A Sala Capitol transformouse a noite deste pasado mércores nunha auténtica Feira para gozar da estrea do novo disco de De Ninghures.
Sobre o escenario, os 7 multiinstrumentistas estiveron acompañados por Juan de Dios, Anxo Pintos, De Vacas, Ortiga e Fillas de Cassandra. Un dos momentos máis especiais da noite aconteceu ao principio da noite, cando De Ninghures, De Vacas e Anxo Pintos renderon homenaxe a un dos referentes da banda: Berrogüeto.
De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla súmanse ao ‘line up’ do ‘Orgullo do Norte’, que se celebrará na Coruña do 6 ao 13 de xullo
Na 6ª edición do festival está tamén confirmada a presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións
O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nado na Coruña no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva
A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic
A nova escena musical galega subirase un ano máis ao escenario do Atlantic Pride, coa confirmación de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla, que súmanse ao ‘line up’ da 6ª edición do ‘Orgullo do Norte’, que se celebrará na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025.
O domingo 6 de xullo, as bandas encargadas de dar o pistoletazo de saída á nova edición do Atlantic Pride na Praza de Pontevedra serán De Ninghures e Coolnenas. De Ninghures é unha das formacións referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí. No Atlantic Pride, De Ninghures presentará ao vivo os temas do seu novo álbum, Feira, que viu a luz o pasado mes de febreiro. Mentres, as Cool Nenas presentará a súa particular rave de debuxos animados que está a revolucionar o concepto de dj set alí por onde pasan. Nas súas sesións predominan os clásicos atemporais e moitos outros hits do momento, que elas acompañan con coreografías de enerxía pegañosa que contaxian rapidamente a todo o público, como, sen dúbida, amosarán este verán na Coruña.
O luns 7 de xullo, a cantante e produtora santiaguesa ELBA fará a súa aparición no Atlantic Pride a golpe de sintetizadores, voces atmosféricas e elementos operísticos que dan vida á súa electrónica pop de vangarda. Xa o martes 8 de xullo, chegaralle a súa quenda a Agoraphobia e máis a Rivadulla. A banda de rock alternativo nada en Boiro regresou o pasado mes ás ondas con Eyes Never Lie, o primeiro avance do seu novo álbum, que o público do Atlantic Pride poderá escoitar ao vivo no escenario da Praza de Pontevedra, como testemuña de toda a súa intensidade e as súas letras profundas, nun grito contido entre o medo e o desexo de Agoraphobia de arriscar de novo. O seu potente rock alternará sobre as táboas coas cancións sentimentais, pero cargadas de rabia existencial, de Rivadulla e a súa mestura do pop dos 2000, a música electrónica con toques indies e o trap, nun concepto que o propio artista define como “parkineo marika”.
Pola súa banda, o mércores 9 de xullo, Alana amosará a súa música tradicional galega con ritmos de base electrónica e pop, nun proxecto novo, diverso e cunha potente posta en escena, vinculada coas raíces e o baile. Finalmente, esa mesma noite, LERIA fará gala sobre o escenario do Atlantic Pride da súa celebrada música indie na nosa lingua, cun directo sólido, enérxico, intenso e divertido a partes iguais, onde o público pode tanto desfrutar dos seus temas máis íntimos como festexar con aqueles máis bailables.
Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nacido na cidade herculina no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.
A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña ORCO- e o Concello da Coruña e conta co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.
Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comenzo do verán ao longo da Península e no que, un ano máis, se darán cita coloridas propostas para todos os públicos.
Así, no Atlantic Pride non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación e que neste 2025 ten xa aberta a súa convocatoria: https://atlanticpride.es/certame-literario/.
Nesta 6ª edición do Atlantic Pride está xa confirmada a presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións. A elas súmanse agora, tamén, figuras que pisan forte na escena musical galega do momento, como De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla. Moi pronto, o festival anunciará novos nomes que completarán o seu line up.
