nenas e nenos de catro a oito anos e as súas familias. Para asistir é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621