A NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares lareira de soños estarán mañá na clausura e entrega de diplomas do curso pasado da UNED sénior. Nun acto que se desenvolverá no Salón de actos da UNED na Coruña e con representación institucional dos concellos que apoian, a Xunta e deputacións, o director da UNED, o coordinador e impulsor da UNED sénior Luís Ángel Rodríguez Patiño e con unha conferencia do museólogo Felipe Senén López Gómez, o poeta Martiño Maseda (CulturaliaGZ e NPG), a poeta e artista Adolfina Mesa (NPG Nova Poesía Guitirica) e Antón de Guizán (presidente da Asociación Socio-Cultural Lareira de soños) estarán presentes neste acto e no xantar posterior.

CulturaliaGZ e NPG coordinarán tres novos cursos no vindeiro curso sobre microrelatos, poesía e artes plásticas dirixidos por Martiño Maseda e Adolfina Mesa e apoiados por numerosos colaboradores das plataformas que representan.

A literatura e a arte abrirán unha nova etapa na UNED sénior nunha terra, A Chaira dunha grande tradición literaria e artística.