A banda portuguesa ABDP ofrecerá un concerto en Vilar de Santos

A Banda Do Poeta (Coímbra, Portugal) ofrecerá o seu segundo concerto en Galicia, será na Arca da Noe en Vilar de Santos, o sábado 5 de abril ás 22:30h.
A Banda Do Poeta é un grupo de pop con cançións propias e con versións de músicas, que aparecen na vida do grupo e na historia de Portugal e de Galicia. En xuño de 2024 presentan o EP “Redimensão” o seu primeiro traballo de estudio e con temas propios nun concerto en Coímbra. Na actualidade preparan novos temas e novos concertos nos dous lados da fronteira.
O artista galego Juan Carballo funda A BANDA DO POETA en Coímbra
ABDP nace polo vínculo de Juan Carballo coa cidade de Coímbra e o seu entorno musical, que decide fundar nesta cidade este proxecto para gravar cancións e facer concertos cun poeta a liderar unha banda.
Juan Carballo é un artista que flutua entre o mundo literario e o musical. Ademais de publicar poemarios e discos, realiza concertos e recitais. Posúe unha voz propia e unha traxectoria con numerosas publicacións e xiras nos últimos anos en Galicia e Portugal.

ABDP son:
Francisco Ferreira: Violino, guitarra eléctrica
Juan Carballo: Poeta, Voz
Henrique Santiago: Bateria
Luís Serrano: Guitarra eléctrica e acústica
Sílvia Bento: Contrabaixo
Tiago santos: Teclados
https://juancarballo.es/abandadopoeta.html
https://www.instagram.com/abandadopoeta
https://www.youtube.com/@abandadopoeta
Info_A-BANDA-DO-POETA