Tendo en conta a decisión que vén de tomar o Concello de Vilalba relativa á suspensión das actividades culturais que tiña programadas para a vindeira fin de semana (cine na rúa, xogos populares…), o Instituto de Estudos Chairegos, en coherencia coa referida decisión, SUSPENDE a proxección da película MARÍA SOLINHA que tiña programada para o vindeiro martes, 28 de xullo, ás 22:30, na Praza da Constitución.
A nova data fixada para proxectar o film e na que tamén poderemos contar coa presenza do seu director, Ignacio Vilar, será o 8 de setembro de 2020.
En todo caso, manteranse informadas as persoas interesadas de calquera outra novidade.