BIOGRAFÍAS NOVAS FIGURAS CONFIRMADAS NO ATLANTIC PRIDE 2025
De Ninghures
De Ninghures fan música cos pés na terra e os brazos abertos. Son unha das bandas referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.
En 2022 publicaron Aquí, o seu primeiro álbum, e máis de medio cento de concertos e diversos sinxelos despois, en febreiro de 2025, publican Feira, o seu novo traballo, que a banda presentará ao vivo, por vez primeira, na Sala Capitol este xoves, 13 de marzo.
Neste novo álbum, a banda de multiinstrumentistas segue a revisitar e actualizar o patrimonio musical galego. Ao igual que as feiras populares se transformaron co tempo, De Ninghures evoluciona con Feira na súa sonoridade e bebe, alén da tradición galega, de influencias latinas ou árabes. Da man do produtor Juan De Dios Martín (Amaral, Xoel López, etc.), o grupo experimenta coa electrónica, coa utilización de novos instrumentos -ou usos renovados na súa instrumentación habitual- e a incorporación de efectos nas composicións. Este disco é, como o seu nome indica, a carta de presentación dunha “feira” do século XXI.
Coolnenas
Kimberley Tell, dani dicostas e mariagrep unen as súas forzas en Coolnenas coa súa particular rave de debuxos animados que está a revolucionar o concepto de dj set alí por onde pasan, xa sexa en salas ou festivais de diferentes formatos por toda a xeografía española. Nas súas sesións predominan os clásicos atemporais e moitos outros hits do momento, que elas acompañan con coreografías de enerxía pegañosa que contaxian rapidamente a todo o público.
Residentes do mítico Ochoymedio Club de Madrid, nos seus pouco menos de dous anos de historia conquistaron espazos e citas tan relevantes como o FIB, o Low Festival, o San San Festival, o SonRías Baixas, o Warm Up, o VIDA Festival, o Vive Nigrán, o Nachiños Fest, o Polifonik Festival, a Sala Apolo, a Sala Rem…, demostrado que Coolnenas sempre é unha aposta máis que segura.
Agoraphobia
Agoraphobia é unha banda de rock alternativo de Boiro (A Coruña) nada no ano 2013 para satisfacer as inquedanzas musicais das súas integrantes. Moi pronto, iso que comezara como unha distracción pronto converteuse no centro das súas vidas. Foron merecedoras de galardóns tan importantes como o Vodafone Yu Music Talent en 2013 e a súa canción Night of the Living Dead foi parte da banda sonora orixinal de Cerdita, o celebrado corto de Carlota Pereda gañador dun Goya en 2019.
Cos seus álbums Incoming Noise e Unaligned xiraron de xeito ininterrumpido por diferentes países: España, Reino Unido, Filipinas, Alemaña…, ademais de participar en grandes festivais como o Mad Cool Festival, o Resurrection Fest, o Son do Camiño. O Mallorca Live, Musikmesse ou o Bime.
O pasado mes de febreiro, Agoraphobia regresou con Eyes Never Lie, o primeiro avance do seu novo álbum, que reivindica os tempos necesarios para crear con profundidade. Trátase dunha declaración de que cada canción ten o seu propio ritmo, e que a espera foi parte do proceso para chegar ao que agora teñen entre mans. Eyes Never Lie é unha explosión musical que captura a complexidade de volver a abrir o corazón despois de reconstruílo peza a peza. Cun son cargado de intensidade e unha letra que amosa as inseguridades que nacen do pasado, este novo tema convértese nun grito contido entre o medo e o desexo de arriscar de novo.
Alana
Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusións e gaita) forman Alana. Un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición. O xeito á cántigha é o seu primeiro disco. Nunha das recollidas de Dorothé Schubarth recompiladas no Cancioneiro Popular Galego, Delfina de Cerceda explícalle á musicóloga como dar “o xeito á cántigha” nas melodías das muiñeiras e das xotas. Esa gravación de hai máis de 40 anos é a orixe que dá nome ao álbum.
Alana é un proxecto novo, diverso, cunha potente posta en escena e unha importante vinculación coa tradición e o baile. No seu primeiro ano de vida foron os gañadores do Premios Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
LERIA
LERIA é un proxecto coruñés que xorde no 2021 nas rúas da Coruña. Unha aposta pola música indie na nosa lingua. Algúns dos seus referentes son bandas como Love of Lesbian, Ginebras, Vetusta Morla ou Miss Cafeína. Ofrece un directo sólido, enérxico, intenso e divertido a partes iguais, onde o público pode tanto desfrutar dos seus temas máis íntimos como festexar con aqueles máis bailables.
Gañadoras do concurso Novos Valores do Festigal en 2023, na primavera de 2024 a banda lanza o seu primeiro disco, Marusía. Un traballo que recolle todos os temas do directo destes últimos dous anos e que lles valeu o nomeamento aos Premios Martín Códax da Música en 2024 na categoría de Mellor Artista Emerxente.
Despois do seu paso por festivais como o Aquí tamén se fala, Corufest, a Laracha Orghullosa, O Son da Aldea, Xurés Son ou O Son da Industria, e de facer a abertura para Rocío Saíz na sala Garufa e para Lisasinson na Guión, LERIA pechan 2024 cun sold out na Mardi Grass da Coruña, acompañadas de Capital Voskov. Este 2025 chegan con novas músicas, como o sinxelo Luces de neón.
ELBA
Tras actuar en festivais como Sinsal, Noroeste, Monkey Week ou Puwerty, a cantante e produtora santiaguesa ELBA constrúe o seu propio selo de identidade marcado polo uso de sintetizadores, voces atmosféricas ou elementos operísticos. O seu primeiro LP, La magia natural, bascula entre a electrónica pop e a escola vangardista, un mash up pluscuamperfecto entre o escapismo místico máis atmosférico e o concretismo de radiofórmula máis certeiro.
Rivadulla
Rivadulla naceu en 1996 na Coruña. Leva o seu barrio, Monte Alto, como bandeira. Desde moi cativo amosou a súa interese polo arte, o baile e os escenarios. Tralo bacharelato, mudouse a Madrid para estudiar cine. En 2022 atreveuse coa música como vía de escape á súa rabia contida, algo que respiran todas as súas cancións. Entre os seus referentes destacan Lady Gaga, David Bowie, Samantha Hudson e todos eses grandes artistas que saben montar unha boa performance. Rivadulla bebe moito do drag e da cultura pop. O seu primeiro disco, El menú, viu a luz en 2024. Son oito cancións que falan de amor, desamor, autocompaixón, rupturas… Cancións moi sentimentais, pero cargadas de rabia existencial, unha mestura do pop dos 2000, a música electrónica con toques indies e o trap, nun novo concepto que o propio artista bautizou como “parkineo marika”.
SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O ‘ORGULLO DO NORTE’
Impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- coa colaboración do Concello da Coruña, Atlantic Pride nace no ano 2019 coa vontade de situar ácidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBI+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.
De Ninghures convida a Fillas de Cassandra, Juan de Dios, Ortiga, De Vacas e Anxo Pintos á presentación da súa ‘Feira’ este xoves 13
As entradas para a estrea ao vivo do novo traballo discográfico da banda, que terá lugar na Sala Capitol ás 21.30 horas, están esgotadas desde hai días
A Sala Capitol prepárase para vivir unha auténtica Feira este xoves. De Ninghures subirase ao escenario para presentar o seu novo traballo discográfico, publicado o pasado 25 de febreiro, e contará coa colaboración de compañeiras como Fillas de Cassandra, Juan de Dios, Ortiga, De Vacas e Anxo Pintos. As entradas para a cita, na que o baile e a festa están garantidas, están esgotadas desde hai días. De Ninghures fan música cos pés na terra e os brazos abertos. Son unha das bandas referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.
