Zoñán, Mondoñedo, 1958. Responsable de Comunicación da Rede Museística da Deputación de Lugo. Escritor, investigador e divulgador da mitoloxía e da literatura de tradición oral. Cofundador do Grupo Chaira, creador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com).  Creador e coordinador de varias revistas orais, das xornadas de literatura oral e do proxecto “Polafías” da AELG para documentar e divulgar literatura oral. É autor ou coautor de numerosos títulos de literatura infantil  como Memorias dun raposo (1998), Resalgario (2001), ou, o máis recente, Lendo lendas, digo versos (2015), e tamén de ensaios como Dicionario dos seres míticos galegos (1999), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral (2001), ou os 20 tomos da colección  Cabalo Buligán (1998-2004). Entre os premios recibidos están o Merlín, o Raíña Lupa e a mellor iniciativa bibliográfica, Gala do Libro 2016. É membro do Comité de Expertos en investigación de campo do proxecto ‘Corpus de Literatura Oral’.
  1. Cargos:

–  1978-1986: Delegado Insular de Balonmano Plan de Formación Deportiva CSD – Cabildo Insular La Palma.

–  1985-1986: vicedirector do centro educativo San Antonio (La Palma, Canarias).

–  1995-1998: director do centro educativo Antonio Insua Bermúdez (Vilalba).

–  Director do Equipo de Normalización Lingüística nos centros educativos Antonio Insua Bermúdez (1991-1994) e Santiago Basanta Silva (1999-2000).

–  Presidente do Instituto de Estudios Chairegos (2001-2005).

Nome e apelidos: Xosé M. Felpeto Enríquez

Data de nacemento: 03-07-1951

Lugar de nacemento: San Xoán de Alba (Vilalba)

Datos de posíbel interese:

  1. Formación e destinos profesionais:

–  1965-1972: Instituto Masculino de Lugo (Bacharelato Elemental, Bacharelato Superior, COU)

– 1972-1975: Escola Universitaria de Maxisterio (Filoloxía e Francés).

– 1976: Ingreso por oposición no Corpo do Profesorado, sendo destinado en 1977 a Santa Cruz de La Palma (La Palma, Canarias), onde realiza paralelamente estudos na UNED.

– Exerce a docencia nos centros:

>      Anselmo Pérez de Brito (La Palma, 1977-1979, Lengua Española y Literatura, EF).

>      San Antonio (La Palma, 1979-1986, Lengua y Literatura, EF)

>      Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín, 1986-1988, Lingua Galega e Literatura)

>      Antonio Insua Bermúdez (Vilalba, 1988-1998, Lingua Galega e Literatura).

>      IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (Vilalba, 1998-2011, Lingua Galega e Literatura)

  1. Publicacións e/ou colaboracións:

–  Colabora habitualmente nalgunhas revistas de ámbito local.

–  Colabora dende o ano 2000 en publicacións colectivas do Instituto de Estudios Chairegos.

–  Dende o ano 2000 vén realizando colaboracións nalgúns medios de comunicación.

–  “Catro Lúas (Caderno de Estudios Chairegos nº 3, VVAA, Instituto de Estudios Chairegos, Vilalba 2006).

–  Chanot, pintor gaditano-vilalbés (José-Luís Novo Cazón – Xosé M. Felpeto Enríquez, Instituto de Estudios Chairegos, Biblioteca Chairega núm. 7, Vilalba 2007).

  1. Premios e distincións:

 

–  2º premio de ensaio do Certame Literario do Instituto Masculino de Lugo (1967).

–  1º premio de narrativa do Concurso de Contos Breogán 2004 (XXXVII edición), convocado polo Centro Galego de Barakaldo, polo relato Catro lúas.

–  “Colaboración en el deporte de base. Planificación y coordinación” (Consejería de Educación, Cultura y Deporte, Gobierno de Canarias, 1977-1986).

–  “Colaboración en el deporte. Planificación y coordinación deporte escolar” (Excmo. Ayuntamiento de Santa Cruz de La Palma, La Palma, Canarias, 1977-1986).

