A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños crítica o nulo interés das administracións na restauración das pinturas murais da igrexa dos Vilares (s. XVI) despois medio ano de terse aprobado a restauración na Comisión de Cultura do Parlamento Galego coa votos favorabeis de PP, BNG, A MAREA e a abstención do PSOE.

Médio ano despois non se tem dotado de previsión orzamentaria esta execución, non teñen tomado contacto entre as partes (Xunta, Deputación, Concello e Igrexa) tal e como acordara a Comisión de Cultura e só os técnicos de Património e os autores do proxecto teñen cumprido coas súas obrigas.

A Lareira de soños tense posto en contacto con Património e instado á diócese de Mondoñedo-Ferrol  (titular da igrexa) a solicitar a intervención urxentes devido ao alto grado de deterioro dos frescos renacentistas dos Vilares.

O baixo interés das diferentes administracións á hora de recuperar está xoia de arte relixiosa da autoria do Mestre de Parga agranda aínda máis o perigo de desaparición definitiva dos murais, que con unha actuación relativamente barata, tería nuns meses recuperado o seu explendor.

A Asociación volverá a insistir na situación dos frescos e na necesidade de acometer actuacións inmediatas, para o cal só é preciso dotalo de dotación económica, pois hai proxecto adaptado ás esixencias da Dirección Xeral de Património, hai permiso da diócese e se teñen realizado as revisións técnicas in situ dos frescos.

Despois de catro anos reclamando nas distintas institucións a atención a está xoia do património relixioso chairego a degradación das pinturas fai que entren na UCI do património sen ningún Tipo de coidado nin interese pór salvalos nun preocupante pasotismo administrativo.

A Igrexa na que foi batizado o poeta Diaz Castro, coa orixe no século XII, un calvário que leva tamén médio ano con un cruceiro partido e que contén un sartego único e vários retábulos de grande valor, lugar de milleiros de romeiros na Romaría dos Desamparados, padece o abandono político dos diferentes governos e responsábeis que levam anos facendo ouvidos xordos ás voces de alarma de veciños e profesionáis.

 

 

Os Vilares, lareira de soños

dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares