Este sábado, ás 18 horas, na Casa-Museo Manuel María preséntase o o caderno “SÍMBOLOS NACIONAIS DE GALIZA, O HIMNO E A BANDEIRA”.
No acto, aberto ao público, contarase coa presenza e a intervención de Manuel Ferreiro, catedrático da Universidade da Coruña e especialista e investigador da obra de Eduardo Pondal, e de Xoán Costa, profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador da orixe da bandeira galega.
As persoas que asistan poderán levar, de balde, cadanseu exemplar desta publicación sobre a bandeira e o himno galego coa letra restituída de acordo co texto orixinal de Eduardo Pondal.
O acto está promovido por Vía Galega (Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza), editora do caderno.