Sinsal Primavera ofrece dúas novas estreas en Galicia: Chemtrails e Bombataz

Sinsal Primavera suma dous novos debuts en Galicia: o do garage punk da banda inglesa Chemtrails e o do jazz contemporáneo dos belgas Bombataz

Após do exitoso concerto de Joseph Kepler no MARCO, a semana que vén terán lugar na Sala Radar os dous últimos directos do ciclo, cuxas entradas están dispoñibles, desde 10 euros,  na web de Sinsal


Sinsal Primavera, a serie de concertos eclécticos organizados cada ano pola promotora Sinsalaudio da man do Concello de Vigo,  ofrecerá a semana que vén na Sala Radar dúas novas estreas de proxectos musicais, liberados de prexuízos de xéneros, en Galicia: a da banda inglesa Chemtrails e da belga Bombataz. As entradas están á venda desde 10 euros na web de Sinsal, mentres que o prezo no acceso da Radar será de 12 euros. 

Logo da espectacular inauguración do ciclo no MARCO de Vigo o pasado 15 de abril da man do estadounidense Joseph Keckler, Sinsalaudio -promotora do Festival Sinsal SON Estrella Galicia, que este ano se celebrará do 25 ao 27 de xullo na Illa de San Simón- levará o seu Sinsal Primavera até a recoñecida Sala Radar, que acollerá dous novos debuts no territorio estatal. 

A primeira cita será o mércores 30 de abril co garage punk e power pop da banda inglesa Chemtrails. Desde Manchester, e coas súas guitarras distorsionadas, sintetizadores primitivos, pop policromático e letras irónicas, o grupo liderado liderado pola activista trans Mia Lust presentará o seu terceiro e último traballo, The Joy of Sects, o máis bailable da súa traxectoria.

sábado 3 de maio chegará o peche deste Sinsal Primavera 2025 da man dos belgas Bombataz, unha banda peculiar cuxa paixón pola música reborda calquera clasificación: son catro músicos todoterreos que se achegan a todos os xéneros posibles para ofrecer, cun chisco de jazz, funk ou synth-hop, unha proposta única que transmite puro baile.

© Joel Goodman – 07973 332324 – all rights reserved . 20/05/2023. Manchester , UK . Chemtrails perform at Projekt Skate Park in Manchester . Photo credit : Joel Goodman

SINSAL PRIMAVERA

Sinsal Primavera, organizado pola promotora viguesa Sinsalaudio co apoio principal do Concello de Vigo, pretende achegar cada ano ao público a música de bandas e solistas cuxa singular proposta artística non forma parte do circuíto habitual das salas de concertos. O directos agroman cada ano coma unha rara avis no panorama galego, á fin de sorprender ás adeptas e aos adeptos a descubrir novos proxectos musicais en dous espazos creativos de referencia: o MARCO e a Sala Radar. As entradas para os últimos directos están á venda na web de Sinsal a través de Enterticket,cun prezo especial para quen faga a compra anticipada (10 euros + gastos) ; pois no despacho de billetes da Radar serán máis caras: 12 euros.  

30.04.2025, 21.30h | Sala Radar CHEMTRAILS (Reino Unido) 
https://youtu.be/XGdmSs5SDl0?si=z82_jbeU977QbuAy&t=62  

03.05.2025, 21.30h | Sala Radar

BOMBATAZ (Bélxica)
https://www.youtube.com/watch?v=cZ7SmIJuodk 

The Rapants pecha a xira estival de ‘La máquina del buen rollo’ con tres concertos de balde en Lugo, Santiago e O Grove

A banda actuará hoxe ás 20.30 horas na facultade luguesa de Veterinaria e mañá, xoves 26, á mesma hora, na praza de Mazarelos, en Compostela

O peche chegará no Grove o 4 de outubro, coa actuación dos muradáns na praza do Corgo, no marco da programación da Festa do Marisco

As vindeiras datas confirmadas son no 2025: o 22 de marzo no Coliseum da Coruña e o 26 de abril no pavillón da Magdalena de Avilés para abrir os concertos de La Raíz



La máquina del buen rollo para, mais non pecha. The Rapants ofrecerán desde hoxe, mércores 25, e até o venres 4 de outubro, os seus últimos tres directos da xira estival. Logo de percorrer ducias de salas e eventos musicais do país, que comezaron no mes de marzo cun dobre ‘sold out’ en cuestión de minutos na Sala Capitol, os muradáns achegaranse a Lugo, Santiago de Compostela e O Grove para activar o “saltón rapante” de balde.

Así, The Rapants actuará esta tarde, ás 20.30 horas (apertura de portas ás 20.15 horas) no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, no marco da programación das xornadas de benvida que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece ao seu alumnado. O acceso será de balde e libre ata completar a capacidade do espazo. Ao día seguinte, o xoves 26, e á mesma hora (20.30h), fará o propio na praza compostelá de Mazarelos.

A última data do verán da xira de presentación de La máquina del buen rollo, o terceiro LP do grupo, chegará o venres 4 de outubro. A praza do Corgo, no Grove, acollerá -no marco da programación da Festa do Marisco- un concerto de balde dos rapantes. O acceso será libre e a organización do evento facilitará ao público os horarios nos vindeiros días.

Con estas tres últimas citas The Rapants pecha unha xira que levou aos muradáns a actuar nalgúns dos festivais máis coñecidos do país, como Portamérica, Revenidas, Noroeste Estrella Galicia, Surfing The Lérez, Osa do Mar, Carrilanas, Ourensound ou SonRías Baixas. Tamén formaron parte do cartel de eventos populares como a Festa do Albariño de Cambados ou a Festa do Champiñón de Ordes; e mesmo actuaron sobre as táboas de espazos míticos como o Náutico de San Vicente (O Grove) ou mesmo en La Sala do WiZink Center de Madrid, na que se coroaron o pasado abril como gañadores do certame Último acorde x Johnnie Walker.  

As vindeiras actuacións confirmadas de The Rapants serán xa para o ano que vén. Os muradáns serán a banda de apertura dos concertos da nova xira de La Raíz, que regresa aos escenarios logo de seis anos de ausencia. Os rapantes abrirán os directos do grupo liderado por Pablo Sánchez nos concertos que estes ofrecerán o 22 marzo na Coruña (Coliseum) e o 26 de abril en Avilés (pavillón da Magdalena). As entradas están á venda nas plataformas Enterticket e Ataquilla.comMáis información: www.therapants.es 

20240925-The-Rapants-Ultimas-datas-do-veran-de-LMDBR