O IESCHA organiza a Palestra de Xosé Luís Axeitos na Casa da Cultura de Vilalba
Dentro da programación prevista para este mes de febreiro co gallo da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a PALESTRA de XOSÉ LUÍS AXEITOS: Rosalía de Castro, na nobre tarefa de “narrar a nación”. A presentación correrá a cargo da presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.
O acto levarase a cabo o xoves 20 de febreiro de 2025, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
Programación do IESCHA NO MES DE ROSALÍA
NOTA-INFORMATIVA-PALESTRA-XL-AXEITOS