<A XUNTA APROBA A RESTAURACIÓN DOS FRESCOS RENACENTISTAS DE OS VILARES E LABRADA A INICIATIVA DO BNG>
Os frescos do S.XVI foron descubertos en 1992 e a súa restauración foi unha demanda constante en Labrada por parte do parroco Luís Angel Rodríguez Patiño e nos Vilares da Asociacion Socio-Cultural lareira de soños, promotora da iniciativa.
Finalmente houbo acordo entre o BNG e o PP e saiu aprobada a iniciativa nacionalista coa emenda que presentaron os populares.Apoiaron todos os grupos da Comisión de Cultura do Parlamento agás o PSOE que se abstivo porque din que non querían comprometer á deputación ou obrigala a financiar o proceso de restauración malia que na iniciativa pídese que senten todas as administracións e o Arcebispado a falar para ver que fará cada quen.
Garantese asi o compromiso do Goberno por escrito para a financiacion dos estudos e da reabilitación das pinturas murais de Os Vilares e Labrada, reivindicación casi histórica do crego de Labrada por unha banda e da Asociación Lareira de soños dos Vilares pola outra.
Desde a Lareira de soños aguardamos que a actuación sobre as pinturas se acometa nun breve espazo de tempo para que non sigan deteriorándose os muráis, especialmente os dos Vilares, nun estado realmente preocupante.
Aproveitamos para agradecer ao BNG o trabalho realizado e en particular á deputada Olalla Rodil o interese demostrado.
Adxntamos o texto definitivo que se publicará nos vindeiros dias no Boletín Oficial do Parlamento:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
- Avaliar o estudo técnico en proceso de elaboración unha vez rematado, para estudar tanto o estado de conservación dos frescos situados nas igrexas parroquiais dos Vilares e Labrada (Guitiriz) e as medidas a adoptar para frear o seu deterioro e garantir a súa conservación.
- Abrir un espazo de diálogo co Arzobispado, o Concello de Guitiriz e a Deputación de Lugo para acometer as actuacións de consolidación e restauración que sexan precisas.”
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1