En 2022 a banda publicou Aquí, o seu primeiro álbum, e máis de medio cento de concertos e algúns sinxelos despois – coma o exitoso Morena, galardoado como Mellor Música do Ano en Galicia nos Premios Ari(t)mar-, De Ninghures lanza Feira é un disco conformado no que a formación traballa coa tradición popular galega dun xeito artesanal, cunha sonoridade e discurso moi característico, para levala á escena actual.
Ao igual que as feiras populares se transformaron co tempo, De Ninghures evoluciona neste segundo LP e bebe, alén da tradición galega, de influencias latinas ou árabes. Da man do produtor Juan De Dios Martín (Amaral, Xoel López, etc.), a banda revisita, actualiza e reivindica o patrimonio cultural do país para presentar unha Feira do século XXI, tal e como descubrirá o público que asista este xoves á Sala Capitol.
PRESENTACIÓN ‘FEIRA’, NOVO DISCO DA BANDA DE NINGHURES Xoves 13 de marzo de 2025 Sala Capitol (Santiago de Compostela) 20.30 horas – Apertura de portas 21.30 horas – Inicio do concerto de De Ninghures.
* Para cubrir o directo será necesario solicitar acreditación a este mesmo correo electrónico antes das 14.00h do mércores 12. As prazas son limitadas.
O público xa pode pregardar o LP nas principais plataformas dixitais e descubrir en Spotify o nome dos temas que formarán parte do mesmo, no que se inclúe o seu grande éxito Morena
A banda experimenta neste segundo disco, producido por Juan de Dios, tanto coa electrónica coma con novos efectos e instrumentos
A publicación dun dos traballos máis agardados da escena da música galega xa ten data marcada no calendario: Feira, o novo traballo discográfico de De Ninghures, verá a luz o vindeiro martes 25 de febreiro nas principais plataformas dixitais. O álbum, no que a banda de multiinstrumentistas segue a revisitar e actualizar o patrimonio musical galego e que contará con edición física, presentarase ao vivo o xoves 13 de marzo na Sala Capitol, que se convertirá nun moderno recinto feiral.
Ao igual que as feiras populares se transformaron co tempo, De Ninghures evoluciona neste segundo LP na súa sonoridade e bebe, alén da tradición galega, de influencias latinas ou árabes. Da man do produtor Juan De Dios Martín (Amaral, Xoel López, etc.), o grupo experimenta coa electrónica, coa utilización de novos instrumentos -ou usos renovados na súa instrumentación habitual- e a incorporación de efectos nas composicións. Este disco é, como o seu nome indica, a carta de presentación dunha Feira do século XXI.
Feira (editado por Tremendo Audiovisual e distribuído por Altafonte) é un álbum conformado por dez cancións nas que De Ninghures traballa coa tradición popular galega dun xeito artesanal, cunha sonoridade e discurso moi característico, para levala á escena actual. Así, e coa incorporación de novas líricas, músicas e sonoridades, a agrupación revisita, actualiza e reivindica o patrimonio cultural do país.
Ás xa coñecidas Corazón Alionado, A Burriña, O Último Baile ou En fin, que máis dá – tema no que colabora Xoel López nas guitarras-, publicadas nos últimos meses como avances do LP, únense Aquí, Descolorido, Feira ePunteada; mais tamén forman parte do disco temas con retrousos moi celebrados entre o público do país, como o exitoso Morena -galardoado como Mellor Música do Ano 2023 en Galicia nos Premios Ari(t)mar, ou Poço -producida por David Vieites, ‘Hevi’-.
