HENKO. A mirada de Miguel Díaz
Título: CONTRASTES
Da miña mirada en ti.
Da miña forma de verte.
Eu quixera pintar o ceo
cos contrastes que me anegan
cando ti te me achegas.
Título: CONTRASTES
Da miña mirada en ti.
Da miña forma de verte.
Eu quixera pintar o ceo
cos contrastes que me anegan
cando ti te me achegas.
Título: AMOR PAXARO
Amor paxaro
Sostennos soamente o amor, acotío desprezado. O amor paxaro nunha gaiola. O amor que escolle vivir encarcerado. O amor imparable e o amor á cadea. O amor un día ferido, ao seguinte esnaquizado. O amor rexurdido.
Nas súas dispares feituras, o amor billete de ida. Que é e non se reflicte. O amor que cala e o que é silenciado. O amor que se agocha, errático, nas tebras dun orgullo ferido. O amor á beleza, de infindas maneiras marxinada. O amor á forma e á silueta. Ao abismo, ás marxes. Ás augas dun río en fuxida, ao illó dun prado cercado. O amor á espiña, defensa do pétalo albiscado. Ao conflito, tamén, que en ti se tece, que nas mans me ferve. O amor á cerna e á mirada, nela debuxado. E o amor debuxando a mirada.
Sostennos o amor, na humidade da outonía, na folla do carballo. O amor en travesía e o amor ancorado. O amor que sempre é hoxe e que nunca é pasado, que no cancro do presente salta o valado.
Título: MARXES
Cando se apaguen as voces, as palabras continuarán conmocionando.
Cando fenezan as palabras, as marxes seguirannos sostendo.
Título: A COR
Título: Liñas
Arrastrado pola claque, o vulgo aplaude unha obra pésima. Desde o escenario, a vaidade do protagonista enche a escena. Na deriva imparable do orneo imperante, procuro liñas de silencio. Liñas habitadas por miradas que aínda ousan enfrontarse á riada.
Título: Ruínas
Os donos marchan e eu non sei se lles seguen pertencendo enteiramente, a eles ou á súa prole, as ruínas… Ou se son do tempo ao son do tempo mentres ti te me agochas.