Este luns temos unha sesión de contos a dúas voces coas Bífidas (Lidia Luna e Cris Caldas) que servirá de prólogo á oitava edición do Festival Atlántica. O espectáculo será no Modus Vivendi a partir das 21 horas.
Aproveitamos tamén para lembrarvos que xa se poden mercar as
entradas para as galas inaugural e de clausura do festival.
O sábado 14 de marzo ás 16,45 h, no transcurso da V Feira do Libro de Monterroso, o IEU presenta o cuarto número de Cairón coas intervencións de Daniel Salgado, director de Cairón, Xesús Alonso Montero, socio honorario do IEU, e Francisco Pardo, director do IEU.
Na Feira do libro, que se celebrará na Cúpula de Monterroso, terán instalado durante todo o sábado un stand compartido coa editorial Chan da Pólvora, e no que as persoas socias poderán recoller o exemplar de Cairón nº 4 e pagar a cota anual ou tomar os impresos para a súa domiciliación. Exporán ademais, no stand do IEU, exemplares de todos os libros e revistas que levan publicados ata hoxe, así como os carteis das 20 exposicións, principalmente de arte contemporánea, que organizaron ata a actualidade.
O vindeiro sábado 21 de marzo, Día da Poesía, celebrarase na Casa da Cultura de Vilalba, a partir das 12:00h., un recital poético aberto á veciñanza. O acto está organizado polo Concello de Vilalba, a Asociación Cultural CALDALOBA e Culturalia GZ, e nel poderá participar quen o desexe co recitado de versos propios ou doutra autoría.
Calquera persoa interesada deberá inscribirse previamente, deixando constancia dos seguintes datos: nome completo, título do poema e autor/a do mesmo, no enderezo electrónico info@culturaliagz.com.
· Os prezos varían entre
os 12 e os 10 euros da gala inaugural e de clausura, respectivamente
· Para o espectáculo
familiar ‘Unha aventura singular: o gato con botas’ cómpre retirar convites
gratuítos a partir do día 10 de marzo no Teatro Principal
·
As
funcións gratuítas non precisan reserva e a entrada é libre ata completar o
aforo
Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura do Festival
Atlántica 2020 xa poden adquirir as súas entradas a un prezo de 12 e 10 euros,
respectivamente, na web da ABANCA (https://entradas.abanca.com) e tamén na billeteira do
Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas e o mesmo día da función.
A Gala Inaugural deste ano leva por título ‘Varios ventos’ e vai ser o
mércores 11 de marzo, ás 21 horas, no Teatro Principal. Nesta ocasión o
programa incluirá as intervencións de Sandra Araguas (Huesca), Aline Cântia e
Chicó do Céu (Brasil), Fernando Saldaña (Salamanca) e dos galegos Cris de
Caldas, Quico Cadaval, Sole Felloza, Celso F. Sanmartín, Cándido Pazó, Charo
Pita, Santi Prego e María da Pontragha. Ademais, a gala terá como fío condutor
a música de Marcelo Dobode.
No que respecta á ‘Tres ventos’, nome da Gala de Clausura desta edición,
vaise celebrar o sábado 14 de marzo, tamén no Teatro Principal, a partir das 21
horas. Desta volta, os artistas Fernando Saldaña (Salamanca), Rubén Martínez
(Venezuela), Aline Cântia e Chico do Céu (Brasil) serán os responsables de
poñer o peche o encontro con historias en castelán e portugués orixinarias da
terra dos protagonistas desta velada.
A outra actividade de pago do Festival Atlántica é ‘Palabras na boca’ de
Raquel Queizás (13 marzo, 20:30 h, Dospasos, Bertamiráns). A entrada desta
sesión terá un custo de 7,5 euros, con pincho incluído, e estará á venda o día
da función no propio local.
Programación de balde
No que respecta ao resto da programación da VIII edición do Festival
Atlánticas, vai ter carácter gratuíto e non require reserva agás o espectáculo
‘‘Unha aventura singular: o gato con botas’, con Charo Pita e a Banda Municipal
de Música de Santiago de Compostela coa dirección de Casiano Mouriño (14 de
marzo, 18:30 h, Teatro Principal). Para esta función cómpre retirar os convites
gratuítos por adiantado no propio teatro a partir do día 10 de marzo.
O programa completo do Atlántica así como a información sobre os artistas
pódese consultar na web do Festival (http://festivalatlantica.gal).
Tino Baz interpreta este próximo sábado, día 7 de marzo, ás 20 horas, once poemas de Rosalía (oito deles pertencentes a Follas Novas e tres a Cantares Gallegos) nun concerto encadrado dentro das actividades que vén desenvolvendo estas últimas datas a Casa-Museo Manuel María en volta da celebración, o pasado 24 de febreiro, do Día de Rosalía.
Si cantan, es ti que cantas é o título da obra discográfica en que Tino Baz interpreta de maneira monográfica a poesía de Rosalía. Textos tratados melodicamente por este músico e cantor que en 2007 editou o traballo musical Cinsa namorada.
O venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputacíon de Lugo, celebrarase un acto poético musical, no que as voces de Xosé Otero Canto, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga Rábade, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez Fuentes, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, Xosé Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar porán corpo poético aos versos de “Follas Novas”, “Cantares Galegos” e demais obras da escritora homenaxeada, ou aos de propia autoría sobre temáticas abordadas por Rosalía de Castro. A cantautora Paloma Suanzes acompañará o acto con varias pezas musicais. O evento estará conducido por Montse González Álvarez.