Feira na Sala Capitol
De Ninghures presentará Feira ao vivo, por vez primeira, na Sala Capitol o xoves 13 de marzo. Será toda unha festa na que a formación contará con distintas artistas convidadas referentes tanto do eido tradicional como da música urbana galega; e as últimas entradas dispoñibles para a ocasión están á venda (desde 15 euros máis gastos de xestión) a través da web www.salacapitol.com Antes, o sábado 22 de febreiro,De Ninghures viaxará a Bruxelas para ofrecer, no marco do Emigrason, o derradeiro concerto da anterior xira e no que haberá sorpresas para o público asistente.
O novo sinxelo, que estará dispoñible desde as 00.00h do día 7 nas principais plataformas dixitais, é un tema producido por Juan de Dios Martín que conta coa participación de Xoel López como guitarrista
‘En fin, que máis dá’ é unha sorte de canto á vida e á amizade, “unha viaxe para gozar” e que se inspira no Tishoumaren (Desert Blues) e no pobo Tuareg
O grupo vendeu en menos dunha semana máis do 50% das entradas dispoñibles para o concerto de presentación de ‘Feira’ na Sala Capitol, que terá lugar o 13 de marzo
“Unha viaxe para cantar e gozar”. Así defineDe Ninghures o seu novo tema, En fin, que máis dá, peza que se estreará este venres 7 de febreiro ás 00.00h nas principais plataformas dixitais e que supón o cuarto e último avance deFeira, o LP que o grupo dará a coñecer ao vivo nun concerto moi especial, ateigado de artistas convidadas, o 13 de marzo na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
En fin, que máis dá, producido por Juan de Dios Martín e que conta co artista coruñés Xoel López nas guitarras, é un canto á amizade e á vida que se inspira tanto no Tishoumaren (tamén coñecido como Desert Blues) e no pobo nómada Tuareg como nunha muiñeira de Florencio López. Así, desta quenda, e nunha nova volta ao concepto da revisión da tradición desde a contemporaneidade, o grupo captura nunha peza o espírito do compañeirismo, a imaxe das estradas e dos camiños interminables, ou mesmo maxia do instante. Ideas que, dalgún xeito, tamén se incorporarán á creación audiovisual dirixida por Lorenzo Negueruela e que o público poderá ver o mesmo venres 7 na canle de Youtube do grupo.
De Ninghures propón un tema que, entre a ledicia e a melancolía, fía unha ruta na que as voces se mesturan entre harmonías envolventes. A música flúe para xerar unha atmósfera cálida e poderosa; mentres que as guitarras, tanto as gravadas por Xoel López como pola banda, dialogan coa esencia da percusión tradicional galega, o clarinete, o violín e a gaita. E deste xeito cunha lírica asinada pola formación, En fin, que máis dá ergue enerxicamente o espírito e os coros, cheos de forza e complicidade, convidan a cantar en comuñón.
En fin, que máis dá é o cuarto e derradeiro avance de Feira, o novo traballo discográfico da formación e que o publico poderá descubrir -á vez que saca puntos raros- ao vivo na Sala Capitol o 13 de marzo. Alí, canda numerosas artistas convidadas, a formación dará a coñecer os temas dunha Feira que, ademais de nomear o traballo, impregna todo o universo simbólico do álbum e dos directos. Desde que se activou a venda de entradas o pasado xoves 30 de xaneiro, en menos dunha semana o grupo vendeu máis do 50% dos billetes dispoñibles (15 euros máis gastos de xestión) a través de www.salacapitol.com.
De Ninghures
De Ninghures fan música cos pés na terra e os brazos abertos. Son unha das bandas referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.
En 2022 publicaron Aquí, o seu primeiro álbum, e máis de medio cento de concertos e algúns sinxelos despois – coma o exitoso Morena, galardoado como Mellor Música do Ano en Galicia nos Premios Ari(t)mar, ou a enérxica muiñeira de montaña Poço-, no primeiro trimestre deste 2025 presentarán traballo novo, do que xa se coñecen Corazón Alionado, A BurriñaeO Último Baile.