Presentación LIBRO “CORENTA SONETOS DE AMOR E CONFORTO” día 19 de xaneiro Auditorio Municipal de Chantada, 20,30.
Acompañará o acto o violinista Yoan Grudikov Grudev
Presentará Ramón Rodríguez Porto, e falarán o Premio Nacional de Poesìa Xulio López Valcarcel e a ilustradora Miranda G. Fonseca.
Recitarán:
José Carlos Ulloa García Ana María Gamallo Fernández
Adolfina Mesa Xosé Manuel Eyré Val
Toño Núñez Marisa Lozano Fuego
Montse González Alvarez Sonia Arias Lopez
Paco Ledo Ana Vila Portomeñe
Jesús María Trashorras Nogueira Germán López Quiroga
Anxo Boán Rodríguez, fillo de labregos, naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe. Cursou estudos de Bacharelato en Chantada e licenciouse en Dereito en Santiago de Compostela, Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada, onde quedou a vivir.
Na súa xuventude foi premiado por un certame literario convocado pola asociación A.C. Lumieira cunha obra de teatro titulada Traxicomedia de Luís e Margarita (1976) e no mesmo ano polo Círculo Recreativo e Cultural de Chantada cunha peza de teatro titulado Nadal Tráxico (1976) e no ano 1980 polo I.N.M.B de Chantada, polo poema Camiñando de noite. (1980)
Na súa madurez, gana o V certame de poesía Xoán de Requeixo(2001) eo IX premio de xornalismo Moncho do pio, por un artigo sobre a Ribeira Sacra (2011)
Obras do autor: Ademais de diversas colaboracións en revistas de poesía e libros colectivos ten publicado a título particular: en poesía, As Arbores das Idades(2004), e Poemas para unha alma Ferida (2016), e en narrativa, a novela curta titulada As Cousas do Fuco (2016)
“Non abonda ao poeta coller un papel,
e escribir frases ben compasadas,
sexan frases libres ou ben rimadas,
cando a musa non quere estar con el.
Ser poeta é ser a pedra e o cicel,
un escultor das musas inspiradas,
un trobador para almas apaixoadas,
e un azoute para o corazón cruel…”
(A. Boán)
*Información recollida do propio Anxo Boán Rodríguez e da editorial Círculo Rojo