O meu nome é María José e procedo de A Pontenova, pobo de altos fornos que define o límite Sur das antigas Terras de Miranda. Nacida no 78, enxeñeira forestal de formación, fago uso da poesía como dos espellos, posto que ámbolos dous me permiten reflexar a realidade que habito e me habita. Participo activamente no colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar e, dende a miña perspectiva de muller, feminista e galega, non deixo de construír poemas que case nunca sei que camiño escollerán. Ata o de agora, algúns deles foron publicados en obras colectivas como Un feixe de poesía na Porta (A porta verde do sétimo andar, 2.013), Versus Cianuro (Caldeirón, 2.013), Alén do Silencio (Abooks, 2.014), De Circes e Morganas (A Sega, 2.015), Dez anos na Porta. Antoloxía poética (A Porta Verde do Sétimo Andar, 2.015), Aldeas sen voz (Canela, 2.015) e tamén en revistas literarias e diversos espazos virtuais como Xistral, Elipse, Evohé ou Palavra Comum. Por outra banda, o meu poema Metamorfose recibiu no ano 2.014 o segundo premio (categoría de poesía) no VIII Certame Literario Terras de Chamoso.
Nacido no solpor de 1970 en Xoibán (Vilalba), pequeno recuncho perdido na inmensidade da Terra Chá. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de escritor, son colaborador no suplemento A Chaira do xornal El Progreso, no xornal Sermos Galiza ou no portal web Galicia Dixital, onde vou deixando retallos do seu xeito de pensar e opinar. Dinamizador cultural, participando de xeito directo ou indirecto na realización de eventos culturais (presentación de libros, xurado en premios literarios, intervención e programación de recitais poéticos, etc.). Actualmente tamén administro a weblog Culturalia GZ, un portal deseñado para fomentar non só a información cultural, senón tamén para dar cabida á creación, á opinión, á comunicación plural. Teño conseguido distintos premios literarios, dos que se poden salientar o Certame de Contos para Mocidade en Ourense, o Premio de Poesía Pedro Alonso Morgado en Huelva, o Certame Liteario de Vilalba (en varias ocasións), o Certame sobre o Nadal en Begonte, o Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole (tamén en dúas ocasións) e, o máis recente, un 3º premio no Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. Até o de agora leva publicados os poemarios Diario dun ser perdido, Nos labirintos da alma, Entre as paredes do silencio, Fotogramas da desfeita e Xeografía da desolación. E pendente de publicación, A linguaxe das palabras rotas. Así coma os relatos Todo por unha teima e A endeble esencia; xunto a outras publicacións en revistas literarias (como a Revista Xistral, por exemplo) e obras colectivas.

Suso De Merelas: Nacín en Betanzos en 1966. Vivín en Becerreá durante 23 anos e agora o meu corazón está en Pol, de onde era miña nai e onde meus pais fixeron unha casa. Estudei filoloxía galego-portuguesa e traballo como lingüista nun estudio de dobraxe en Santiago de Compostela. En 2012 publiquei un libro de poemas titulado Viaxe sen cancelas. Ando traballando no seguinte, que espero non tardar moito e dar ao prelo.

Cobro nómina de mestre, escribo algo (dixo de min unha vez un señor sabio que tiña ínfulas literarias), canto un pouco… Pero non sei tocar a guitarra nin o acordeón… E gústame moito, de cando en vez, escribir artigos de opinión. Tamén devezo polas cereixas… Xa que logo: home de moitos oficios e… non tantos beneficios. Mais, vivo ben. Moi ben… Por veces… ata son feliz… Si, son un home… Un home outonizo, ás portas da invernía. Hai moitos anos fun un neno-rapaz-mozo moi tímido e acomplexado. Pero a vida foise volvendo xenerosa comigo e fun perdendo o medo… Agora son un arroutado, un destemido… Mais… aínda, outras veces, un covarde…  E vou así, engordiño (non hai présa) pola beira da vida, camiño da morte. Amén!

Por se a alguén lle interesase, toñadas:

-O soño de Ánxela (Infantil). Everest Galicia.

-O señor mago e a folla (Infantil). Everest Galicia.

-Amores de gato e rato (infantil). Kalandraka.

-Navia, nai (De todo un pouco). Servizo de Publicaciois da Deputación de Lugo.

-Macedonia de froitas (Infantil). Ir Indo.

-As cores da vida (Infantil). Ir Indo.

-O pirata Metepata (Infantil) Baía.

-O monstro dos Ancares (Infantil). Galaxia.

-Mago Goma (Infantil). Kalandraka.

-De cómo chispo o esquío puido co frío (Infantil). Galaxia.

-Poemas de Amor en Outono (Poemas e videopoemas). Fachinelo.

-Colaboracións en revistas e libros colectivos.

-Artigos de opinión.

-Ferretes… ferraduras… e outras travesuras…

Xulio Cid Neira é natural do barrio ourensán do Pino. Na actualidade reside en Ames, A Coruña. Entre a súa obra poética cómpre salientar:

Gasumelo. Edicións Positivas. 2004.

Materialquimia. Revista Infoxove nº 27. Xunta de Galicia. 2008.

Setestrelo. Antoloxía de referencia. Sentimentalismo. Editorial Bubela. 2012.

Moradía. Antoloxía Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega. Toxosoutos. 2013.

Desasosego. Antoloxía Transcendental. Sentimentalismo. Editorial Bubela. 2015.

Expreso e outros poemas da vía. Editorial Círculo Rojo. 2016.