O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental OS ESPAZOS EN BRANCO, de BRUNO ARIAS, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO AO MELLOR DOCUMENTAL. Continúase así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta oitava proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 12 de decembro de 2024, ás 20:00 horas.
NOTA-INFORMATIVA-OS-ESPAZOS-EN-BRANCO