Hugo Guezeta anuncia a data de lanzamento do seu primeiro disco, ‘O Noso Tempo’


O DISCO TITULADO O NOSO TEMPO VERÁ A LUZ O VENRES 22 DE NOVEMBRO


Hugo Guezeta volta con forza para dar un golpe enriba da mesa da escena galega anunciando a data de lanzamento do seu primeiro titulado O Noso Tempo. Será o próximo 22 de novembro cando vexa a luz, e nos próximos días habilitarase a pre-venda para adquirilo en formato físico.

Hugo por fin pon data ao seu tan esperado álbum, do que só coñecemos 7 dos 14 temas que o compoñen. Dentro do disco destaca o carácter máis intimista nas súas letras, sen perder o foco reivindicativo que leva marcando a carreira do rapeiro. O labor como produtor de Peter Petrowski, un dos máis destacados da escena galega actual, é fundamental dentro de O Noso Tempo para artellar un traballo discográfico moi ecléctico.

O disco conta ademais con tres datas de presentación xa anunciadas, que terán lugar o 14 de decembro en Mos (Sala Rebullón), o 19 de decembro na Coruña (Sala Mardi Gras) e o 21 de decembro en Santiago de Compostela (Sala Sónar). A data na Sala Rebullón, ademais de ser o primeiro concerto en solitario desta etapa, será un concerto especial no que haberá moitas sorpresas e colaboracións, e servirá para dar comezo a unha xira que se espallará por todo 2025.


DATAS DE PRESENTACIÓN DE O NOSO TEMPO

14/12 · SALA REBULLÓN · MOS · ENTRADAS

19/12 · SALA MARDI GRAS · A CORUÑA · ENTRADAS

21/12 · SALA SÓNAR · SANTIAGO DE COMPOSTELA · ENTRADAS


MÁIS SOBRE HUGO GUEZETA

Hugo Guezeta é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama musical galego. Tras o éxito do seu grupo SonDaRúa, co que chegou a dar máis de 200 concertos por todo o estado, actuando en grandes festivais e enchendo salas históricas como a Sala Capitol de Santiago de Compostela, o rapeiro emprende agora a súa andaina en solitario.

Hugo consolidouse como un dos grandes rapeiros de Galicia non só pola súa pegada en SonDaRúa, xa que intercalou a súa labor no grupo con lanzamentos individuais que acumularon decenas de milleiros de escoitas en plataformas.

O artista galego destaca polas súas letras cargadas de reivindicación e crítica social, así como pola calidade do seu rapeo. Nesta andaina en solitario, Hugo leva as súas letras a un aspecto máis persoal e íntimo, pero mantendo en todo momento esa forte crítica e reivindicación que xa son característicos del. Tamén a súa música evoluciona cara sons máis versátiles e bailables, que posicionan ao proxecto como un dos máis interesantes deste ano dentro do panorama urbano.

O seu primeiro disco de longa duración titulado O Noso Tempo, gravado e producido na súa totalidade polo produtor Peter Petrowski, sairá o venres 22 de novembro de 2024,  e O Noso TempoFeridasDe VoltaCantareA ToleiraEspertar e Arder son os primeiros adiantos do mesmo, que se caracterizará por un son versátil e divertido, con letras de carácter persoal sen perder o foco na crítica social reivindicativa, selo de identidade de Hugo Guezeta.