Este sábado 18 de decembro, a partir das 12 horas, no Museo das Aves de Cospeito terá lugar a presentación da obra gañadora e mais da finalista no III Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA, que convocan o Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ. HERDAR A FALA, de Patricia Torrado Queiruga, é UNHA TEORÍA PARA OS ESPECTROS, de Abraham Pérez, 1º e 2º premio respectivamente, sairán nunha primeira edición baixo o selo da Editorial Toxosoutos, na súa colección poética letra inversa.
Presentación das obras HERDAR A FALA, de Patricia Torrado Queiruga, e UNHA TEORÍA PARA OS ESPECTROS, de Abraham Pérez, no Museo das Aves de Cospeito
por martinho | Dic 17, 2021 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral | 0 Comentarios