Promo Concerto Pontevedra Exeria – Xira “Sobre a independencia”

Para quen non os coñeza, Exeria é un grupo pertencente á nova xeración de músicos amantes das guitarras e do rock. Combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico.
Así o demostra no seu novo traballo Sobre a independencia, un EP de 5 cancións que se publicou o pasado 8 de marzo. Acompáñase dun videoclip pertencente á canción A Costa de Frades e facturado polo equipo de Trece Amarillo, produtores de videoclips para artistas como Tanxugueiras ou Carlos Núñez.

O 2023 foi un ano moi produtivo para Exeria: tocaron nas 4 provincias de Galicia, gañaron o concurso de bandas Trece Roeis Fest, publicaron os temas Un novo nome e Ata que sexamos reis acompañados de videoclips ben recibidos. E este ano vai ser aínda máis emocionante, con moitos concertos en directo e novos lanzamentos. Foron elixidos para formar parte das Desktop Sessions, un formato acústico e en directo ao estilo de “Tiny Desk” cun ambiente relaxado e composto por 2 cancións inéditas con arranxos influenciados polo trad.

Veñen de tocar xunto a Electric Läger, no bar Liceum de Porriño, no que case 100 almas saltaron o ritmo dos seus novos temas. Este será o seu debut en na cidade da Peregrina, parada dunha xira que conta na actualidade con máis de 10 concertos, e na que percorrerán as 4 provincias. Recomendamos seguir as suas redes para estar ao dia das novas datas que ainda estan sen anunciar.

Exeria
30 Marzo 21:00h
C.S A Pedreira 
Rua Serra nº36  Pontevedra
Entrada Inversa

O seu anterior lanzamento de estudio foi  Ata que sexamos reis, protagonizado polas máscaras do entroido dos mudados e perriñas, da aldea de Ribadetea recentemente recuperado polos veciños da aldea. Estes esmorgantes aparecían nas casas dos seus veciños pedindo esmola (perriña) que moitas veces se materializaba en viño ou aperitivos para evitar que fagan algunha trasnada.

EXERIA inicia a xira “Sobre a independencia”

2023 foi un ano moi productivo para Exeria: Tocaron nas 4 provincias de Galicia, gañaron o concurso de bandas do Trece Roeis Fest, publicaron os temas Un novo nome e Ata que sexamos reis acompañados por videoclips con gran acollida. E este ano vai a ser aínda máis axitado, con moitos directos e novos lanzamentos. Foron escollidos para formar parte das “Sesións de Sobremesa”, formato acústico e en directo ao estilo “Tiny Desk” cun ambiente relaxado e composto por 2 temas inéditos e con arranxos estilo tradicional.

A banda segue abríndose a novas influencias e asimilando músicas que a priori estan fora do seu radar estilístico. Isto demóstrase no seu novo traballo “Sobre a independencia”, un Ep de 5 temas que sae o vindeiro 8 de Marzo. Virá acompañado por un videoclip facturado polo equipo de Trece Amarillo, realizadores de traballos para artistas coma Tanxugueiras ou Carlos Nuñez.

Comezan a xira o vindeiro 9 de Marzo en Cerveceria Miguel, o templo da música da parroquia de Oia, en Vigo, e que sinten como a súa propia casa polo agarimo e respecto que teñen neste local polos artistas e músicos. Será este o primeiro concerto dunha xira con máis de 10 concertos polo momento, e nos que recorrerán as 4 provincias.

Exeria
09 Marzo 22:30h
Cerveceria Miguel 
Camiño Liñares nº6 Canido, Vigo
Entrada 5€

O seu último lanzamento de estudio foi Ata que sexamos reis, protagonizado polas máscaras do entroido dos mudados e perriñas, da aldea de Ribadetea recentemente recuperado polos veciños da aldea. Estes esmorgantes aparecían nas casas dos seus veciños pedindo esmola (perriña) que moitas veces se materializaba en viño ou aperitivos para evitar que fixeran algunha trasnada.

O grupo EXERIA presenta o seu novo sinxelo “Ata que sexamos reis”


O estilo do grupo EXERIA estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90 ́s, e incluso o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquera proxecto, e a sensación de pertenza a un lugar e a un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o leito polo que discorre o seu discurso estilístico.
Logo da presentación de “Un novo nome” en marzo deste ano, a súa consecuente xira por todo o sur da Galicia e de gañar o concurso de bandas do Trece Roeis Fest 23, a banda do Condado segue avanzando a pasos cada vez máis grandes, dar pasos coa presentación en directo do seu primeiro sinxelo “Un novo nome”. Gravado en Estudios Lufs, atopámonos cun tema dos máis celebrados no seu potente directo.
O 27 de outubro EXERIA estrea o novo sinxelo “Ata que sexamos reis” que virá acompañado dun videoclip dirixido por Nazaret Pastoriza. Un vídeo no que aparecen as máscaras do entroido das perriñas, tradicional da aldea de Ribadetea, en Ponteareas, recentemente recuperado.
A portada do sinxelo está deseñada polo artista Adrián Rodríguez Parcel e reflicte perfectamente a temática da canción, que trata sobre os esforzos que os protagonistas fan para acadar as súas metas (sexan temas amorosos, conflitos internos ou escaladas de poder); asuntos que o grupo trata nunha clave case pop-rock, con contundentes retrousos e partes máis oníricas-ambientais-melódicas.

As primeiras datas de presentación serán: 

Sabado 28/10 22:00h
La disfrutona del Orzan 
C/Bosco nº5 A Coruña
Xunto a SKIRL
10€

Martes 31/10 21:30
Fabrica de Chocolate (JAGÜELIN PARI)

C/Rogelio Abalde nº22 Vigo
Xunto a The Lelly Kelly´s
8€

A continuación vai a información de dous dos grupos que acompañarán a EXERIA na presentación do seu novo sinxelo

Skirl-Bio-y-enlaces-de-interes

Dossier-2024-The-Lelli-Kellys-1